Camarada Nimoy, a banda viguesa que homenaxea ao Dr. Spock, actúa mañá no teatro de Cidade Universitaria de Vigo

Avatar de VgomagazineVGO MAgazine

Vigo, 3 de decembro de 2013.- A axenda cultural deseñada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria contará mañá coa actuación de Camarada Nimoy. Esta banda, integrada por músicos vigueses, escapa da denominación de banda de surf,  swing ou jazz pese a que os seus integrantes admiten sentirse inspirados por todos estes xéneros musicais. A banda tampouco quere formar parte da lexión de trekkies (fans da serie Star Treck) pero si son unha homenaxe a Leonard Nimoy, o actor que interpretou a Dr. Spock na serie.

 

Data:     4 de decembro

Hora:    18.30 h  //  Entrada libre

Lugar: Teatro da Cidade Universitaria

 

 

 

 

Ver la entrada original

¿Y tú qué opinas de esto?