López Izquierdo presentou o I Campus de Emprendemento Sostible, que arranca con 4 cursos en Lugo e Cervantes, que inclúen formación e prácticas en empresas sostibles
Os beneficiados avaliarán a viabilidade dos seus proxectos, recibirán asesoramento para a súa posta en marcha e coñecerán exitosas iniciativas en visitas a negocios consolidados
Aberto o prazo en www.deputacionlugo.org ou chamando ó 982-22-78-12
A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, presentou este luns o I Campus de Emprendemento Sostible. Trátase dunha iniciativa que ofrece formación gratuíta a 80 emprendedores lucenses para a posta en marcha dos seus negocios nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses. López Izquierdo subliñou que “este proxecto enmárcase na nosa aposta pola cultura emprendedora como saída laboral, pois impulsará novas empresas no rural, creando postos de emprego e combatendo o despoboamento demográfico”.
O I Campus de Emprendemento Sostible ofrece…
Ver la entrada original 231 palabras más