Add your thoughts here… (optional)
A Deputación aproba a programación dun novo plan de emprego para 1.000 lucenses en paro, que potencia os servizos sociais
É o Segundo Pacto Provincial polo Emprego, que inclúe 67 cursos formativos con prácticas remuneradas sobre os servizos necesarios para a atención a persoas dependentes
Con esta nova iniciativa, a institución impulsa os empregos brancos -nicho de traballo na provincia- e combate o despoboamento coas solucións dos expertos do Lugo Reacciona
Máis de 400 veciños, asociacións e PEMES residentes en zonas de sobra do rural lugués contarán gratis con Internet mediante o Satelíz@te
A Xunta de Goberno aprobou este venres a programación dun novo plan de emprego para 1.000 lucenses en paro, que potencia os servizos de benestar social. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, adiantou que se trata do Segundo Pacto Provincial polo Emprego, que conta cun orzamento total de 4,1 millóns de euros, cofinanciados nun 80%…
Ver la entrada original 557 palabras más