CAJAS DE AHORRO
Á Mesa da Comisión non permanente de investigación para analizar e avaliar a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforros e as causas e responsabilidades da súa actual situación, incluíndo as indemnizacións millonarias dos eus ex directivos:
Francisco Xesús Jorquera Caselas e María do Carme Adán Villamarín, deputado e deputada pertencentes ao Grupo Parlamentar do Bloque nacionalista Galego (BNG), diante desa Mesa, apresentan a seguinte Proposta:
PLANO DE TRABALLO. COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN ANTIGAS CAIXAS DE AFORRO.
1.- ÁMBITOS DE INVESTIGACIÓN.
2.- FASES.
3.- RELACIÓN DE DOCUMENTACIÓN QUE SE SOLICITA.
4.- RELACIÓN DE COMPARECENTES.
1.- ÁMBITOS DE INVESTIGACIÓN
1.1. Analizar e avaliar a evolución económico- financeira das antigas caixas de aforro:
1.1.1. Actividade financeira no sector inmobiliario: política expansiva na concesión de crédito neste ámbito, participación en promocións inmobiliarias, adquisición de solo, etc.
1.1.2. Investimentos e operacións financeiras fóra de Galiza.
1.1.3. Política de adquisición de patrimonio.
1.2. Analizar e avaliar prácticas abusivas por parte dos seus ex-directivos e abusos a clientes e cidadáns en xeral.
1.2.1. Comercialización masiva e fraudulenta de participacións preferentes no mercado minóraste.
1.2.2. Aprobación de indemnizacións millonarias aos seus ex-directivos.
1.2.3. Comisións e outras prácticas abusivas.
1.3. Analizar e avaliar o proceso de reestruturación no sector financeiro e a súa incidencia na situación actual de desmantelamento dun sector financeiro propio en Galiza.
1.3.1. Proceso de fusión da caixas de aforro galegas.
1.3.2. Proceso de concentración e bancarización do sector financeiro no Estado Español ao abeiro dos sucesivos cambios legais introducidos.
1.3.3. Proceso de descapitalización das antigas caixas e da entidade bancaria resultante da súa fusión.
1.4. Analizar e avaliar as causas e responsabilidades da actual situación.
1.4.1. Decisións tomadas polos ex-directivos das antigas caixas e actuais directivos de Novagalicia Banco.
1.4.2. Decisións tomadas polo FROB.
1.4.3. Decisións adoptadas pola Xunta de Galiza no exercicio da súa función de tutela das antigas Caixas de Aforro.
1.4.4. Papel dos reguladores e supervisores: decisións adoptadas polo Banco de España e o Ministerio de Economía.
2.- FASES.
1.- Solicitude e análise da documentación que a seguir se relaciona.
2.- Comparecencias perante a Comisión das persoas que a seguir se relacionan.
3.- Constitución do relatorio e elaboración polo mesmo da proposta de ditame.
4.- Debate e aprobación pola Comisión da proposta de ditame.
3.- RELACIÓN DE DOCUMENTACIÓN QUE SE SOLICITA.
– Balances reservados contables remitidos ao Banco de España por Caixa Galicia, Caixanova, Novacaixagalicia e NCG Banco SA.
– Informes realizados polos Inspectores do Banco de España desde o ano 2004 sobre a situación das entidades devanditas.
– Circulares, informes, requirimentos, ou calquera outro tipo de comunicación, tanto xeral como particular, remitidos polo Banco de España a cada unha das devanditas entidades.
– Valoracións realizadas por distintas auditorías (KPMG, Oliver Witman, Ronald Berger, Rostchild e outras) sobre a situación patrimonial de Caixa Galicia, Caixanova,Novacaixagalicia e NCG Banco SA.
– Auditoría encargada pola Xunta de Galiza a KPGM sobre a viabilidade da fusión de Caixa Galicia e Caixanova.
– Auditorías nas que se valora o valor patrimonial de Novacaixagalicia para determinar a súa participación en Novagalicia Banco e o propio valor patrimonial desta entidade.
– Documentación sobre o traspaso de activos de Novacaixagalicia a NCG Banco.
– Recurso interposto pola Xunta de Galiza contra a valoración de Novacaixagalicia.
– Documentación entregada para a captación de investidores privados en NCG Banco SA.
– Documentación relativa ao proceso de elección das persoas que formaron parte dos órganos de goberno de Caixa Galicia, Caixanova, Novacaixagalicia desde o ano 2004.
– Documentación relativa aos desinvestimentos en empresas participadas e enaxenacións patrimoniais: beneficiarios, criterios de selección e fixación de prezo dos activos.
– Plan de Reestruturación e recapitalización apresentado pola Dirección de NCG Banco SA á Comisión Europea.
– Comunicacións remitidas pola Comisión Europea, Goberno Central ou FROB a NCG Banco SA.
– Relación de activos de NCG Banco SA traspasados ao SAREB.
– Documentación relativa a todo tipo de operacións económicas realizadas entre as Caixas e membros dos seus Consellos de Administración.
– Acordos adoptados polos órganos reitores das antigas caixas de aforro polo que se aproban indemizacións aos seus ex-directivos.
– Contratos laborais, e xustificacións de calquera liquidación ou pago por extinción da relación laboral realizado a favor de José Luís Méndez López, José Luis Méndez Pascual, Yago Méndez Pascual, ex-directivos encausados; así como as das persoas que integraban as altas direccións de Caixa Galicia e Caixanova.
– Documentación acreditativa dos dereitos en materia de Previsión Social dos altos directivos das entidades devanditas.
– Documentación acreditativa das actuacións realizadas pola Xunta de Galiza, o FROB ou NCG Banco para evitar novos pagamentos a ex-directivos
-Relación de calquer tipo de bens ou activos de Caixa Galicia, Caixanova, Novacaixagalicia, NCG Banco SA, vendidos aos directivos/as ou a calquera familiar ata en segundo grado, así como calquera outra operación económica.
– Acordos adoptados polos órganos reitores das entidades relativos á comercialización de participacións preferentes e obrigas subordinadas.
– Circulares internas das entidades dando instrucións a respeito da comercialización de participacións preferentes.
– Copia dos correos electrónicos remitidos pola Dirección Comercial de Caixa Galicia e Caixanova aos Directores Territoriais, Xefes de Zona e ao persoal en xeral, relativos á comercialización deste tipo de produtos.
– Manual Comercial de Caixa Galicia, Caixanova, Novacaixagalicia e NCG Banco.
– Medidas internas adoptadas pola Dirección de NCG Banco e o FROB para evitar no futuro a comercialización de participacións preferentes. Conclusións da investigación interna se a houber.
– Auditorías realizadas polas empresas que avalaron a emisión de preferentes e obrigas subordinadas (PwC, Deloitte, AFI e outras).
– Contratos de garantía de liquidez da emisión de débeda subordinada.
– Contrato con Princewaterhousecoopers PwC relativo ao proceso de arbitraxe.
– Número de titulares de participacións preferentes e obrigas subordinadas que presentaron a solicitude de someterse á arbitraxe posta en marcha polo Instituto Galego de Consumo e o seu desglose por Concellos.
– Número de titulares de participacións preferentes e obrigas subordinadas acollidos á arbitraxe ás que se lle notificou a resolución positiva e o seu desglose por Concellos e por meses, desde o inicio do proceso de arbitraxe
– Número de titulares de participacións preferentes e obrigas subordinadas acollidos á arbitraxe ás que se lle notificou a resolución negativa e o seu desglose por Concellos e por meses, desde o inicio do proceso de arbitraxe.
– Perfiles das persoas afectadas ás que se lle notificou a resolución positiva.
– Perfiles das persoas afectadas ás que se lle notificou a resolución negativa.
– Información detallada da participación de NG Banco e Fundación Novacaixagalicia en entidades e empresas de fins sociais.
– Relación detallada do patrimonio artístico de NG Banco e Fundación Novacaixagalicia.
4.- RELACIÓN DE COMPARECENTES.
– Sr. Presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo.
– Sr. D. Emilio Pérez Touriño.
– Sr. D. José Ramón Fernández Antonio.
– Sra. Dna. Marta Fernández Curras.
– Sr. D. Javier Guerra Fernández.
– Sra. Dna. Elena Muñoz Fonteriz.
– Sr. D. Francisco Conde López.
– Sr. D. Pedro Solbes Mira.
– Sra. Dna.Elena Salgado Méndez.
– Sr.D. Luis de Guindos Jurado.
– Sr. D. Miguel Angel Fernández Ordoñez.
– Sr. D. Luis María Linde. Gobernador do Banco de España.
– Sr.D. Javier Ariztegui. Ex- Presidente do FROB.
– Sr. D. Antonio Carrascosa. Director Xeral do FROB.
– Sr. D. Carlos Varela. Fiscal Superior de Galiza.
– Sr.D. José María Castellano. Presidente Executivo de Novagalicia Banco.
– Sr. D. Juan Diaz Arnau. Director Xeral de NCG Banco SA.
– Sr.D. José Luis Méndez López. Ex- Director Xeral de Caixagalicia.
– Sr. D.Julio Fernández Gayoso. Ex-Presidente de Caixanova e Ex-copresidente de Novacaixagalicia.
– Sr. D. José Lúis Pego. Ex-Director Xeral de Caixanova.
– Sr. D. Mauro Varela. Ex-Presidente de Novacaixagalicia.
– Sr. D. José Luis Méndez Pascual.
– Sr. D. Yago Méndez Pascual.
– Sr. D. Julio Rivero. Ex-Director Rede Comercial de Caixa Galicia.
– Sr. D. Gregorio Gorriarán. Ex-Directivo de Caixanova.
– Sr. D. Carlos González, Membro do Consello de NCG Banco e Ex-Presidente de Deloitte.
– Sr. D. Clodomiro Montero. Secretario Nacional da CIG- Banca.
– Secretario da Federación de Banca de CCOO de Galiza.
– Secretario da Federación de Banco da UGT- Galiza.
– Secretario de CSICA.
– Sr. D. Francisco Javier Novo Rubianes. Portavoz da Plataforma de Afectados polas Participacións Preferentes e Obrigas subordinadas de Lugo.
– Sra. Dna. Rosa Ana Balboa Medrano. Portavoz da Plataforma de Afectados polas Participacións Preferentes e Obrigas subordinadas do Salnés.
– Sr. D. Julio Vicente González. Portavoz da Plataforma de Afectados polas Participacións Preferentes e Obrigas subordinadas do Baixo Miño.
– Sr. D.Xesús Domínguez Domínguez. Portavoz da Plataforma de Afectados polas Participacións Preferentes e Obrigas subordinadas de Santiago.
– Sra. Dna. María Isabel Ramilo Rivero. Portavoz da Plataforma de Afectados polas Participacións Preferentes e Obrigas subordinadas do Condado-Louriña-Paradanta.
– Sra. Dna. Iria Aguete Agulla.Portavoz de ADICAE.
– Sr. D. Manuel Pérez Arias, Portavoz de AGAPROFI Asociación Galega de Afectados por Produtos Financeiros.
Santiago de Compostela, 22 de abril de 2013
Asdo.: María do Carme Adán Villamarín
Deputada do G.P. do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Deputado e Portavoz do G.P. do BNG