A UDC felicita as súas alumnas Sofía Toro e Támara Echegoyen
A Universidade da Coruña felicita ás súas alumnas Sofía Toro e Támara Echegoyen pola Medalla de Ouro en Match Race nos Xogos Olímpicos
A Coruña, 13 de agosto de 2012.- O reitor, Xosé Luís Armesto, felicita a Sofía Toro e a Támara Echegoyen, estudantes de Ciencias do Deporte e da Educación Física e de Fisioterapia, respectivamente, na Universidade da Coruña, e a Ángela Pumariega, pola Medalla de Ouro acadada nos Xogos Olímpicos de Londres co barco Elliot 6 Match Race.
Armesto quere facer extensiva esta felicitación ao entrenador das regatistas, Antonio Otero, e ao resto do seu equipo.
Esta é a segunda ocasión en que alumnos da Universidade da Coruña conseguen a máxima distinción nunhas olimpíadas, xa que nos Xogos Olímpicos de Beijing 2008, dous alumnos seus, Fernando Echávarri e Antón Paz, tripulantes do barco da clase Tornado, acadaran tamén a Medalla de Ouro. Nesta ocasión, deuse a circunstancia ademais de que o seu entrenador, Antonio Ripoll, é profesor da Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física da Universidade da Coruña.