400 EUROS A PARADOS
O BNG BOTA EN FALTA UNHA MAIOR CONTÍA E QUE A AXUDA SEXA INDEFINIDA
Santiago de Compostela, 24 agosto 2011. A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, considera insuficiente e con grandes carencias a prórroga acordada hoxe polo Consello de Ministros á axuda de 400 euros a parados de longa duración.
O BNG bota en falta que non se ampliara a dotación económica para esta axuda «xa que o Goberno non ten en conta que hai 1 millón máis de parados que cando se iniciou este programa».
Isto provocará a exclusión do Plan Prepara de miles de persoas en paro, especialmente mozos e mozas, aos que o Goberno de Rajoy aboca a engrosar a lista de persoas no limiar da pobreza, que neste momento no Estado español xa se sitúa no 21,8% da poboación.
Ademáis, o BNG critica que esta axuda do Plan Prepara non teña carácter indefinido, «cando menos mentres continuemos na actual situación de crise».