Concentración en las comarcas gallegas, coincidiendo con el Consejo de Ministros, contra las políticas antisociales del PP

POLÍTICAS ANTISOCIALES

ECONOMÍA I LABORAL CCOO, CIG e UGT volven mobilizarse este venres contra os recortes Convocaron actos de protesta en distintas cidades para este venres 24 de agosto, coincidindo co Consello de Ministros, para protestar contra as políticas de austeridade e os recortes de dereitos laborais e sociais que están a deteriorar o Estado de benestar.

23-08-2012 .- CCOO, CIG e UGT están a desenvolver unha mobilización sostida ao longo do mes de agosto. Numerosas concentracións e outros actos de protesta leváronse a cabo, e continuarán mañá venres 24 de agosto, coincidindo coa celebración do Consello de Ministros, para protestar contra as políticas de austeridade e recortes de dereitos laborais e sociais que están a dinamitar o Estado de benestar.

No caso de Galicia as concentracións serán: – Vigo, ás 11:00 horas, fronte á sede da Xunta. – Ferrol, ás 12:30 horas, fronte á sede da Xunta. – Santiago, ás 12:00 horas na Praza de Galicia. – Ourense, ás 12:00 horas fronte á Subdelegación do Goberno. – Viveiro (Celeiro), ás 11:00 horas fronte á Delegación de Pesca.

Con estas mobilizacións, os sindicatos mantén viva a protesta contra a política do Goberno que está a afundir o país na recesión, destruíndo emprego e deteriorando o Estado de benestar. Mobilizacións que o próximo 15 de setembro rexistrarán un gran salto cualitativo e cuantitativo, coa celebración da marcha a Madrid, na que os sindicatos e as organizacións que compoñen o Cume Social esperan reunir un millón de persoas.

CIG 

Concentracións nas comarcas, coincidindo co Consello de Ministros, contra as políticas antisociais do PP

O goberno de Mariano Rajoy regresou de vacacións e con el reinícianse os Consellos de Ministros nos que, venres tras venres, se perpetran novas medidas que inciden en máis recortes sociais e laborais, abren as portas a novas privatizacións ou afondan no desmantelamento e deterioro dos servizos públicos. Contra esas políticas dirixidas a protexer e beneficiar os intereses de banqueiros, especuladores e defraudadores,  a CIG chama a participar nas concentracións conxuntas que se convocarán este venres nas distintas comarcas de Galiza.

Aos sucesivos paquetes de medidas impostos polo PP a golpe de decreto, que até o de agora só teñen provocado máis recesión, máis paro e máis empobrecemento, engadiranse novos recortes xa anunciados para a súa aprobación neste primeiro Consello de Ministros tras do período vacacional, nomeadamente o endurecemento das condicións para acceder a axuda de 400 €. Medidas que terán aínda máis graves consecuencias para a clase traballadora de efectivizarse, como está previsto, a solicitude de rescate ao Estado a mediados de setembro ou de atender ás recentes recomendacións do BCE de seguir rebaixando os salarios para aumentar a produtividade.

Contra estas políticas neoliberais auspiciadas desde as instancias económicas internacionais (FMI, BCE) -e plenamente compartidas pola dereita española- retómanse as convocatorias de concentracións conxuntas nas distintas comarcas do país.

Concentracións confirmadas

Localidade

Hora

Lugar

Vigo

11:00 h

Edificio Administrativo da Xunta

Pontevedra

11:00 h

Subdelegación do Goberno

Compostela

12:00 h

Praza de Galiza

A Coruña

12:00 h

Delegación do Goberno (Praza de Ourense)

Ferrol

12:30 h

Edificio Administrativo da Xunta

Ourense

11:00 h

Subdelegación do Goberno

Compostela, 23 de agosto de 2012.

Confederación Intersindical Galega

¿Y tú qué opinas de esto?