XXXIV edición del día del traje típico gallego

XXXIV EDICION DO DIA DO ENXALZAMENTO DO TRAXE GALEGO

O vindeiro día 22 de xullo, domingo, e dentro das Festas do Apóstolo 2012, imos celebrar, como vimos facendo nos últimos 33 anos, en colaboración co Concello de Santiago e o Corte Inglés, a XXXIV EDICION DO DIA DO ENXALZAMENTO DO TRAXE GALEGO.

O longo do día imos celebrar diversos actos organizados nos que nos gustaría que en algún deles ou en todos  participasen os Grupos e Asociacións Culturais de Santiago e Comarca principalmente e de toda Galicia en xeral, aínda que somos conscientes de que os desprazamentos  custan un esforzo económico e por  desgraza, non contamos cos medios necesarios para poder facernos cargos de estes gastos, co que , confiamos na colaboración desinteresada dos grupos e de persoas individuais que desexan lucir os seus traxes tradicionais no Dia adicado especialmente para elo.
Os actos oficiais son:
 Desfile:  A xente que queira participar no desfile, ten que estar no Paseo Central da Alameda a partires das 11,30 da mañá. O desfile comezará as 12 e percorrera as Rúas da parte antiga de Santiago para rematar na Praza do Obradoiro.
Logo subiremos a Catedral para facer una misa e o saír, pola porta das Praterías, volvemos a facer un pequeno desfile ata o Concello, onde seremos recibidos pola Corporación Municipal.
 CONCURSO DE TRAXES: Para participar no Concurso de Traxes, é necesario inscribirse antes das 14 horas  día 20 de xullo, entregando a inscrición no Teatro Principal ou enviándoas por correo electrónico tprincipal@santiagodecompostela.org. O concurso comeza a partires das 16,00 horas no Museo do Pobo Galego, onde todos os concursantes pasarán por diante do xurado que examinará os traxes presentados.
DESFILE: A partires das 19,30 horas, saíra de novo o desfile,  no que ademais dos socios da Asociación do Traxe Galego, a xente que queira participar ataviada cos traxes tradicionais, tamén participarán aquelas persoas que participaron no Concurso de Traxes.
Dende o Museo do Pobo Galego ata a Quintana, percorreremos  as rúas do casco antigo da nosa fermosa Compostela, ata a Praza da Quintana, onde a xente participante no Concurso de Traxes, amosará os traxes, e se fará entrega dos Premios os traxes gañadores.
OUTRA FORMA DE PARTICIPAR: A Xente que non desexe participar nos actos oficiais, pode participar neste día, paseando cos traxes tradicionais polas Rúas, enchendo de vistosidad, elegancia e alegría  as rúas e prazas, disfrutando da ledicia de formar parte do grupo de xentes amantes dos traxes  e da cultura da nos aterra.
Agradecendo fagades chegar os vosos asociados, amigos, familiares, etc., a información do Dia do Enxalzamento, pregaros a vosa participación, de calquera das maneiras, neste día grande para O Traxe Tradicional.  

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s