El PPdeG presenta de cabezas de lista para el Congreso a Antonio Erias por A Coruña, García Díez por Lugo, Celso Delgado por Ourense y Ana Pastor por Pontevedra

COMUNICADO DEL PPdeG

O grupo de galegos que liderarán as listas provinciais vaise completar con Mariano Rajoy, que encabezará a lista de Madrid e liderará o próximo Goberno de España

O PPdeG presenta de cabezas de lista para o Congreso a Antonio Erias pola Coruña, García Díez por Lugo, Celso Delgado por Ourense e Ana Pastor por Pontevedra

Foron uns excelentes deputados de oposición e por iso o PPdeG confía en que tamén o serán como deputados de goberno, unha vez que os cidadáns se expresen nas urnas e se poña fin a case oito anos de desgoberno socialista

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2011.- O Partido Popular de Galicia anunciou hoxe que presentará como cabezas de lista para o Congreso para as vindeiras eleccións xerais do 20-N a Antonio Erias pola provincia da Coruña, Joaquín García Díez pola de Lugo, Celso Delgado pola de Ourense e Ana Mª Pastor pola de Pontevedra.

Nesta liña, os populares galegos apuntan que estes catro deputados foron pezas clave no Grupo Parlamentario Popular do Congreso, xa que realizaron unha fantástica labor de control ao Goberno central e, coas súas propostas e o seu traballo de fiscalización ao Executivo, lograron amosar boa parte das carencias que os socialistas presentaban na súa xestión na Moncloa.

Foron, por tanto, uns excelentes deputados de oposición e por iso o PPdeG confía en que tamén o serán como deputados de goberno, unha vez que os cidadáns se expresen nas urnas e se poña fin a case oito anos de desgoberno socialista.

O grupo de galegos que liderarán as listas provinciais vaise completar con Mariano Rajoy, que encabezará a lista de Madrid e liderará o próximo Goberno de España.

O PPdeG dará a coñecer nos vindeiros días os membros que compoñerán as listas de cada provincia e que serán protagonistas dun cambio necesario.

 CURRÍCULUM CABEZAS DE LISTA

A CORUÑA: ANTONIO ERIAS

Naceu en Vigo en 1952 e é catedrático de Economía na Universidade da Coruña. Tamén foi decano da Facultade de Económicas, coordinador da UNED en Pontevedra durante varios anos e membro do Instituto de Estudos Económicos de Galicia Pedro Barrie de la Maza.

Traxectoria política

Foi voceiro do PP no Concello da Coruña entre 1999 e 2003, e vicepresidente primeiro da Deputación Provincial nese mesmo período.

Exerceu como deputado pola Coruña na VIII e IX Lexislaturas (2004-2008 e 2008 e 2011). Durante o último período de sesións foi voceiro do Grupo Parlamentario Popular na Comisión de Industria, Turismo e Comercio; vogal da Comisión de Economía e Facenda; vogal da Comisión de Orzamentos; vogal da Comisión de Traballo e Inmigración; vogal da Comisión de Ciencia e Innovación e Vogal da Subcomisión de análises da estratexia enerxética dos vindeiros 25 anos.

Tamén foi membro da Ponencia encargada das relacións co Consello de Seguridade Nuclear.

LUGO: JOAQUÍN MARÍA GARCÍA DÍEZ

Naceu en Ferrol en 1954. É biólogo especializado en Ecoloxía pola USC e está en excedencia no Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES), onde exerceu distintas responsabilidades até ocuparse da súa dirección.

Traxectoria política

Entrou en política no ano 1990 para facerse cargo da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandaría e Montes (1990-1991).

En maio de 1991 desembarcou na política municipal e ata 1995 exerceu como primeiro tenente de alcalde e concelleiro de economía e de Medio Ambiente. En maio de 1995 foi elixido alcalde de Lugo polo Partido Popular. Entre o 2007 e o 2009 foi o portavoz do Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo.

No ano 2001 incorporouse á Secretaría Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e as dúas últimas Lexislaturas (2004-2008 e 2008-2011) foi deputado pola provincia de Lugo no Congreso dos Deputados.

Durante o pasado período de sesións foi portavoz de pesca do Grupo Parlamentario Popular, vogal da Comisión para as políticas integrais da discapacidade; vogal da Comisión non permanente de Seguridade Viaria e Prevención de Accidentes de Tráfico e vogal da Subcomisión para a posición de España ante a política agraria común.

OURENSE: CELSO DELGADO

Naceu en Ourense en 1958 e é avogado de profesión. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, é tamén máster en Administración de Empresas na especialidade de Distribución Comercial pola Escola Europea de Negocios.

Traxectoria política

É secretario adxunto da Cámara de Comercio e Industria de Ourense en excedencia. Foi Deputado e Vicepresidente 1º do Parlamento de Galicia entre 1997 e o 2000 e foi deputado nas Cortes Xerais durante o tres últimas lexislaturas. Nesta última foi Portavoz Adxunto do Grupo Parlamentario Popular e coordinador dos Deputados galegos do PP no Congreso.

É presidente do Comité de Dereitos e Garantías do Partido Popular de Galicia, membro do Comité de Dirección e membro do Comité Executivo do Partido Popular de Galicia.

Na Lexislatura que agora termina no Congreso foi vogal da Comisión de Fomento, Vogal da Comisión de Ciencia e Innovación, Vogal Suplente da Subcomisión sobre posibles modific. Réxime Electoral Xeral (154/2), portavoz substituto da Xunta de Portavoces e vogal da Comisión de Industria, Turismo e Comercio.

Durante o último período de sesións foi relatora do Proxecto de Lei de libre acceso ás actividades de servizos; do Proxecto de Lei de Economía Sustentable; do Proxecto de Lei de ordenación comercio comerciante polo miúdo; do Proxecto de Lei de internacionalización da empresa española e do Proxecto de Lei de servizos tránsito aéreo e controladores, entre outros.

PONTEVEDRA: ANA MARÍA PASTOR

Naceu en Zamora en 1957. É licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Salamanca e é médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria e funcionaria de carreira do Corpo Superior de Saúde Pública e Administración Sanitaria; MBA en Dirección de Empresas; profesora da Facultade de Ciencias Políticas da Universidade Carlos III de Madrid; Master en Saúde Pública e Administración Sanitaria e Master en Xestión Hospitalaria.

Traxectoria política

Foi Directora Xeral da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (MUFACE) entre 1996 e 1999; subsecretaria do Ministerio de Educación e Cultura entre 1999 e 2000; subsecretaria do Ministerio da Presidencia entre 2000 e 2001 e ministra de Sanidade e Consumo de xullo de 2002 ata abril de 2004.

Así mesmo, tamén foi coordinadora de Participación e Acción Sectorial do Partido Popular (desde abril 2004); cabeza de lista do PP por Pontevedra nas eleccións xerais de 2004 e deputada nacional no ano 2000.

Tamén foi coordinadora de Participación do PP, elixida no XVI Congreso Nacional, celebrado en Valencia en xuño de 2008 e vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados e deputada por Pontevedra nas eleccións xerais de marzo de 2008 e nas de 2011.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s