Los ecologistas denuncian la connivencia de las compañías eólicas y la Xunta para “abalanzarse” con los parques de aerogeneradores sobre los espacios naturales gallegos

 

COMUNICADO DE LA ASOCIACIÓN ECOLOGISTA ADEGA

La descontrucción del patrimonio natural gallego se reactiva con los primeros proyectos derivados del concurso eólico del PP. En las últimas semanas, los parques eólicos se están abalanzando sobre espacios de alto valor natural, antes de que Europa obligue a la Xunta a ampliar por decreto urgente la pequeña Rede Natura gallega. Tal es el caso por ejemplo de los tres proyectos en el área de O Pindo, y del reciente parque eólico del Alto da Croa, en Vimianzo y Dumbría.

Los hábitats más valiosos, al capricho de las eólicas con la connivencia de la Xunta

Os hábitats máis valiosos, ao capricho das eólicas coa connivencia da Xunta

7 de abril de 2011.

A deconstrución do noso patrimonio natural reactívase cos primeiros proxectos derivados do concurso eólico do PP. Nas últimas semanas, unha enxurrada de parques eólicos están a “coller sitio” sobre espazos de alto valor natural, antes de que Europa obrigue á Xunta a ampliar por decreto urxente a cativa Rede Natura galega. Tal é o caso dos

Todas estas intervencións afectarán a unha importante superficie de hábitats de interese europeo, fundamentalmente breixais secos e húmidos (códigos 4030 e 4020*) así como a comunidades higroturbosas (códigos 6410 e 7140*). [O símbolo * designa a aqueles hábitats considerados prioritarios e para os estados membros deben adoptar medidas especiais de conservación].A Comisión Europea vén de actualizar recentemente as súas conclusións sobre a representatividade dos hábitats e especies recollidos na Directiva 92/43/CE do Consello. 

Polo que atinxe a Galiza, o propio comisario Potocnik en resposta a unha pregunta do grupo Verdes-ALE (código E-000364/2011) sobre o estado da Rede Natura galega, a inexistenza de planos de conservación e a escasa representatividade de determinados hábitats, afirmaba: No referente a España, as conclusións indican que os tipos de hábitat de interese comunitario *7110 «Turbeira alta activa» e *7140 «Turbeiras de transición e flotantes» non están suficientemente representados na rexión de Galicia”. A maiores, o comisario engadía “A Comisión xa comunicou a España estas conclusións e a necesidade de designar novos lugares de importancia comunitaria para correxir a deficiencia detectada e completar a Rede Natura 2000”.
ADEGA entende que a Xunta de Galiza, en aplicación do principio de subsidiariedade e en uso das competencias que lle son propias debería atender os requerimentos da Comisión Europea e propoñer ao estado a ampliación da actual Rede Natura 2000, cando menos para dar cumprimento ás eivas detectadas pola CE no tocante á escasa representatividade de determinados hábitats, particularmente as turbeiras.
E dado que as instalacións e obras propostas afectan a este tipo de hábitats húmidos (7140*) así como a outros (breixais atlánticos húmidos, códs. 4020* e/ou 4040*) cuxa conservación é prioritaria, non deberían autorizarse instalacións que comprometan a conservación destes valores naturais.
 
A este respeito, a Xunta de Galiza debería tamén, en aplicación do artigo 6.4 da Directiva 92/43/CE do Consello elevar consulta á Comisión Europea e xustificar que proxecto resposte a “…consideracións relacionadas coa salúde humana e a seguridade pública, ou relativas a consecuencias positivas de primordial importancia para o medio ambiente, ou ben, previa consulta a la Comisión, outras razones imperiosas de interés público de primera orde”.
 
Propoñemos tamén que a administración asigne a potencia solicitada por Gamesa para este novo parque (14MW) a outros desta empresa xa construidos, nos que mediante o repotenciamento, poidase substituir algúns dos aeroxeradores máis antigos (de 0,4, 0,6 MW) polos de 2MW, sen necesidade de ocupar máis terreo terreo e mesmo reducindo a densidade das máquinas, un factor chave na intensidade das afeccións. Cómpre sinalar que o repotenciamento supón, segundo o art. 34.1.f da Lei 8/2009 pola que se regula o aproveitamento eólico en Galiza, un criterio de discriminación positiva para os proxectos eólicos, que tamén beneficia ás empresas mediante unha bonificación do canon (art. 16.1 e 2) polo que ADEGA entende que sendo posíbel este, e consonte tamén ao recollido no Preámbulo da lei 8/2009, debería priorizarse por parte da administración.
 
Se a Xunta persiste en desouvir os requerimentos da UE para ampliar a Rede Natura e desenvolver os instrumentos de xestión destes espazos, e segue permitindo a ocupación de valiosos hábitats por eólicos, canteiras, piscifatorías, etc. quedará demostrada a escandalosa connivencia dunha administración pública cos intrereses privados de promotores sen escrúpulos que só buscan o enriquecimento rápido especulando cos nosos recursos.

 

 

3 comentarios sobre “Los ecologistas denuncian la connivencia de las compañías eólicas y la Xunta para “abalanzarse” con los parques de aerogeneradores sobre los espacios naturales gallegos

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s