A conselleira do Mar reuniuse coa Comisaria Europea de Pesca e Asuntos Marítimos
La conselleira del Mar transmite a la Comisaria Europea de Pesca la situación «crítica» que puede atravesar la flota del litoral si no se modifican los TACs
ROSA QUINTANA TRASLADA A MARÍA DAMANAKI A SITUACIÓN CRÍTICA QUE PODE ATRAVESAR A FROTA DO LITORAL SE NON SE MODIFICAN OS TACs
- A conselleira trasladou directamente á comisaria europea o descontento do sector do arrastre e da Administración galega ante o descenso xeneralizado dos TACs e cotas polas repercusións socioeconómicas que pode a acarrear
- Tamén lle espuxo a intención da Xunta de recurrir o regramento europeo polo que se establece o cambio do método de detección de biotoxinas de bioensaio polo químico
- Pediulle que se redefinan os criterios para que as grandes empresas poidan acceder a axudas para a promoción da acuicultura ao abeiro dos fondos FEP
Bruxelas, 8 de febreiro de 2011.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, trasladou á Comisaria Europea de Pesca, María Damanaki, o descontento do sector da pesca de litoral –especialmente do arrastre- e da Administración galega ante o descenso xeralizado dos Totais Admisíbiles de Capturas (TAC´s) e cotas para 2011. Este sector, incidiu, agrupa en Galicia máis do 65% das principais frotas afectadas por estas cotas dentro do conxunto de España. Rosa Quintana pediu a María Damanaki máis axilidade nas xestións para paliar a situación da frota de arrastre de litoral, ante a baixada dun 93% na cota da bacaladilla e o descenso na cota doutras especies como a cabala e o xurel.
No referente á frota de arrastre do Gran Sol, afectada pola baixada da cuota de cigala, a titular de Mar solicitou á comisaria que se corrixan os desequilibrios das cantidades asignadas a España para este ano e que se permitan intercambios de TAC de cigala con outros países como Francia ou Reino Unido, tendo en conta que as cantidades asignadas a estes países multiplican as que desembarcaron o último ano. Ademais demandou un aumento nos estudos de dinámicas de poboacións para constatar a situación real dos stocks de pescada e outras especies e que se teñan en conta, a maiores das medioambientais, as implicacións sociais e económicas destas baixadas.
Para Quintana, esta situación podería terse evitado desde un principio correxindo as anotacións que asignan as cotas de pesca ás chamadas unidades funcionais reservando só 75 toneladas na principal zona de pesca desta especie para a frota galega e que está localizado no denominado banco de Porcupine. Así, a Consellería do Mar demandou, neste senso, que se corrixa a situación eliminando esta indicación que se incluiu no regulamento comunitario de TACs e cotas para 2011.
Acuicultura e comercialización
No ámbito da acuicultura, a titular de Mar solicitou a María Damanaki a redefininción dos fondos FEP para permitir que as grandes empresas –as que superan os 250 empregados ou os 50 millóns de euros de facturación anual- poidan optar a estas axudas de maneira que a Xunta poida potenciar o seu compromiso de impulsar o I+D+i neste eido, tal e como marcan as directrices da UE.
Un dos grandes problemas cos que se está atopando a acuicultura neste momento é que, no actual contexto de crise que se está a vivir, as grandes empresas que dispoñen de maior capacidade inversora non poden acceder ás axudas dos fondos FEP como si o podían facer antes de 2007 aos fondos IFOP. Paradoxalmente, naquel momento de bonanza económica estas empresas non puideron optar a aqueles fondos porque se tivo sometido ao sector acuícola galego a unha parálise sen prececentes no seu desenvolvemento.
Recurso biotoxinas
Rosa Quintana trasladou a María Damanaki unha demanda que parte conxuntamente da Administración galega e do sector mitilicultor galego –líder na produción europea de mexillón- para que a Xunta recurra o regramento europeo polo que se establece o cambio do método de bioensaio polo químico. “Galicia -lembrou a conselleira- espera contar co apoio do Estado neste camiño e precisamente esta mesma semana, representantes da Xunta manterán unha reunión con membros do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño na procura dunha postura clara por parte do Goberno central”. A conselleira volveu lembrar que o método proposto pola UE carece de maiores garantías sanitarias, que é moito máis caro e lento que o do bioensaio e que pode derivar nunha importante afectación nos ámbitos sociolaboraias e económicos.
Pesca no exterior
No relativo á pesca exterior, a conselleira do Mar, dirixiu as demandas de Galicia aos convenios de pesca asinados con terceiros países, especialmente con Mauritania, para o que reclamou unha maior claridade na redacción e na súa aplicación. Avogou por unha aplicación máis firme e segura dos termos dos acordos para facilitar e permitir unha actividade pesqueira normal nestes caladoiros.
Seguindo as demandas da industria galega do atún, a conselleira avogou ante María Damanaki por un seguimento pormenorizado da actividade de procesado de túnidos nos países beneficiarios do acordo asinado pola UE con países do sueste asiático e Oceanía para eliminar os aranceis sobre estas especies e os seus produtos derivados. O obxectivo, segundo lle recalcou Rosa Quintana a María Damanaki, tamén é verificar que este acordo non teña efectos desestabilizadores e prexudiciais de competencia sobre a industria atuneira da UE, e máis concretamente sobre a galega.
Buen Post amigo !!!!!!
Me gustaMe gusta
ok, gracias por todo !
Me gustaMe gusta