Medio Rural prosigue la recuperación de la aldea de Salgueiros y del parque natural Baixa Limia

O departamento que dirixe Samuel Juárez investiu máis de millón e medio de euros no Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés

La consellería de Medio Rural invirtió más de millón y medio de euros en el parque natura de Baixa Limia-Sierra do Xurés

  • O Director Xeral de Conservación da Natureza e o alcalde de Muíños reuníronse esta mañá en Santiago para analizar as actuacións da Xunta neste municipio

 

Santiago, 11 de xaneiro de 2011.- O director xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, Ricardo García-Borregón, mantivo unha reunión co alcalde do concello ourensán de Muíños, Plácido Álvarez Dobaño, para informar das actuacións que o departamento que dirixe Samuel Juárez está a realizar no municipio. Entre elas trataron a situación da recuperación da aldea de Salgueiros na que se leva investido dende o ano 2006 máis de tres millóns de euros, e a posta en valor do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, así como diferentes proxectos a realizar no concello acollidos ás ordes de axudas da Consellería aos concellos do entorno dos Parques Naturais.

 

Nesta xuntanza, analizáronse as accións que Medio Rural está levando a cabo na aldea de Salgueiros, pertencente á parroquia de Prado (Muíños) e integrada nunha finca propiedade da Xunta de Galicia. Trátase dun núcleo rural tradicional consolidado, deshabitado dende hai máis de 35 anos, e que conta con 58 vivendas ademais doutras edificacións auxiliares en pleno corazón de Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.

 

Co fin de frear o progresivo deterioro das edificacións, a Xunta de Galicia impulsou un programa de posta en valor coa finalidade de crear unha aldea ambiental que sirva como impulso ao desenvolvemento socioeconómico e posta en valor do entorno, promovendo a recuperación do núcleo que presentaba unha situación de absoluta ruína. A idea concrétase en torno á restauración de edificios de cara a proporcionar cobertura a distintos obxectivos particulares tales como albergue, museo, restaurante, tenda verde ou vivendas de investigadores. A Xunta analizou as prioridades para rematar e facer útil o forte investimento realizado, axustando as posibilidades orzamentarias para que cumpra a súa función de albergue e aula da natureza (divulgación e educación).

 

2010

Do mesmo xeito, tratáronse as inversións realizadas no parque natural durante o ano 2010 que ascenderon a máis dun 1.500.000 de euros en execución de diversas actuacións para a conservación dos seus valores naturais dentro dos plans de conservación da biodiversidade, a ordenación do uso público, o mantemento de infraestruturas ou as actividades de divulgación ambiental, formación, estudos e publicacións. Unha parte importante das actuacións financiáronse mediante o proxecto INTERREG dentro do Programa de Cooperación Transfronteiriza España- Portugal (POCTEP).

 

No presente ano rematarase o actual INTERREG e comezaranse as actuacións correspondentes aos actuais convenios co Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño para traballos na Rede Natura 2000 e para actuacións na Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerés Xurés.

 

Un comentario sobre “Medio Rural prosigue la recuperación de la aldea de Salgueiros y del parque natural Baixa Limia

¿Y tú qué opinas de esto?