El conselleiro de Educación felicita al centro de Educación Especial A Barcia por su labor

Foto: http://www.autoslobellefs.com

O CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN FELICITOU Á COMUNIDADE ESCOLAR DO CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL A BARCIA POLO LABOR DESENVOLVIDO NO COLEXIO

 Xesús Vázquez Abad coñeceu aos nenos que elaboraron a postal co que a Consellería felicita este Nadal

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2010.- O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, felicitou hoxe en primeira persoa á comunidade educativa do centro de educación especial A Barcia, en Santiago de Compostela, polo labor didáctico desenvolvido neste colexio

Durante esta visita, Vázquez Abad aproveitou para se reunir cos nenos que, axudados polos seus profesores, elaboraron a postal coa que a Consellería está a felicitar este Nadal. O conselleiro animou ademais a todas as rapazas e rapaces do centro a seguir traballando para desenvolver as súas capacidades, e gabou a súa capacidade de esforzo e superación.

O titular do departamento de Educación da Xunta de Galicia reiterou nesta visita unha vez máis o compromiso da Consellería coa atención á diversidade de todos os estudantes galegos, e facilitando que todos continúen o curso ao mesmo ritmo grazas ás axudas destinadas para lograr a igualdade.

Ademais, a Consellería investiu no presente ano 81.106 euros na mellora das condicións de estudo deste alumnado, con materiais adaptados ás súas necesidades específicas.

Un comentario sobre “El conselleiro de Educación felicita al centro de Educación Especial A Barcia por su labor

¿Y tú qué opinas de esto?