Gala de Clausura de la 40º Convención Internacional de Autoescuelas en Santiago

HERNÁNDEZ DESTACA A EDUCACIÓN, FORMACIÓN E INFORMACIÓN COMO FERRAMENTAS PARA INTENTAR REDUCIR A ACCIDENTALIDADE VIARIA E AS SÚAS CONSECUENCIAS

 Gala de Clausura de la 40ª Convención Internacional de Autoescuelas en Santiago. El conselleiro de Medio Ambiente recuerda que la Xunta ha destinado 443 millones de euros a la seguridad vial dentro de la planificación del Plan de Movilidad y Ordenación Viaria Estratégica (Plan MOVE)

  • Destaca que só deste xeito se complementa o esforzo realizado polas Administracións en actuacións de conservación e mantemento
  • O conselleiro de Medio Ambiente declara que a improvisación e as medidas cortoplacistas só conducen “a éxitos na batalla”

 

Santiago, 8 de decembro de 2010.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, sinalou que a educación, a formación e a información nos ámbitos apropiados son ferramentas fundamentais á hora de intentar reducir a accidentalidade viaria e as súas consecuencias. Así o puxo de manifesto onte á tarde na gala de Clausura da 40ª Convención Internacional de Autoescolas, onde engadiu que só deste xeito se complementa o esforzo realizado polas Administracións en materia de conservación, mantemento e mellora dos viais existentes, así como dos trazados de nova construción.

 

Recordou que esta política de actuación é un dos principais eixes de traballo do Plan de Seguridade Vial 2011-2015, que está a elaborar o departamento que dirixe, e que implica a coordinación de diferentes axentes implicados, como as administracións, os construtores, fabricantes de vehículos, axentes sociais e por suposto, os educadores en materia vial, salientou.

 

Tamén considerou necesario traballar de xeito conxunto para que a sociedade acade un correcto nivel de percepción de risco, xunto a adquisición e mellora das destrezas de condución, coa reeducación de condutores infractores, así como a actualización dos condutores para adaptalos aos cambios reglamentarios.

 

MOVE

O conselleiro de Medio Ambiente recordou que a Xunta ten dentro da planificación do Plan de Mobilidade e Ordenación Viaria Estratéxica (Plan MOVE) 443 millóns de euros destinados á seguridade vial.

 

Estes orzamentos foron as únicas partidas do Plan Move que non se minoraron, e que constitúen máis dun 26% do orzamento total do plan. Ao longo de 2011 se destinarán 51,1 millóns de euros, dos cales 34,2 serán para medidas de conservación e case 17 para actuacións de seguridade viaria. Esta cifra tamén supón case un 20% do total de investimentos da Dirección Xeral de Infraestruturas, polo que este orzamento é boa mostra do compromiso do actual Goberno coa seguridade.

 

O conselleiro afirmou que a planificación é de vital importancia, posto que a improvisación e as medidas cortoplacistas só conducen, no mellor dos casos, a éxitos nas batallas, pero debemos ganar esta guerra, sinalou.  Apostou por marcar metas comúns e traballar de maneira conxunta.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s