Llega a Santiago el festival de cine Amal como puente de unión entre el mundo árabe y el occidental

A VIII EDICIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE EUROÁRABE AMAL, DO CICLO XACOBEO FILME, DESENVOLVERASE EN SANTIAGO ENTRE O 23 E O 30 DE OUTUBRO

 La octava edición del Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, del ciclo Xacobeo Filme, tendrá lugar en Santiago entre los días 23 y 30 de octubre

  • Xacobeo 2010 aposta polo sector audiovisual galego patrocinando e promocionando once festivais de cine e animación que se celebran en Galicia e incluídos dentro de Xacobeo Filme. Un total de 45 películas de 22 países integran a VIII edición do Festival Amal.

 Santiago, 14 de outubro de 2010.- A nova edición do Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal celebrarase en Santiago de Compostela do 23 ao 30 de outubro. Esta edición do festival Amal, organizado pola Fundación Araguaney, está incluída na programación do Camiño do Audiovisual, dentro de Xacobeo Filme, de Xacobeo 2010. Á presentación, que tivo lugar  en Santiago, asistiu Ignacio Santos, director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

 Na súa intervención, Santos destacou que neste Ano Santo “no que Santiago de Compostela é máis que nunca un punto de encontro para milleiros de persoas das máis diversas culturas e procedencias, é unha satisfacción colaborar cun festival como Amal que, a través do cinema e das moitas e variadas actividades paralelas, consegue cada ano achegar a realidade social e cultural árabe ao público galego”.

 Esta nova edición aposta de novo pola produción independente nunha programación cun total de 45 películas de 22 países, traballos que abordan temas actuais de contido social como a situación palestina, o papel da muller e da infancia no mundo árabe ou a inmigración. Estes traballos, que compiten dentro da Sección Oficial, inclúen tanto películas de ficción como documentais, en formato de longametraxe e curtametraxe. Tras as proxeccións,  abriranse coloquios onde os asistentes terán a oportunidade de conversar e intercambiar impresións cos directores participantes.

 Actividades paralelas

Entre as actividades paralelas destacan o Ciclo de Cine Infantil, o concurso de curtametraxes Amal Express, ou Amal Informa, unha nova iniciativa destinada a dar a coñecer termos árabes, anécdotas e outras curiosidades que se desenvolverá en varios locais da zona vella de Santiago de Compostela. Tamén haberá talleres de cociña e de danza árabes e a tradicional semana gastronómica árabe, xunto co concerto do músico exipcio Fathy Salama.

O Festival Amal é un dos un dos principais festivais de cine árabe do mundo, e o único en España con esta liña temática. O seu principal obxectivo é lograr un achegamento entre occidente e o mundo árabe, e impulsar o diálogo entre culturas para fomentar a comprensión e a tolerancia.

 A edición deste ano conta forma parte do ciclo Xacobeo Filme (filme.xacobeo.es), co que Xacobeo 2010 aposta polo sector audiovisual galego patrocinando e promocionando once festivais de cine e animación que se celebran en Galicia e que son parte fundamental na proxección, difusión e promoción das producións e dos artistas autóctonos e foráneos

¿Y tú qué opinas de esto?