A DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR ALERTA DUN FENÓMENO ADVERSO DE NIVEL LARANXA POR CHOIVAS
La Xunta de Galicia alerta hoy de un fenómeno adverso de nivel naranja por lluvias. Afectará al oeste y sudoeste de la provincia de A Coruña. Se esperan lluvias que pueden superar los 80 l/h
- Afectará ao oeste e suroeste da provincia de A Coruña no día de hoxe.
- Espéranse choivas que poderán superar os 80 l/h
Santiago, 9 de outubro de 2010.- A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza alerta dun episodio de meteoroloxía adversa de nivel laranxa por choiva para o dia de hoxe.
Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), espéranse precipitacións localmente fortes que poderían superar os 80 l/h no oeste e suroeste da provincia de A Coruña.
A Dirección de Emerxencias e Interior aconsella reducir, na medida do posible, os desprazamentos e no caso de realizárense axeitar a velocidade ás condicións da vía, xa que se poden producir desprendementos de terra ou árbores.
Así, co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación de meteoroloxía adversa a todos os concellos de A Coruña, Deputación, Administración Xeral do Estado, Bombeiros e Protección Civil da provincia de A Coruña. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.
Igualmente, a Dirección Xeral de Emerxencias Interior insiste na importancia de consultar as páxinas de información sobre o estado das estradas, así como a páxina web do CAE 112 Galicia (www.112galicia.org).