Adega exige la demolición del embalse del Umia en Caldas

La asociación ecologista Adega solicitó hoy la demolición del embalse del río Umia situado en el municipio de Caldas de Reis (Pontevedra), basándose según dijeron en un comunicado en que «contamina el agua destinada al abastecimiento del municipio y amenaza la riqueza piscícola».

Adega denunció que el Ayuntamiento de Caldas se ha visto obligado a cortar el suministro de agua potable a la población del municipio durante el verano debido a la proliferación de algas consideradas tóxicas, «cianobacterias de la especie microcystis»,  en el embalse.

La asociación ecologista se basó en estudios de la Organización Mundial de la Salud para señalar que se trata de una contaminación «extremadamente peligrosa para la salud de la población». Además, Adega aseguró que los análisis realizados por la Xunta demuestran que la contaminación se está extendiendo río abajo, amenazando a toda la riqueza piscícola y demás fauna fluvial del río, y a otras poblaciones como Portas o Vilagarcía, que tiene su captación de aguas más abajo de donde se sitúa la presa de Caldas.

La asociación ecologista denunció que la declaración de utilidad pública que permitió la construcción del embalse de Caldas fue «totalmente infundada y fraudulenta».

«Es el momento de rectificar las muchas irregularidades que condujeron a la construcción del embalse de Caldas», añadieron fuentes del colectivo ecologista. La asociación recordó que el pleno de Caldas ha solicitado por unanimidad esta medida desde 2007.

A continuación se reproduce el comunicado textual de la asociación:

UN VERÁN MAIS O ENCORO DE CALDAS DEIXA SEN AUGA POTABLE AOS VECIÑOS E VECIÑAS

UN ANO MAIS O ENCORO DE CALDAS CONTINUA MATANDO A VIDA RIO

ADEGA e a Coordinadora antiencoro de Caldas solicitan unha entrevista de Augas de Galicia para prantexarlle a urxencia de medidas contra esta contaminación

           27 de setembro de 2010. Un verán máis o concello de Caldas, -por máis que, nunha practica absolutamente irresponsable, poda poñerlle o seu Alcalde bebendo un vaso de auga da traída municipal a carón da imaxe dun río manifestamente contaminado-, tense visto obrigado a cortar o suministro de auga potable e a abastecer á poboación da vila de Caldas por medio de cisternas dende os depósitos de Vilagarcía.

                  As causas están en que, un verán máis, o encoro de Caldas, -metros arriba da captación de auga dende a que se suministra a ETAP de Caldas de Reis-, tense convertido nun cultivo explosivo de cianobacterias  da especie Microcystis que, en ben pouco tempo, acabou coa auga da presa convertida nunha sopa espesa, verdosa e cheirenta imposible de depurar nin sequera coas máis esixentes técnicas dos filtros de carbono activado e da oxidación con ozono.

                  De acordo cos estudos científicos da Universidade de Santiago e da propia Organización Mundial da Saúde, esta explosión da especie Microcystis na auga do río é extremadamente perigosa para a saúde da poboación, non só pola elevada concentración de microcélulas bacterianas, senón porque estas, ao morrer ou ser destruídas, liberan unha cianotoxina, -a microcistina-, de efectos acumulativos, que ataca primeiramente ao fígado (hepatotóxica), pero que tamén poder dar lugar a problemas intestinais e neurotóxicos e mesmo funcionar como indutor ou desencadenante de afeccións de tipo tumoral.

                  Trátase, ademais, dunha contaminación que os sistemas de depuración non só non dan eliminado, senón que mesmo chegan a incrementar. En efecto, aínda que os filtros de carbono activado podan reter (con enormes dificultades) toda a poboación bacteriana quitándolle á auga o color verdoso da clorofila, a morte das células da lugar á liberación das toxinas que ningún filtro é capaz de reter. Outro tanto ocorre cos sistemas de oxidación, xa sexan por cloro ou por ozono: esta oxidación conduce á morte celular e á consecuente liberación de microcistina, perfectamente soluble na auga que os sistemas de oxidación non son capaces de combater eficientemente.

                  Mais, esta contaminación do río pola proliferación das cianobacterias na auga da presa, non só representa un perigo recoñecido e inaceptable para o consumo humano. Ela, ademais de ter matado xa toda outra forma de vida na presa (que xa non é máis que unha charca cheirenta de materia orgánica en descomposición) está, pouco a pouco,  a estenderse río abaixo como xa demostran as análises da propia Xunta, ameazando, en primeiro lugar, a toda a riqueza piscícola e demais fauna fluvial do río, pero tamén a todas as poboacións que, como a de Portas ou Vilagarcía, teñen a súa captacións augas abaixo da presa de Caldas.

                  Hoxe é evidente que a construción do encoro de Caldas non ten producido ningún dos supostos beneficios que serviron para xustificar no seu día a declaración de utilidade pública:

-en canto ao abastecemento de auga potable: non só nunca ten existido tal proxecto de abastecer de auga potable ás poboacións de Caldas, Vilagarcía e de toda a Comarca do Salnés, senón que, xa dende o 2006, ela representa unha grave ameaza  para toda a poboación que se abastece augas abaixo da presa;

 -en canto aos usos recreativos: non só é inviable calquera aproveitamento recreativo da lámina de auga da presa, senón que está a impedir os usos recreativos de pesca e  baño augas abaixo;

-en canto á posibilidade de rega: nin nunca houbo tal proxecto, nin pode consentirse ningunha suposta rega con tal nivel de contaminación;

-regulación das enchentas e disminución dos riscos de inundación: as enchentas do 2006 demostraron que,  nin sequera para isto, é útil o encoro. Ben ao contrario, sen contar co perigo que representa unha presa asentada sobre unha zona de demostrada inestabilidade xeolóxica (como se pon de manifesto en informes da Universidade de Vigo), dende ADEGA estamos seguros que a presa pode representar unha ameaza engadida no caso de rápidas crecidas, -como as que este verán se teñen dado na Mariña de Lugo, nas que a presa se vexa obrigada a desembalsar por falta de capacidade para reter todo o caudal de auga recibido. 

                  Hoxe é evidente que, para garantir a salubridade da auga e a saúde das poboacións que se abastecen dende o río, para conservar a saúde e a vida do río, para poder seguir disfrutando do río e das súas beiras, para seguir disfrutando da pesca fluvial, do baño e demais usos recreativos do mesmo, non hai outra opción que a da facer efectiva a “DEMOLICIÓN” que o Pleno de Caldas por unanimidade ten solicitado dende o 2007.

Esta é a petición que ADEGA, xunto coa coordinadora antiencoro e veciños de Caldas, quere trasladarlle aos responsables da Xunta de Galiza a quen hoxe mesmo solicitamos unha entrevista: é o momento e a oportunidade de rectificar as moitas irregularidades que, dende unha avaliación de impacto ambiental para o río Guadiana e unha declaración de utilidade pública totalmente infundada e fraudulenta, conduciron á construción do encoro de Caldas; é o momento de facer prevalecer a saúde da poboación e a saúde do río por riba do negocio hidroeléctrico. Non pode haber escusas, ou é que, acaso, a  saúde da xente de Caldas  e a vida do río valen menos que un negocio privado do Sr. Cortizo.

¿Y tú qué opinas de esto?