Portos de Galicia a punto de inaugurar el edificio de Servicios Portuarios en Ribeira

Trátase de dotar ao porto dunhas oficinas para uso de gardapeiraos e outros usos vencellados ao funcionamento do porto

PORTOS DE GALICIA TEN PREVISTO REMATAR O EDIFICIO DE SERVIZOS PORTUARIOS NO PORTO DE RIBEIRA A FINAIS DO MES DE OUTUBRO

 

  • As parcelas donde se emprazan, son de forma rectangular, están pegadas ao edificio de almacéns existente, resultado da adaptación do edificio da antiga lonxa

 

  • A ampliación do edificio de departamentos vai tamén pegada ao edificio existente, mantendo altura, perfil e materiais

 

Santiago, 19 de setembro de 2010

 Portos de Galicia ten previsto rematar, a finais do mes de outubro, as obras de construción dun edificio servizos portuarios no porto de Ribeira, na provincia de A Coruña O obxectivo desta actuación é a de dotar ao porto dunhas oficinas para uso de gardapeiraos e outros usos vencellados ao funcionamento do porto. Contará cunha sala de xuntas e sala polivalente, servizos hixiénicos e vestiarios, un arquivo-almacén, e un almacén-garaxe con acceso independente. Esta actuación conta cun presuposto de 799.240 euros.

As parcelas donde se emprazan, son de forma rectangular, están pegadas ao edificio de almacéns existente, resultado da adaptación do edificio da antiga lonxa, e teñen unha superficie ocupada pola edificación de 209,60 metros cadrados o edificio de servizos portuarios, e de 199,80 metros cadrados a ampliación do edificio de almacéns. Está emprazado no bordo marítimo, na explanada portuaria e disporán de todos os servizos urbanísticos, con acceso rodado na fronte de todas as fachadas.

Esta construción proxectase cunha altura máxima de 8,90 metros e cuberta plana, organizado en dous niveis, planta baixa cunha superficie útil de 176 metros cadrados, e planta primeira, con 174 metros cadrados, ademais dunha zona de vestíbulo. A ampliación do edificio de departamentos vai tamén pegada ao edificio existente, mantendo altura e perfil, así como materiais e a modulación de ocos en fachadas. Posteriormente unificarase a cor do edificio pintando o exterior de todo el.

¿Y tú qué opinas de esto?