Post etiquetado ‘yale’

22/11/2010

La biomédica Carmen Navarro gana el premio María Josefa Wonenburger de la Unidad Mujer y Ciencia

O Premio María Josefa Wonenburger recoñece a traxectoria das científicas galegas

 

El Premio María Josefa Wonenburger reconoce la trayectoria de las científicas gallegas

A BIOMÉDICA CARMEN NAVARRO É A GAÑADORA DO PREMIO MARIA JOSEFA WONENBURGER DA UNIDADE MULLER E CIENCIA DA XUNTA DE GALICIA, NA SÚA EDICIÓN DE 2010

 La biomédica Carmen Navarro es la ganadora del Premio María Josefa Wonenburger de la Unidad Mujer y Ciencia de la Xunta de Galicia, en su edición de 2010.  Carmen Navarro es la directora del Instituto de Investigación Biomédica de Vigo y jefa del Servicio de  Anatomía Patológica y Neuropatoloxía del Hospital de Vigo (Meixoeiro), además de una experta en la investigación de enfermedades neuromusculares, prionopatías e de las enfermidades lisosomales de depósito

 

  • Este galardón, que leva o nome da matemática galega María Josefa Wonenburger Planells, pioneira no campo da álxebra, recoñece os méritos científicos e o impacto social das mulleres nos eidos da ciencia e a tecnoloxía.
  • A Unidade Muller e Ciencia está integrada pola Secretaría Xeral da Igualdade, a Secretaría Xeral de Modernización Tecnolóxica, a Secretaría Xeral de Universidades, e a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i).
  • A premiada, Carmen Navarro, é directora do Instituto de Investigación Biomédica de Vigo e xefa do Servizo de Anatomía Patolóxica e Neuropatoloxía do Hospital de Vigo (Meixoeiro) e unha experta na investigación de enfermidades neuromusculares, prionopatías e das enfermidades lisosomais de depósito.

 

Santiago, 22 de Novembro de 2010.-  A biomédica galega Carmen Navarro Fernández- Balbuena, directora do Instituto de Investigación Biomédica de Vigo, é a galardoada co Premio María Josefa Wonenburger Planells da Unidade Muller e Ciencia da Xunta de Galicia do ano 2010, da Xunta de Galicia, que ten por obxectivo resaltar as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos das ciencias e a tecnoloxía.

Navarro é gañadora da edición deste premio no 2010, que foi creado hai catro anos para recoñecer e visibilizar a traxectoria relevante de mulleres nos eidos da ciencia e a tecnoloxía, e recibe o nome de María Josefa Wonenburger Planells en homenaxe á matemática coruñesa. A cerimonia de entrega celebrarase a segunda semana de decembro.

 A Unidade Muller e Ciencia, xurado do premio, concedeulle o galardón a Carmen Navarro, directora do Instituto de Investigación Biomédica de Vigo e xefa do Servizo de Anatomía Patolóxica e Neuropatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario. de Vigo (Meixoeiro), porque “a súa traxectoria amosa un intenso esforzo e unha continua preocupación pola investigación e porque os avances acadados se reflictan en melloras da situación das persoas enfermas”.

 Navarro, cuxa traxectoria investigadora é longa e brillante, “aúna esforzos en dous campos tan importantes como a xestión e a investigación, sen que esta tarefa lle impida  manter a súa humanización como médica, realizando proxectos solidarios de investigación coas asociacións de pacentes de enfermidades raras e neuromusculares e que requiren da investigación para mellorar os métodos diagnósticos e de tratamento, e a calidade de vida de moitas persoas, un dos grandes retos aos que se enfronta actualmente a medicina”.

 Ademais, sinalou o xurado, Carmen Navarro é unha muller recoñecida a nivel nacional e internacional polos seus traballos de investigación, sendo considerada unha referencia mundial na área da neurociencia, sen esquecer que “a súa dedicación foi fundamental na creación do Instituto de Investigación Biomédica de Vigo”.

 Carmen Navarro, concluíu o xurado na súa argumentación “é unha muller loitadora para potenciar a investigación biomédica en Galicia e en España; vive por e para a investigación” e por todo iso, a Unidade Muller e Ciencia considerou que era a científica adecuada para recibir o IV Premio María Josefa Wonenburguer Planells.

 Unha enorme honra

A galardoada agradeceu o premio: “é un gran honor recibir un premio coma este, que leva o nome dunha grande matemática que foi pioneira e unha inspiración para moitas de nos, María Josefa Wonenburger, e porque antes ca min recibírono outras científicas de grande valía”, aínda que, matizou, “estou segura que hai máis mulleres que poderían telo recibido”.

 Carmen Navarro quixo facer partícipe deste galardón “a todo o meu equipo, porque sen el este premio non tería sido posible”.

 A directora do Instituto de Investigación Biomédica de Vigo celebrou que a Unidade de Muller e Ciencia conceda un premio ás mulleres da ciencia e a tecnoloxía de Galicia porque “moitas veces non temos a visibilidade que merecemos, os homes normalmente téñeno máis fácil”, concluíu.

 Curriculum da premiada

Carmen Navarro estudou medicina e ciruxía na Universidade de Madrid e doutorouse en medicina e ciruxía na Universidade de Barcelona. Formouse en neuroloxía en LSU School of Medicine, New Orleans, USA, e en neuropatoloxía na Born-Bunge  Foundation, Amberes, Bélxica e na Wickford, U.K. Ademais obtivo bolsas de ampliación de estudos no Bunge Institute de Amberes e na Columbia University de Nova York, USA.

 A súa traxectoria profesional comezou como adxunta de Neuropatoloxía no Hospital Vall de Hebrón de Barcelona, onde foi xefa de sección. No ano 1991, chega a Galicia como xefa do servizo de Anatomía Patolóxica e Neuropatoloxía, do C.H.U. de Vigo (Meixoeiro), centro de referencia para Neuropatoloxía na Comunidade Autónoma dende 1996 e de Prionopatías dende 2001, cargo que aínda ocupa hoxe.

 Directora científica do Instituto de Investigación Biomédica de Vigo, tamén é membro do Grupo de Traballo de Vixilancia Epidemiolóxica de EETH e do Comité Institucional da Estratexia en Enfermidades Raras do SNS, por designación da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, ademais de profesora asociada en Ciencias da Saúde na Universidade de Santiago de Compostela.

 Carmen Navarro colabora en dez proxectos de investigación e realizou máis de 24 como investigadora principal, dentro e fora de España. As súas principais liñas de investigación céntranse nas enfermidades neuromusculares, as prionopatías e as enfermidades lisosomais de depósito.

 Publicou mais de cen artigos, a maior parte deles internacionais, e colaborou en 21 libros.

 Traxectoria de Josefa Wonenburger

María Josefa Wonenburger Planells (A Coruña, 1927) estudou Ciencias Exactas na Universidade Complutense de Madrid e, en 1953, trasladouse a Estados Unidos para especializarse en álxebra cunha bolsa Fulbright. Na Universidade de Yale leu a tese de doutoramento, dirixida por Nathan Jacobson, un dos mellores alxebristas do momento, e iniciou unha brillante traxectoria nesta materia como profesora en diferentes universidades –Toronto, Búfalo, Bloomington (Indiana)– e como directora de teses, entre elas a do matemático Robert V. Moody, en 1966. Da súa man, Moody iniciou na súa tese a teoría coñecida como Álxebras de Kac-Moody, con aplicacións en Física e noutros campos das Matemáticas. Volveu á Coruña, onde reside, en 1983.

 A primeira galardoada con este premio foi a científica galega Inmaculada Paz Andrade, catedrática de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. A segunda, a directora do Departamento de Bioquímica e Bioloxía molecular da Universidade Complutense de Madrid, a galega Teresa Miras Portugal. E na pasada edición o premio recaeu sobre María Soledad Soengas, xefa do Grupo de Melanoma do Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas (CNIO).

 A Unidade Muller e Ciencia

Esta unidade está integrada pola Secretaría Xeral da Igualdade, a Secretaría Xeral de Modernización Tecnolóxica, dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, a Secretaría Xeral de Universidades, da Consellería de Educación, e a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i), dependente da Consellería de Economía e Industria.

 A Unidade Muller e Ciencia de Galicia foi creada coa finalidade de conseguir unha maior implicación e participación das mulleres nos eidos da ciencia e da investigación, así como para favorecer unha maior visibilización das que xa desenvolven a súa actividade profesional nestes eidos. 

About these ads
06/11/2010

Una investigación estudiará en Galicia los factores que determinan la elección de la profesión en el alumnado

María Josefa Wonenburger.

A UNIDADE MULLER E CIENCIA ESTUDARÁ OS FACTORES QUE DETERMINAN A ELECCIÓN DA PROFESIÓN NO ALUMNADO

 

 La Unidad Mujer y Ciencia estudiará los factores que determinan la elección de la profesión en el alumnado. Y el Premio María Josefa Wonenburger, creado en honor de la mujer gallega más destacada en el campo de la ciencia, se entregará a finales de este mes de noviembre en su cuarta edición.

  • O Premio María Josefa Wonenburger, a muller galega máis destacada na ciencia, anunciarase a finais do mes de novembro  

 

Santiago, 5 de novembro de 2010.- A secretaria xeral da Igualdade, Marta González, presidiu o pleno da Unidade Muller e Ciencia, no que se acordou realizar un estudo dos factores que determinan a elección formativa-profesional nas diferentes etapas educativas do alumnado galego.

Esta unidade está integrada pola Secretaría Xeral da Igualdade, a Secretaría Xeral de Modernización Tecnolóxica, dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, a Secretaría Xeral de Universidades, da Consellería de Educación, e a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i), dependente da Consellería de Economía e Industria.

 A Unidade Muller e Ciencia de Galicia foi creada coa finalidade de conseguir unha maior implicación e participación das mulleres nos eidos da ciencia e da investigación, así como favorecer unha maior visibilización das que xa desenvolven a súa actividade profesional nestes eidos.

 Actuacións

No pleno de hoxe presentáronse as conclusións do estudo, realizado no eido do Programa Galego de Muller e Ciencia 2008-2010, que ten por obxectivo xeral coñecer, desde a perspectiva de xénero, a situación das mulleres que actualmente se dedican á I+D+i na nosa Comunidade Autónoma.

 A principal conclusión do devandito estudo é que no eido do I+D+i en Galicia existen importantes desigualdades entre homes e mulleres. Os homes sitúanse nos postos máis relevantes, teñen mellores salarios, non se lles esixe un nivel de formación tan alto para acceder aos postos de maior responsabilidade e desenvolven o seu traballo nas áreas con maior importancia económica e máis valoradas socialmente. Sen embargo, estas desigualdades non son percibidas polas persoas que traballan neste sector.

 No pleno tamén se acordou realizar un estudo dos factores que determinan a elección formativa-profesional nas diferentes etapas educativas do alumnado galego, examinando a configuración dos estereotipos sociais e as expectativas profesionais para cada sexo, así como a realizar un informe sobre a presenza das mulleres no sector das TIC.

 Estas liñas de actuación foron propostas polo grupo de expertas que forman parte desta unidade: Alicia Estévez Toranzo, catedrática e directora do departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía, da Universidade de Santiago de Compostela; Rosaura Leis Trabazo, profesora titular de Pediatría da Facultade de Medicina, membro da Real Academia de Medicina e Ciruxía de Galicia e impulsora da Fundación Dieta Atlántica; e Mabel Loza, profesora titular de Farmacoloxía da Universidade de Santiago e responsable de numerosos proxectos de investigación no ámbito farmacéutico.

 Premio María Josefa Wonenburger

Pero ademais dos proxectos que se están elaborando, tamén se abordou a próxima concesión do premio María Josefa Wonenburger, que recoñece os méritos científicos e o impacto social da muller nos eidos da ciencia e a tecnoloxía, concedéndose en honor da matemática galega María Josefa Wonenburger Planells, que é unha destacada investigadora no campo da álxebra: os seus estudos realizáronse nas universidades de Yale, Toronto e Indiana e influíron en varias xeracións de investigadores. A gañadora desta cuarta edición do galardón coñecerase a finais deste mes.

A revista Xenia, que saíra a finais de ano cun número destinado ás ciencias sociais e humanas, foi outro dos asuntos do pleno da Unidade Muller e Ciencia, que é quén a edita co obxectivo de propiciar “un acercamento amable” á igualdade de xénero na ciencia e no ámbito educativo. A publicación está dirixida a o público preuniversitario e ten como obxectivo principal fomentar a orientación académica e profesional libre de estereotipos de xénero. Quere ofrecer referentes femininos no eido da investigación e da ciencia. 

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 3.230 seguidores

%d bloggers like this: