Posts tagged ‘Vilariño de Conso Laza’

14/12/2010

Arranca el plan turístico ‘Portas de Galicia’ con el objetivo de crear una marca sólida que atraiga a los visitantes de la comunidad autónoma

La secretaria xeral para el Turismo firmó ayer en Madrid el plan de competitividad turística ‘Portas de Galicia’ por valor de 2,5 millones de euros, con el objetivo de crear una marca turística sólida en el área geofráfica gallega

A SECRETARIA XERAL PARA O TURISMO ASINOU ONTE EN MADRID O PLAN DE COMPETITIVIDADE TURÍSTICA ‘PORTAS DE GALICIA’ POR UN VALOR DE 2,5 MILLÓNS DE EUROS

Mª Carmen Pardo López firmou o plan co secretario xeral de Turismo e Comercio Interior, Joan Mesquida. O plan, promovido pola Consellería de Cultura e Turismo, conta coa participación da propia consellería, Turespaña, a Asociación de Municipios para o Plan de Competitividade Turística das Comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras e a Asociación de Empresarios do Turismo de Hostelería Portas de Galicia.

 

 O Plan, enmarcado dentro do Plan do Turismo Español Horizonte 2020, nace co obxectivo de crear unha marca turística sólida xeradora de experiencias e cohesionadora do destino nesa área xeográfica galega. Cada unha das administracións implicadas participa cun 33% do total do investimento.


 O carácter limítrofe, a natureza, gastronomía, o viño, e os entroidos, o Camiño de Santiago (Camiño do Sudeste) son só algúns dos atributos turísticos que dan singularidade e cohesión a este territorio como microdestino a potenciar baixo a marca única Galicia.

Madrid, 14 de decembro de 2010.- A secretaria xeral para o Turismo, Mª Carmen Pardo López, asinou hoxe en Madrid o Plan de Competitividade ‘Portas de Galicia’, xunto ao secretario xeral de Turismo e Comercio Interior, Joan Mesquida, por un valor de 2,5 millóns de euros para fomentar o desenvolvemento turístico dos doce concellos pertencentes ás comarcas ourensanas de Monterrei-Verín e Viana do Bolo-Conso Frieiras.

O plan, promovido pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral para o Turismo, conta, ademais da propia Consellería, coa participación de Turespaña, a Asociación de Municipios para o Plan de Competitividade Turística das Comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras e a Asociación de Empresarios do Turismo de Hostelería Portas de Galicia.

O obxectivo final do Plan é o de crear unha marca turística sólida xeradora de experiencias e cohesionadora do destino nesa área xeográfica galega, porta de entrada natural a Galicia dende a meseta castelá, ademais de ser fronteira con Portugal.

Castrelo de Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós, A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso son os doce concellos que se beneficiarán do Plan, que se enmarca dentro das políticas turísticas deseñadas polo Plan do Turismo Español Horizonte 2020 e que ten unha vixencia de catro anos de duración.

Cada unha das tres administracións implicadas (Xunta de Galicia, Turespaña e a Asociación de Municipios que representa ás comarcas de Monterrei e Conso-Frierias) participa cun 33% do total do investimento. Ademais o acordo recolle unha achega privada, dado que a Asociación de Empresarios de Turismo e Hostelería Portas de Galicia se compromete a involucrar aos seus membros para que leven a cabo investimentos por un valor de 60.000 euros, encamiñados á adecuación da oferta de produtos e servizos.

Para lograr unha boa execución do Plan de Competitividade crearase unha Comisión de Seguimento sen personalidade xurídica, que será a encargada de funcións como a eliminación ou aprobación de novas actuacións, programación, resolución de problemas de interpretación do convenio ou autorizar e supervisar o labor da xerencia, dedicada a impulsar, difundir, coordinar e efectuar propostas sobre as actuacións do Plan e solicitar a documentación para a xustificación das actuacións.

Obxectivos
A vocación do sector turístico como instrumento de reequilibrio territorial se plasma nesta aposta polo interior galego; Este convenio entre as tres institucións ten como obxectivo conseguir a diferenciación e especialización da oferta, tanto no destino en si mesmo como nos produtos turísticos que se ofrecen para introducir a experiencia turística como elemento motivador da viaxe. Ademais o Plan persegue o desenvolvemento de políticas de xestión a partir de novas formas de colaboración público-privado que propicien a mellora económica e social do territorio, a desestacionalización do turismo, a mellora da calidade do emprego e da competitividade das pymes turísticas.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo apoia este convenio coa finalidade de mellorar a situación turística da Comunidade Autónoma, a través de diferentes actuacións como a promoción de plans, programas e normas para a modernización e adecuación da industria turística ás tendencias da demanda. Con este convenio a provincia de Ourense recibirá o impulso necesario para situala como un destino turístico de referencia en Galicia.

Actuacións
Coas ‘Portas de Galicia’ visualízase o Plan de Competitividade, que contempla outras actuacións como a estruturación do destino a través de varias accións, como un tren turístico, proxectos innovadores como a creación dun produto turístico baseado na idea dun bosque máxico galego, rutas na Vía da Plata e a Calzada Romana, potenciación de produtos agroalimentarios, con experiencias enogastronómicas variadas, entre outros.

O Plan do Turismo Español Horizonte 2020 ten como obxectivo principal que no ano 2020 o sistema turístico español sexa o máis competitivo e sostible, aportando o máximo benestar social. Este proxecto turístico busca revalorizar aqueles recurso que fomenten o equilibrio socio-territorial do turismo, creando novas categorías do produto capaces de operar todo o ano sobre a base da diferenciación e especialización dos destinos turísticos.

Acerca de estos anuncios
Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 3.574 seguidores

A %d blogueros les gusta esto: