Post etiquetado ‘unger’

08/11/2010

Martin Sheen y Emilio Estévez presentan en Galicia su película ‘The Way’ (El Camino), que dará a conocer la ruta xacobea en todo el mundo

 

ROBERTO VARELA DESTACA A CAPACIDADE DO FILME ‘THE WAY’, INSPIRADO NO CAMIÑO DE SANTIAGO, “PARA CAPTAR A ESPIRITUALIDADE DA RUTA XACOBEA”

 El conselleiro de Cultura destaca la capacidad del film ‘The Way’ (El Camino), inspirado en el Camino de Santiago, “para captar la espiritualidad de la Ruta Xacobeo”. Por primera vez una película muestra escenas rodadas en el interior de la catedral compostelana y el Botafumeiro.

  • Segundo o conselleiro de Cultura e Turismo, “Galicia e Santiago están presentes de maneira inequívoca na película que reflicte a espiritualidade e a transformación interna propia dos peregrinos que percorren o Camiño”.
  • Varela recoñeceu o “gran traballo” de Emilio Estévez e felicitou ao actor Martin Sheen “por toda a súa carreira”, así como o “traballo de todo o equipo que fixo posible The Way”. “Faltábanos a gran película do Xacobeo e aquí a temos”, apuntou.
  • O filme da produtora Filmax está patrocinado pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e pola Xunta de Galicia. ‘The Way’ conta con Martin Sheen como actor protagonista que traballa por terceira vez baixo a dirección do seu fillo Emilio Estévez.

 

Santiago, 8 de novembro de 2010.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela presentou esta mañá a preestrea oficial do filme The Way, dirixido por Emilio Estévez e protagonizado polo seu pai, Martin Sheen. O conselleiro destacou a capacidade da película, inspirada no Camiño de Santiago, “para captar a espiritualidade da ruta xacobea”.

Patrocinada pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e pola Xunta de Galicia, The Way estrearase en 150 salas de España o vindeiro venres 19 de outubro, tras a súa estrea en Santiago e en Madrid. Segundo desvelou hoxe o propio equipo de The Way, nos primeiros test de visionado do filme en Estados Unidos, o 97% do seu público recomendou a película e o 90% do mesmo amosou a súa disposición de facer o Camiño se tiveran a oportunidade.

 Na rolda de prensa na que tamén participaron Martin Sheen, Emilio Estévez e Julio Fernández, presidente de Filmax, Roberto Varela recoñeceu asemade que “non foi difícil dar un si a este proxecto desde a primeira entrevista mantida co equipo de traballo”. O conselleiro ligou o filme coa tradición de road movies propias do cinema estadounidense e coa a proxección da imaxe que o Camiño de Santiago posúe en Norteamérica”. Para Varela, “Galicia e Santiago están presentes de maneira inequívoca en toda a película que reflicte a espiritualidade e a transformación interna propia dos peregrinos que percorren o Camiño así como tamén sucede nos personaxes protagonistas de The Way”. 

 Do mesmo xeito, Varela recoñeceu o “gran traballo” de Emilio Estévez e felicitou ao actor Martin Sheen “por toda a súa carreira” así como o “traballo de todo o equipo que fixo posible The Way”. Segundo o conselleiro, o director “conseguiu plasmar en imaxes a experiencia de facer o Camiño e superou o difícil reto de captar a espiritualidade e o misterio que envolve á peregrinación a Santiago”.

En suma, o conselleiro felicitou ao director por “facer unha historia preciosa sobre o Camiño de Santiago, un camiño físico exterior que recorre Europa e termina en Galicia pero tamén un camiño interior vinculado á espiritualidade como desde a Xunta de Galicia levamos destacando ao longo deste Ano Santo”. Roberto Varela asegurou que con The Way, Galicia dispón por fin dunha obra cinematográfica de primeiro nivel sobre a peregrinación a Compostela. “Faltábanos a gran película do Xacobeo e aquí a temos”, engadiu.

 Pola súa banda o director do filme, Emilio Estévez definiu a cinta como “unha carta de amor dirixida a España que fai honra ao meu avó de orixe galega”. Do mesmo xeito, o director asegurou que “ tanto o meu pai, coma min, sentímonos galegos que nunca se foron e que agora volven a casa”. Estévez lembrou unhas palabras de John Houston nas que dicía que o seu actor favorito era o seu pai, e asegurou do mesmo xeito que “o meu actor preferido é Martin Sheen”.

 En verbas do propio Martin Sheen, “The Way foi un dos maiores praceres da miña vida“. O actor protagonista do filme lembrou que “meu pai era galego e na miña infancia crieime oíndo falar dos galegos, do camiño e dos peregrinos”. “Esta película e o colme de toda unha vida”, asegurou. Por outra banda o presidente de Filmax Entertainment, Julio Fernández, recoñeceu que a súa intención estratéxica desde o primeiro momento foi que “o lanzamento do filme coincidira concretamente co fin da visita do Papa”.

 Presentación oficial en Compostela

Xa pola tarde, a partir das 19.30 horas, celebrarase a preestrea oficial da película no Teatro Principal. O acceso a este acto será restrinxido e só se poderá entrar con invitación. A estrea nos cines de The Way será o vindeiro venres 19 de novembro.

 Antes desa data, celebrarase este mércores unha segunda preestrea en Madrid, onde o filme se dará a coñecer aos medios de comunicación.

The Way, que se rodou durante sete semanas en distintos puntos do Camiño de Santiago e que ten unha duración de 120 minutos, conta co patrocinio da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e da Xunta de Galicia e foi producida por Filmax en colaboración con Elixir Films e coa participación da TVG. Rodada ao longo do Camiño de Santiago en setembro, outubro e novembro de 2009, a película narra a historia de Tom Avery, un reputado oftalmólogo que vive en California e un día recibe unha chamada desde Francia na que se lle comunica que o seu fillo Daniel faleceu nun temporal nos Pirineos. Desolado, Tom viaxa a Francia para recuperar ao seu fillo e descubre que Daniel comezara o Camiño de Santiago. Entón, decide facelo por el.

 A película The Way inclúe escenas rodadas no interior da Catedral de Santiago, un feito considerado “un milagre” en palabras do propio Martin Sheen. Trátase da terceira vez que o actor traballa ás ordes do seu fillo Emllio Estévez. O reparto principal complétano a actriz canadiense Deborah Kara Unger, e os actores Yorick Van Wageningen, de orixe holandés, e o norirlandés James Nesbitt. O filme tamén conta coa participación da actriz Ángela Molina, que interpretará o papel de Angélica.

 O argumento da película desenvólvese en distintos puntos do Camiño Francés. De feito, o filme arranca en Saint Jean Pied de Port (Francia), e continúa por varias poboacións ata chegar a Santiago de Compostela. Tamén se empregaron decorados interiores de Madrid e exteriores de Marrocos. En Galicia, graváronse escenas en Pedrafita do Cebreiro, no Alto de San Roque e no lugar de Vilamaior, dentro da provincia de Lugo. En A Coruña, o equipo de produción estivo no Monte do Gozo, na Praza do Obradoiro, na Praza das Praterías, na Catedral e na Oficina do Peregrino. Asemade, algunhas escenas da película transcorren no concello coruñés de Muxía, máis concretamente no Mirador do Corpiño e no Santuario da Virxe da Barca.

 The Way está baseada nunha historia de Emilio Estévez e en historias seleccionadas da novela Off the road: a modern-day walk down the Pilgrim’s Route into Spain, de Jack Hitt. Este filme é o cuarto de Emilio Estévez como guionista-director e a terceira colaboración co seu pai. Actualmente, esta preparando a súa próxima película Johnny Longshot, un filme ambientado no mundo das carreiras ecuestres, que tamén protagonizará e dirixirá. 

Pola súa banda, Martin Sheen é un dos actores máis célebres e completos dos Estados Unidos. Este actor, nativo de Ohio e de ascendencia galega, apareceu en máis de 65 películas incluíndo a que lle dou fama mundial, Apocalypse Now, de Francis Ford Coppola. En televisión, Sheen é recoñecido polo seu papel de presidente de EE.UU., Josiah Bartlet na serie El ala oeste de la Casa Blanca.

About these ads
06/11/2010

Santiago de Compostela acoge el lunes el estreno mundial de la película ‘The way’ (‘El Camino’), con Martin Sheen y Emilio Estévez

Ver noticia relacionada

SANTIAGO DE COMPOSTELA ACOLLE O LUNS DÍA 8 A ESTREA MUNDIAL DA PELÍCULA ‘THE WAY’, COA PRESENZA DE MARTIN SHEEN E EMILIO ESTÉVEZ

 Santiago de Compostela acoge el próximo lunes 8 de noviembre el estreno mundial de la película ‘The Way’ (El Camino), con la presencia de los actores Martin Sheen y Emilio Estévez. El preestreno del film, de la productora Filmax y patrocinado por la S.A. de gestión del Plan Xacobeo y por la Xunta de Galicia, se celebrará en el Teatro Principal de Santiago. Y el próximo 19 de noviembre, ‘The Way’ llegará a las salas de cine.

  • A preestrea do filme, da produtora Filmax e patrocinado pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e pola Xunta de Galicia, celebrarase no Teatro Principal de Santiago. O próximo 19 de novembro, The Way estrearase nas salas de cine.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Santiago, 6 de novembro de 2010.- O próximo luns día 8 de novembro o Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá a presentación mundial do filme “The Way”, rodado durante sete semanas no Camiño de Santiago. O director Emilio Estévez e o seu pai, Martin Sheen, protagonista do filme, estarán en Compostela para dar a coñecer oficialmente a película, producida por Filmax e patrocinada pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e pola Xunta de Galicia.

 Para a xornada da presentación en Santiago, ás 10,00 horas está previsto no propio Teatro Principal un pase para os medios e ás 12,30 horas terá lugar unha rolda de prensa na que intervirán o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela; o director do filme, Emilio Estévez; o actor Martin Sheen e o produtor Julio Fernández. Pola tarde, a partir das 19,30 horas celebrarase a preestrea oficial da película. O acceso a este acto será rexistrinxido e só se poderá entrar con invitación. Antes da súa estrea nas salas de cine o próximo 19 de novembro, a película será presentada tamén en Madrid o mércores día 10.

 A cinta narra a historia de Tom Avery (Martin Sheen), un reputado oftalmólogo que vive en California, onde un día recibe unha chamada desde Francia na que se lle comunica que o seu fillo Daniel (Emilio Estevez) faleceu nun temporal nos Pirineos. A pesar de que a relación con él nunca foi moi boa por ter unha visión oposta da vida, Tom está desolado e viaxa a Francia para recuperar ao seu fillo. Alí descobre que Daniel comezaba a facer o Camiño de Santiago e decide facelo por él. A última oportunidade dun pai para coñecer ao seu fillo converterase na primeira oportunidade para comezar unha nova vida.

A película The Way inclúe escenas rodadas no interior da Catedral de Santiago, un feito considerado “un milagre” en palabras do propio Martin Sheen. Trátase da terceira vez que o actor traballa ás ordes do seu fillo Emilio Estévez. O reparto principal complétano a actriz canadiense Deborah Kara Unger, e os actores Yorick Van Wageningen, de orixe holandés, e o norirlandés James Nesbitt. A película, rodouse durante sete semanas  ao longo do Camiño de Santiago, é unha produción de Filmax en asociación con Elixir Films  conta co patrocinio do Xacobeo 2010 Galicia; coa colaboración de ICAA e Xunta de Galicia e coa participación de TVG.  

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 3.231 seguidores

%d bloggers like this: