Post etiquetado ‘solnet’

26/12/2010

La Xunta ofrece en una web recursos para celebrar las navidades en lengua gallega

POLÍTICA LINGÜÍSTICA OFRECE MÚLTIPLES RECURSOS PARA CELEBRAR AS FESTAS DE NADAL EN LINGUA GALEGA

 Política Lingüística de la Xunta ofrece múltiples recursos para celebras las fiestas de Navidad en lengua gallega. La web del departamento ofrece recetas típicas, propuestas de regalos, villancicos, y postales para felicitar las fiestas.

  • Receitas típicas, propostas de agasallos, panxoliñas e postais para felicitar as festas forman parte da oferta que se inclúe no web do departamento
  • A secretaría xeral vén de resolver o concurso de presentacións electrónicas de Nadal, no que participaron máis de 150 propostas

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Santiago de Compostela, 25 de decembro de 2010.- Galicia conta cunha morea de tradicións ligadas ao Nadal: especialidades na cociña, personaxes como o pandegueiro ou apalpador que agasallan os nenos, panxoliñas, contos e outras vivencias novas. Para contribuír a vivilas en galego, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través do seu web, www.xunta.es/linguagalega, puxo a disposición da cidadanía diversos recursos: receitas de pratos típicos destas datas, produtos para vestir a mesa etiquetados en galego, propostas para procurar un agasallo novo e orixinal etc.

 

Xunto con este espazo web dedicado ao Nadal, a Secretaría Xeral de Política Lingüística levou a cabo outras iniciativas co fin de favorecer a presenza do galego nas celebracións destas festas. Entre elas, o concurso de presentacións electrónicas de Nadal, que vén de resolver nestes días. As propostas gañadoras, elixidas entre máis de 150 traballos, xa se poden consultar en www.xunta.es/linguagalega/concurso_de_nadal_2010.

 

Postais electrónicas personalizadas para felicitar estas festas en galego

Así mesmo, co fin de poder felicitar estas festas en galego, o departamento que dirixe Anxo Lorenzo puxo a disposición da cidadanía diversos modelos de postais electrónicas que poden ser personalizadas e que están accesibles en http://www.postaisengalego.com/.

 

Ademais, este Nadal Política Lingüística colabora cos Reis Magos para contestar as cartas dos nenos e nenas en galego. Faino a través do Grupo Solnet, que ten en marcha un servizo (http://www.cartadosreismagos.com/) polo cal os pais e nais poden solicitar o envío, previo pago, dunha carta personalizada para os seus fillos, asinada polos Reis Magos. Coa colaboración neste proxecto, que se materializa no asesoramento e revisión lingüística de todos os materiais ofertados en galego, a secretaría xeral quere contribuír a alimentar a ilusión dos máis pequenos e a favorecer a presenza do galego na súa comunicación cos Magos de Oriente.

About these ads
16/12/2010

Los Reyes Magos responderán en gallego a los niños de esta comunidad autónoma

POLÍTICA LINGÜÍSTICA COLABORA COS REIS MAGOS PARA CONTESTAR AS CARTAS DOS NENOS E NENAS EN GALEGO ESTE NADAL

 La Xunta colabora con los Reyes Magos para contestar las cartas de los niños y niñas en gallego esta Navidad. Política Lingüística ofrece asesoramiento al grupo Solnet para este nuevo servicio.

  • A secretaría xeral ofrécelle asesoramento lingüístico ao grupo Solnet para este novo servizo en galego de cartas de resposta personalizada aos máis pequenos
  • A iniciativa procura favorecer os recursos para vivir o Nadal en galego e complementa outras actuacións do departamento, como o concurso de felicitacións electrónicas ou a creación dun espazo web dedicado a estas festas

 

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2010.- Este Nadal, os nenos e nenas de Galicia poderán recibir unha carta de resposta dos Reis Magos personalizada e en galego. Trátase dun novo servizo que complementa a oferta de iniciativas para alimentar a ilusión dos máis pequenos nestas datas e que conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 

A través da web http://www.cartadosreismagos.com/, os pais e nais poden solicitar o envío, previo pago, dunha carta para os seus fillos, asinada polos Reis Magos, na que se personalizan numerosos datos referidos ás súas afeccións, comportamento, hábitos etc. Por primeira vez ofrécese en galego e na rede un servizo destas características.

 

No acto de presentación, a subdirectora xeral de Planificación e Dinamización Lingüística, Cristina Rubal, animou a que “todos os nenos e nenas de Galicia lles escriban con naturalidade as súas cartas aos Reis Magos en galego” e salientou a disposición do seu departamento a colaborar “para que iniciativas privadas coma esta, que queren contribuír a alimentar a ilusión dos pequenos, poidan completarse na nosa lingua e, ademais, correctamente”. Neste sentido, a colaboración da Xunta de Galicia no proxecto materialízase no asesoramento e revisión lingüística de todos os materiais ofertados en galego.

 

Máis recursos para vivir en galego estas festas

A Secretaría Xeral de Política Lingüística ofrece, a través do seu espazo web, un conxunto de recursos para favorecer o uso da lingua galega nas celebracións propias desta altura do ano. No espazo www.xunta.es/linguagalega os internautas poden descargar diferentes ferramentas para este Nadal: varios modelos de postais electrónicas de felicitación das festas, receitas de pratos típicos destas datas, unha guía electrónica en galego para agasallar, produtos etiquetados en galego para vestir a mesa, panxoliñas etc.

 

Ademais, a Secretaría Xeral de Política Lingüística ten en marcha un concurso de presentacións electrónicas na rede, para felicitar o Nadal, aberto ata o vindeiro 20 de decembro.

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 3.234 seguidores

%d bloggers like this: