Post etiquetado ‘sanidade’

28/08/2011

Oleada de protestas en A Mariña lucense por la reducción del servicio que presta la ambulancia del 061 con base en Foz para ahorrar costes, ordenada por la Xunta

La reducción del horario del servicio que presta la ambulancia asistencial del 061 con base en Foz ha desatado una auténtica marea de protestas en A Mariña lucense.

Comenzando por la ejecutiva local del PSdeG-PSOE de Foz, que expresó su preocupación por la situación en que van a quedar varios trabajadores del servicio.

También los portavoces municipales del BNG de Barreiros, Foz y O Valadouro, se oponen a los planes de la Consellería de Sanidade, recordándole que este servicio beneficia a 15.000 personas que residen en estos tres municipios.

El PSOE focense aseguró ayer que el cuadro de empleados de la empresa que presta el servicio de la ambulancia medicalizada del 061 se reducirá a partir del 10 de septiembre, momento en que la ambulancia del 061 verá reducido su horario en 12 horas. Según los socialistas, de los actuales seis empleados a tiempo total, dos permanecerían, otros dos pasarían a tener media jornada y otros dos serían despedidos.

 El PSOE acusa al alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeiras, de pretender desentenderse del problema y achacar la responsabilidad de esta actuación a la Xunta.

También por parte del BNG se considera “vergonzosa” la actitud de los alcaldes del PP de Foz, Barreiros y O Valadouro. Arguyen que la atención sanitaria ya estaba masificada en todos los centros de salud de A Mariña, particularmente en el Hospital da Costa de Burela, y que ahora el contar con una ambulancia menos y reducir los servicios asistenciales es la gota que colma el vaso.

El BNG consideró por último “una auténtica vergüenza el silencio de los alcaldes populares de Barreiros y Ferreiros, pero lo que que no tiene ya nombre es la postura del regidor de Foz”.

 No están de acuerdo ninguno de los anteriores partidos con la postura del PP de que el servicio queda bien cubierto sólo con la ambulancia medicalizada, y lo califican de “agresión definitiva” del PP contra la sanidad pública en A Mariña, que se concretará con la supresión del Área Sanitaria da Costa y la concentración de competencias sanitarias en la Xerencia Única de Lugo.

About these ads
29/01/2011

El gobierno gallego modifica la normativa del transporte sanitario para optimizar recursos

SANIDADE MODIFICA A NORMATIVA DE TRANSPORTE SANITARIO PARA OPTIMIZAR OS RECURSOS EXISTENTES

􀂃 Con esta nova normativa, Sanidade incide na mellora da prestación da saúde que supón dispor de máis tipos de recursos, así como no incremento da seguridade e a cualificación profesional do persoal que intervén no transporte
􀂃 Especialmente significativa é a creación do tipo de ambulancia 4×4, que permitirá chegar a todos aqueles lugares que, polas súas características físicas ou climatolóxicas, non se pode acudir con vehículos convencionais

O Consello da Xunta reunido no día de hoxe vén de aprobar un Proxecto de Decreto polo que se modifica o Decreto 42/1998, do 15 de xaneiro, mediante o que se regula o transporte sanitario.

A Administración sanitaria galega considera que a regulación actual da normativa de transporte sanitario precisa dunha adecuación para poder optimizar os recursos existentes nesta materia. En consecuencia, coa modificación do Decreto 42/1998, establécese unha nova clasificación dos distintos vehículos de transporte sanitario, o que permitirá dispoñer do recurso axeitado ás necesidades demandadas polos pacientes.

Especialmente significativa é a creación do tipo de ambulancia 4×4, que permitirá chegar a todos aqueles lugares que, polas súas características físicas ou climatolóxicas, non se pode acudir con vehículos convencionais.

Modifícanse, igualmente, os anexos do decreto, nos que se establecen as características dos vehículos e do equipamento destes, en función do tipo de transporte a que se destine, adaptándose, deste xeito, ás evolucións técnicas do sector.

En consecuencia, a modificación do decreto vai permitir, por un lado, a utilización axeitada ás necesidades dos pacientes dos distintos tipos de vehículos, optimizando, deste xeito, os recursos existentes. Por outro lado, tanto a regulación da vida útil dos vehículos como a cualificación profesional exixida aos profesionais non sanitarios, vai supoñer un incremento da seguridade dos usuarios do transporte.

Con esta nova normativa, Sanidade incide, pois, na mellora da prestación da saúde que supón dispor de máis recursos, así como no incremento da seguridade e a cualificación dos traballadores que interveñen no transporte. Ademais, os equipamentos dos vehículos van encamiñados á prestación de saúde nas mellores condicións posibles.

25/11/2010

El PSdeG exige una investigación sobre las “triquiñuelas” del Sergas para reducir las listas de espera sanitarias

El diputado socialista Abel Losada ha insistido este jueves en que se abra una investigación sobre la política de incentivos del Servizo Galego de Saúde (Sergas) a raíz de que su jefe de filas, Manuel ‘Pachi’ Vázquez, desvelase en la sesión plenaria que los profesionales del Hospital da Costa, en Burela (Lugo) perciben al parecer una remuneración mayor cuando dan altas médicas  sin hacer  pruebas complementarias, lo que significaría disminuir las cargas económicas del sistema sanitario público.

El PSdeG insiste en la Xunta debe responder sobre los hechos.

Abel Losada.

También reitera que la conselleira de Sanidad, Pilar Farjas, tiene obligación de explicar en la Cámara el método utilizado para reducir las listas de espera sanitarias.

   “Los socialistas rechazamos que se den incentivos diferentes en función de las decisiones clínicas”, ha indicado, tras reprobar las “mentiras y triquiñuelas” del Sergas para reducir costes en el sistema sanitario

  Losada asegura que Farjas miente cuando acusa a los socialistas de “cuestionar el comportamiento de los médicos”, ya que su partido está seguro de que los facultativos toman sus decisiones en base a “su ética profesional”.   “Nosotros no insultamos a los médicos”, dijo en alusión a que sus críticas se refieren a los que pergeñaron las directrices para reducir las listas de espera sanitarias. Recordó que la conselleira y el presidente de la Xunta “sí dijeron que los médicos no trabajaban por las mañanas para cobrar peonadas por las tardes”.

21/11/2010

La Xunta garantiza el sistema sanitario público e incorpora la vacuna del neumococo al calendario infantil

O presidente galego interveu en Santiago no II Taller Pediátrico Compostelán

Intervención de Feijóo en el II Taller Pediátrico Compostelano 

El presidente gallego anuncia que la Xunta incorporará la vacuna frente al neumococo en el calendario infantil para que los niños puedan beneficiarse de ella

FEIJÓO ANUNCIA QUE A XUNTA INCORPORARÁ A VACINA FRONTE AO NEUMOCOCO AO CALENDARIO INFANTIL PARA QUE OS NENOS GALEGOS TEÑAN ACCESO A ELA

  •  Galicia se convierte así en una de las primeras comunidades autónomas en aplicar esta vacuna a los más pequeños, apostando además por su modelo más avanzado
  • Feijóo señala que aún siendo éste  ”un momento en que contamos con recursos limitados”, siguen aplicándose medidas para garantizar el sostenimiento del sistema y lograr una gestión más eficiente, lo que según el gobierno gallego les permitirá “hacer un esfuerzo en las infraestructuras sanitarias, intentar que los hospitales y centros de salud implanten de forma generalizada las nuevas tecnologías, y prestar más servicios como es la incorporación de esta nueva vacuna al calendario infantil”
  • El presidente gallego destaca el compromiso de la Xunta para que el 50% de la población cuente con un hospital nuevo y el otro 50% pueda disfrutar de un hospital ampliado, reforzado y actualizado, y para que el 20% disponda de un nuevo centro de salud
  • “No nos perdonaríamos nunca que nuestra generación pusiese en riesgo el sistema sanitario que lograron generaciones anteriores”, concluyó

 

  • Remarca que deste xeito o Executivo autonómico cumpre coas recomendacións dos expertos e organizacións nacionais e internacionais; coa Organización Mundial da Saúde; e co compromiso adquirido co futuro de Galicia, cos nenos e nenas de Galicia, que se converterá nunha das primeiras comunidades autónomas que o fai, apostando ademais, polo modelo máis avanzado da vacina
  • Sinala que “nun momento no que os recursos son limitados” as medidas que se están aplicando para garantir o sostemento do sistema e lograr unha xestión máis eficiente, permítenos facer un esforzo nas infraestruturas sanitarias, tentar a xeneralización das novas tecnoloxías sanitarias nos hospitais e nos centros de saúde, e prestar máis servizos, como a incorporación da vacina fronte ao neumococo no calendario infantil do Servizo Galego de Saúde”
  • Destaca o compromiso da Xunta para que o 50% da poboación galega conte cun hospital novo e para que o outro 50 % goce dun hospital ampliado, reforzado e actualizado, e o 20% da poboación dispoña dun novo centro de saúde
  • Subliña a elaboración dun catálogo priorizado de prescrición de medicamentos que incluirá aqueles que cumpran os criterios de “eficacia e eficiencia”
  • Lembra que un obxectivo prioritario do Executivo autonómico é garantir o sostemento do sistema, por iso se traballa para dotalo de racionalidade, aforrando alí “onde podemos e así investir onde é necesario”
  • Advirte da irresponsabilidade que sería poñer en risco o sistema sanitario público: “non nos perdoariamos nunca que a nosa xeración puxese en risco o sistema sanitario que conseguiron as xeracións anteriores. Confésolle que lograr este obxectivo é unha das grandes prioridades da lexislatura do Goberno galego”, asevera

 

Santiago, 21 de novembro de 2010.- “Quero anunciarlles que incorporaremos de forma inminente e progresiva a vacina fronte ao neumococo para que os nenos galegos teñan acceso a ela”. Así o avanzou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que participou, xunto coa conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, no II Taller Pediátrico Compostelán.

 Durante a súa intervención, o mandatario galego lembrou que as “vacinas teñen constituído e constituirán unha prioridade para o Goberno galego. Foino cando estabamos na oposición, e así deixamos constancia diso no noso programa electoral, e éo agora que estamos no Goberno, como non podía ser doutra forma”, aseverou.

Por iso, engadiu, “nun momento no que os recursos son limitados, as medidas que estamos aplicando para garantir o sostemento do sistema e para lograr unha xestión máis eficiente, permítenos facer un esforzo sen precedentes nas infraestruturas sanitarias, permítenos tentar, e estou convencido conseguir, a xeneralización das novas tecnoloxías sanitarias nos hospitais e nos centros de saúde, e tamén nos permite, cada vez prestar máis servizos, como a incorporación da vacina fronte ao neumococo no calendario infantil do Servizo Galego de Saúde”, argumentou.

 E deste xeito, abondou, “cumprimos coas recomendacións dos expertos e das organizacións nacionais e internacionais; coa Organización Mundial da Saúde; e cumprimos o compromiso que adquirimos co futuro de Galicia, cos nenos e coas nenas de Galicia, que se converterá así nunha das primeiras comunidades autónomas que o fai, apostando ademais, polo modelo máis avanzado da vacina.”

 Impulso á pediatría galega

Na súa intervención, o presidente da Xunta destacou que o “impulso e o desenvolvemento da pediatría galega nos últimos anos ten sido espectacular”, tanto no académico como no asistencial da man de grandes mestres como o profesor Peña Guitián, “ten o seu maior referendo na práctica real na envexable saúde da que goza a infancia, os nenos e as nenas galegos”, e avogou por seguir mantendo este esforzo “colectivo e permanente”.

 Neste sentido, Feijóo incidiu en que o Goberno que preside se sumou, desde o primeiro momento, “á busca de fórmulas que nos permitan cubrir as necesidades sanitarias dos cidadáns e, especialmente –dixo-, dos máis pequenos”. Pero “ese compromiso público que temos adquirido noutras ocasións e que tentamos explicar non é un compromiso unilateral”, asegurou, incidindo en que “somos plenamente conscientes de que o seu apoio –dixo dirixíndose aos presentes- é fundamental: cada avance que deamos para mellorar a asistencia pediátrica ha de contar coas súas achegas e coa súa participación”, considerou.

 Infraestruturas e sistema transparente, eficaz e eficiente

“E a este criterio de responsabilidade compartida confiamos todas as nosas decisións en materia sanitaria”, indicou o mandatario galego remarcando que así se fixo, por exemplo, a través das infraestruturas. “A Consellería de Sanidade e o Goberno galego teñen un compromiso claro: a pesar da dificultade económica, a pesar da crise económica, a pesar da baixada abrupta e sen precedentes dos ingresos públicos, a pesar de todo isto, esta lexislatura será a lexislatura da sanidade”, afirmou.

 E esta lexislatura ten un compromiso moi concreto no ámbito das infraestruturas: que o 50% da poboación galega teña un hospital; que o 50% das camas do Servizo Galego de Saúde sexan novas; que o número de hospitais, o de Lugo que estamos abrindo a partir do luns, o de Pontevedra e o de Vigo, grandes hospitais públicos que construiremos nesta lexislatura, xunto cos plans directores doutros hospitais, algúns xa adxudicados, como o do Hospital de Coruña, ou outros en estudo, como o Hospital de Ourense, se comprometa e comprometamos que o 50% da poboación galega terá un hospital novo e o outro 50% gozará dun hospital ampliado, reformado e actualizado.

No ámbito das infraestruturas, o presidente galego dixo ser consciente tamén de que “a porta de entrada ao sistema é e ha de seguir sendo a atención primaria”. Por iso, engadiu, “sen saírnos do ámbito das infraestruturas, o 20 % da poboación galega terá un centro de saúde novo”.

 Respecto á xestión, Feijóo lembrou que a Xunta asinou un acordo de xestión que aposta por un sistema “máis transparente, máis eficaz e máis eficiente en todos os ámbitos”, desde o uso das novas tecnoloxías ata a priorización por gravidade do paciente das listas de espera.  

 Catálogo de medicamentos baixo criterios de “eficacia e eficiencia”

“E seguiremos traballando no ámbito da xestión noutras materias, como é ordenar con eficiencia o diñeiro que é de todos; e o diñeiro da sanidade é de todos; e o diñeiro que destinamos ao gasto farmacéutico é de todos; e,en consecuencia, todos temos dereito a decidir sobre as porcentaxes de gasto sobre cada unha das materias que financian a sanidade”, incidiu.

 Así, do mesmo modo que se fixo a través das campañas de fomento dos xenéricos –que teñen permitido diminuír durante cinco meses consecutivos o gasto farmacéutico-,  “seguiremos o camiño indicado polo Parlamento e elaboraremos, de acordo co Parlamento galego, un catálogo priorizado de prescrición de medicamentos”, dixo. Un catálogo, explicou Feijóo, que incluirá os medicamentos que cumpran os criterios de eficacia e de eficiencia. É dicir, “que garantindo a súa calidade e a súa seguridade, poidan permitirnos destinar máis diñeiro a outras parcelas da sanidade, destinar máis diñeiro ás infraestruturas sanitarias, á tecnoloxía sanitaria, á asistencia pública, á redución das listas de espera prioritarias, e, en definitiva,  a mellora a satisfacción do paciente”.

 Evitar que o sistema sanitario estea en risco

“Neste momento o mellor servizo que lle podemos facer as administracións públicas e os profesionais dos servizos de saúde é garantirlles o sostemento do sistema sanitario”, aseverou Feijóo, advertindo de que “agora que xa ninguén pode ocultar que outro dos sistemas públicos claves da sociedade española, como é o sistema das pensións, está nunha situación de risco, creo que sería unha irresponsabilidade poñer tamén o sistema sanitario nunha situación de risco económico”.

“Non nos perdoariamos nunca que a nosa xeración puxese en risco o sistema sanitario que conseguiron as xeracións anteriores. Confésolle que lograr este obxectivo é unha das grandes prioridades da lexislatura do Goberno galego”, aseverou. De aí, dixo, “coa mesma firmeza que decidimos destinar tres de cada catro euros á política social no orzamento de 2011, con esa mesma firmeza desde a Xunta tamén estamos traballando para dotar de racionalidade ao sistema, de tal forma que consigamos aforrar alí onde podemos e así poder investir alí onde é necesario”.

 Papel clave da investigación

Por último, o presidente da Xunta lembrou que o Executivo que preside é plenamente consciente do papel clave que a investigación ten para Galicia. Por iso dixo, “estamos tratando activamente non só de manter e mellorar a oferta e a competitividade dos equipos galegos; ademais, por qué non, estamos tentando atraer de novo á nosa terra aos investigadores que se foron a outros países, que triunfaron neses países para que poidan volver a Galicia se queren continuar cos seus traballos de investigación”. “Nese sentido seguirémolo facendo, e desde logo a tenacidade e a ambición de moitos investigadores galegos, como os que están aquí, son un orgullo e un estímulo para seguir traballando nesta liña. Anímovos a seguir esforzándovos para conseguilo e comprometo que a Xunta de Galicia non se vai apartar nin un ápice dese mesmo obxectivo”, concluíu. 

16/11/2010

La Xunta impulsa el consumo de conservas del mar entre más de mil escolares

A conselleira do Mar, acompañada dos conselleiros de Sanidade e Educación, asistiu esta mañá aos obradoiros ofrecidos aos alumnos do CPI Fonte Díaz de Touro

 A XUNTA IMPULSA O CONSUMO DAS CONSERVAS DE PRODUTOS DO MAR ENTRE OS NENOS E NENAS DOS COLEXIOS PÚBLICOS

 La Xunta impulsa el consumo de las conservas de productos del mar entre los alumnos de los colegios públicos, a través de la campaña ‘Ponle las pilas a tu bocata’ que se desarrollará a lo largo del presente curso escolar. Este trimestre, más de un millar de niñas y niños de los colegios públicos de toda Galicia consumirán y conocerán el valor de las conservas

  • Farao a través da campaña ‘Ponlle as pilas ao teu bocata’ que se desenvolverá ao longo do curso escolar 2010 – 2011
  • Neste trimestre, máis de 1.000 nenos e nenas de colexios públicos de toda Galicia consumirán e coñecerán o valor das conservas

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Santiago, 16 de novembro de 2010.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada do conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, e da conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, participaron esta mañá nos obradoiros da campaña Ponlle as pilas ao teu bocata, que se desenvolveu no CPI Fonte Díaz de Touro. Esta iniciativa está ideada pola Consellería do Mar en colaboración coas consellerías de Educación e Sanidade e de Anfaco e grazas a ela, neste trimestre, máis de 1.000 nenos e nenas de colexios públicos de toda Galicia consumirán e coñecerán o valor das conservas.

 Rosa Quintana, Xesús Vázquez e Pilar Farjas acompañaron aos alumnos de entre 8 e 11 anos nos obradoiros. As actividades que inclúe a campaña “Ponlle as pilas ao teu bocata” e que se desenvolveron neste colexio de Touro, consisten na realización de bocadillos a base de conservas de sardiña, mexillón e atún combinados con outros ingredientes como leituga e pemento e tamén unha explicación de contidos relativos aos valores nutritivos das conservas de produtos do mar. Deste xeito, o que pretende a Consellería do Mar con esta campaña é achegar o mundo das conservas e os seus valores nutritivos aos nenos e nenas dunha forma amena e sinxela.

 Esta iniciativa, que xa se levou a cabo en 16 centros públicos de Galicia, contempla uns agasallos para cada alumno que consisten nunhas chapas, un pack de conservas e un minirrecetario con propostas para a elaboración de bocadillos a base de conservas.

 Ponlle as pilas ao teu bocata

A iniciativa da Xunta pretende fomentar o consumo de conservas de peixe e marisco entre o alumnado de educación primaria. Deste xeito, os rapaces tamén se irán familiarizando co mundo da conserva de peixe e marisco para aumentar o interese por este produto e aumentar os seus coñecementos sobre as distintas especies de peixe e molusco e as súas características nutricionais. Do mesmo xeito, a Xunta pretende transmitirlle aos escolares como manipular os alimentos do mar en conserva como base de pratos sinxelos.

 Ademais, editouse unha unidade didáctica co fin de fomentar entre os máis pequenos unha alimentación sa e equilibrada, baseada nos produtos do mar. Esta unidade irá dirixida aos alumnos que previamente participaron nos obradoiros. O orzamento da Consellería do Mar para o desenvolvemento desta campaña de promoción é de máis de 75.000 euros.

25/09/2010

Galicia tendrá un único teléfono de atención sanitaria

SANIDADE POTENCIA O TELÉFONO DOS CENTROS DE SAÚDE COMO PORTA DE ENTRADA AO SISTEMA E CENTRALIZA OS NÚMEROS ACTUAIS NUN ÚNICO DE ATENCIÓN SANITARIA COMO SEGUNDA OPCIÓN. Recibidas oito ofertas no concurso para a implantación deste teléfono único

La Xunta potencia los teléfonos de los centros de salud como puerta de entrada al sistema y centraliza los números actuales en uno único de atención sanitaria como segunda opción. Ya se han recibido ocho ofertas en el concurso para implantar este teléfono único.

 Santiago, 25 de setembro de 2010.- A Consellería de Sanidade está a potenciar o número de teléfono de cada un dos centros de saúde como porta de entrada ao sistema e a centralizar os teléfonos actuais nun número único de atención sanitaria na Comunidade como segunda opción. O Servizo Galego de Saúde recibiu oito ofertas no concurso para a implantación deste teléfono único, e a adxudicación terá lugar nas próximas semanas.

 A través destas opcións, os usuarios poderán solicitar citas para atención primaria, realizar consultas e, no futuro, realizar calquera trámite e consulta telefónica relacionada co ámbito sanitario. Entre as novidades desta iniciativa destaca que cando un cidadán chame para pedir cita se lle ofrecerá a posibilidade de realizar unha consulta telefónica a persoal sanitario que podería solucionar directamente o seu problema.

 A implantación deste servizo suporá así unha optimización dos recursos dispoñibles, aliviando a presión asistencial ao tempo que facilita o acceso dos usuarios ao sistema sanitario evitándolles desprazamentos innecesarios. Ademais, ao potenciar o teléfono dos centros de saúde refórzanse as relacións humanas entre estes e os cidadáns e ofrécese unha opción máis barata aos usuarios, que non se verán obrigados a chamar a un 902.

 Así, no caso da cita, os usuarios poderán decidir libremente se queren chamar directamente ao seu centro de saúde ou se prefiren contactar co novo  teléfono único: o sistema sanitario admitirá ao paciente pola entrada que el elixa, e o nivel e calidade de atención será o mesmo en ambos casos. Deste xeito, a proposta de Sanidade é unha solución flexible, xa que permitirá aos usuarios escoller como solicitar a súa cita de Atención Primaria, e quedará totalmente aberto á incorporación de novos servizos e funcionalidades.

Simplificación da situación actual – Simplificación de la actual situación

O teléfono é a principal porta de acceso ao sistema sanitario: cada ano, aproximadamente 13 millóns de usuarios –con doce millóns de citas e un millóns de consultas telefónicas e urxencias atendidas- entran en contacto cos recursos asistenciais públicos a través deste medio.

 Na actualidade, o Servizo Galego de Saúde conta co número 902 400 116 -para consultas non urxentes e información puntual- e con distintos teléfonos de cita de Atención Primaria. Neste caso, existe a central de chamadas Saúde en liña (902 077 333), que dá servizo ao 52% dos galegos, e o 902 077 066 que atende a un 2% da poboación, mentres que o resto dos cidadáns chaman directamente ao centro de saúde.

 Polo tanto, a atención telefónica condiciona a axilidade e prontitude na prestación da maior parte da atención sanitaria, a equidade na atención entre as diferentes zonas xeográficas, a adecuada información á poboación sobre os recursos que ten á súa disposición, a satisfacción do usuario e a propia imaxe do sistema sanitario.

 Así, e segundo establece a Estratexia Sergas 2014, o Servizo Galego de Saúde unificará o acceso telefónico, potenciando o centro de saúde como entrada ao sistema e conservando un teléfono único para toda a atención sanitaria -incluída a consulta sanitaria telefónica- para toda a Comunidade; estenderá, uniformará e ampliará o servizo de cita de Atención Primaria a toda a poboación de Galicia; mellorará a eficiencia mediante sistemas que permitan automatizar os procesos de menor valor engadido sen prexudicar a calidade; aproveitará os recursos dispoñibles; e deixará aberta a posibilidade de poder xestionar no futuro novos servizos a través deste teléfono.

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 3.229 seguidores

%d bloggers like this: