Post etiquetado ‘roberto’

02/02/2011

La Xunta presenta el proyecto ‘Libro de Piedra’, un paseo virtual por la catedral y la ciudad de Santiago

ROBERTO VARELA PRESENTA O PROXECTO ‘LIBRO DE PEDRA’, UN PASEO VIRTUAL POLA CATEDRAL E A CIDADE DE SANTIAGO

 O conselleiro de Cultura e Turismo asegurou que a iniciativa “reúne pasado e futuro nun mesmo espazo virtual coas máis modernas ferramentas, unindo a aposta polas novas tecnoloxías e os símbolos máximos da riqueza patrimonial do noso país”.
 O proxecto ‘Libro de Pedra’ permite a visualización da capital de Galicia e o seu monumento máis emblemático cun nivel de detalle sen precedentes a través de máis de 60.000 fotografías de alta resolución. A aplicación ‘Mundo Peregrino Interactivo’ é un modelo virtual que ofrece a experiencia de coñecer e percorrer os diferentes camiños a Santiago.
 Unha instalación museística presenta ademais un sistema multitáctil onde o usuario interactúa, a través das súas mans sobre a pantalla, cunha maqueta virtual tridimensional da Catedral compostelá.
 Esta iniciativa insírese dentro do proxecto europeo ‘Loci Iacobi. Lugares de Santiago. Lieux de Saint Jacques’, do que a Secretaría Xeral para o Turismo é xefe de fila. O seu obxectivo é o de investigación, promoción e dinamización turística e cultural vinculada ao Camiño de Santiago nos territorios socios (España, Francia e Portugal) como itinerario cultural de alto valor histórico.

Santiago, 1 de febreiro de 2011.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou esta mañá o paquete de aplicacións e contidos para a musealización virtual da Catedral de Santiago e dos lugares e monumentos que configuran o espazo xacobeo, iniciativa promovida pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral para o Turismo, e desenvolvida polos equipos de Ilux Visual Technologies e o Grupo de Visualización Avanzada VideaLAB da Universidade da Coruña a través da Fundación da Enxeñería Civil de Galicia. O acto contou ademais coa participación da secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e o deán da Catedral de Santiago, José María Díaz.

O proxecto Libro de Pedra consiste nun paseo virtual pola Catedral e a cidade de Santiago e se enmarca no proxecto europeo Loci Iacobi. Lugares de Santiago. Lieux de Saint Jacques de revitalización do Camiño en Galicia, Francia e Portugal. O conselleiro de Cultura e Turismo cualificou este proxecto como “unha iniciativa que xunta pasado e futuro nun mesmo espazo virtual coas máis modernas ferramentas, unindo a aposta polas novas tecnoloxías e os símbolos máximos da riqueza patrimonial do noso país”.

Segundo Roberto Varela, Libro de Pedra achéganos a posibilidade “de contemplar a Catedral de Santiago e a cidade vella de Compostela dunha forma ben distinta e con maior precisión que nunca, porque pódese ler ata o máis mínimo detalle as pedras que conforman Santiago”. O conselleiro subliñou a importancia deste feito “no ano no que celebramos o Octavo Centenario da consagración da Catedral que, sen dúbida, volverá a ser centro universal das miradas neste 2011”.

Respecto ao proxecto europeo Loci Iacobi, o conselleiro de Cultura e Turismo asegurou que responde á “experiencia común da construción histórica do Camiño de Santiago” e destacou a importancia “dos veciños Francia e Portugal como pobos máis unidos por historia, xeografía e tradición aos Camiños que conducen a Compostela”. Roberto Varela destacou que a través da iniciativa Loci Iacobi “renóvanse estes vínculos xacobeos mediante a investigación, a promoción e a dinamización turística do Camiño de Santiago”.

O responsable de Cultura destacou a importancia destes proxectos europeos xa que “para fornecer a madurez dun fenómeno como o Xacobeo faise necesario crear sinerxías e fomentar o intercambio de coñecementos e vivencias entre territorios”. Varela situou o obxectivo deste traballo en común no pulo do Xacobeo “como elemento de cohesión europea e eixe vertebrador cultural e turístico”.

Máis de 60.000 fotografías
A aplicación Libro de Pedra é unha ferramenta web que utiliza as novas tecnoloxías para amosar cun nivel de detalle sen precedentes a capital de Galicia e o seu monumento máis emblemático. A aplicación permite ademais coñecer en profundidade a historia da Catedral, consagrada polo rei Alfonso IX o 21 de abril de 1211. En Libro de Pedra a innovación tecnolóxica ponse ao servizo da cultura e o patrimonio histórico nun proxecto para o que se realizaron máis de 60.000 fotografías de alta resolución. Pódese acceder dende calquera parte de mundo a esta aplicación a través do seguinte enderezo web: http://www.turgalicia.es/librodepedra

O interior da Catedral pode visualizarse dende calquera punto de vista a través de imaxes totalmente inmersivas. A través desta aplicación, o usuario pode desprazarse dende calquera parte do mundo ao interior da basílica. O Museo catedralicio tamén se pode visualizar a través de imaxes esféricas que permitirán ao usuario internarse en todas as súas estancias. As imaxes panorámicas que se ofrecen de Santiago cobren a totalidade da cidade dende diferentes puntos de vista. A riqueza das prazas e rúas do casco histórico tamén pode admirarse con especial relevancia a través de imaxes en 360 graos.

Mundo Peregrino Interactivo Multitáctil
Trátase dun modelo virtual tridimensional dedicado a Santiago como centro de peregrinación, acercando ao usuario á experiencia de coñecer e percorrer os diferentes Camiños, só ou en compañía doutros usuarios, que comparten o mesmo espazo virtual como avatares. Esta ferramenta consta dunha área de benvida e aprendizaxe para novos usuarios, sete áreas expositivas específicas referente aos diferentes camiños e unha área central dedicada á Catedral. Para poder acceder, o usuario debe rexistrarse na súa páxina web, onde descargar a aplicación cliente coa que se conectará ao servidor de mundo virtual e seleccionar o seu nome e modelo de avatar. Esta aplicación está dispoñible na seguinte ligazón: http://www.turgalicia.es/mundoperegrino

Visualización 3D interactiva da Catedral
O proxecto inclúe unha instalación museística baseada nun sistema multitáctil onde o usuario interactúa, a través das súas mans sobre a pantalla, cunha maqueta virtual tridimensional da Catedral accedendo ao mesmo tempo a información específica de cada elemento relevante do conxunto. Nunha primeira achega o usuario accede á contorna e o casco antigo da cidade en tres dimensións, situándoa xeograficamente como centro onde converxen diferentes camiños de peregrinación.

A través da interfaz o visitante pode interactuar coas súas mans cun modelo virtual da Catedral de Santiago, podendo explorar e analizar mediante diferentes procedementos como achegamentos, encadres, xiros e seccións por calquera plano en tempo real.

Cooperación europea
Esta iniciativa insírese dentro do proxecto europeo Loci Iacobi. Lugares de Santiago, Lieux de Saint Jacques, do que a Secretaría Xeral para o Turismo é xefe de fila. O seu obxectivo é o de investigación, promoción e dinamización turística e cultural vinculada ao Camiño de Santiago nos territorios socios (España, Francia e Portugal) como itinerario cultural de alto valor histórico.

Outro dos obxectivos deste proxecto para os tres socios integrantes – Secretaría Xeral para o Turismo, Baixo Alentejo de Portugal e Auvergne en Francia – responde tamén á necesidade de apoiar a diversificación da economía aproveitando os recursos culturais e naturais para ofertar un produto turístico singular: o Camiño de Santiago en Portugal e Francia como nexo de unión entre os pobos. O proxecto conta co apoio da Unión Europea a través do Programa Operativo de Cooperación Transnacional no Espazo Sudoe 2007-2013.

About these ads
01/02/2011

Fallece el empresario gallego Roberto Tojeiro, creador del grupo de distribución Gadisa y de la planta de Reganosa en Mugardos

El empresario gallego Roberto Tojeiro Díaz ha fallecido el 1 de febrero a los 83 años de edad. Tojeiro fue el creador del grupo de distribución Gadisa, con 197 establecimientos en Galicia, y el promotor de la planta de Reganosa en Mugardos.

Roberto Tojeiro comenzó su trayectoria profesional ya de niño, en el almacén que poseía su padre en As Pontes.

Después de asociarse con sus hermanos y asentado ya en el gremio de los ultramarinos, el empresario se inició, en la década de los cincuenta, en la actividad maderera y, después, en los transportes.

Su emporio ha seguido creciendo hasta abarcar actualmente a miles de familias y mover inversiones de muchos millones.
´
Sólo Gadisa, por ejemplo, cuenta con 197 establecimientos en Galicia y cerca de 6.000 empleados y su facturación se eleva a los cerca de 900 millones de euros, según datos del 2009.

O PRESIDENTE DA XUNTA MANIFESTA O SEU PESAR POLO PASAMENTO DE ROBERTO TOJEIRO, DE QUEN DESTACA A SÚA VISIÓN EMPRESARIAL E A SÚA RESPONSABILIDADE E ENTREGA

 

  • Alberto Núñez Feijóo trasladoulle á familia do presidente e fundador do grupo Gadisa o seu máis sentido pésame, no seu nome e no do Goberno galego
  • Cualifica a Roberto Tojeiro como un home “emprendedor”, sempre comprometido “co futuro da comunidade”

 

Santiago, 2 de febreiro de 2011.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, manifesta o seu pesar polo falecemento de Roberto Tojeiro Díaz, presidente e fundador do Grupo Gadisa, de quen destacou o seu carácter emprendedor, a súa “excepcional visión” do mundo empresarial e a súa “responsabilidade e entrega”.

 

O mandatario galego trasladoulle onte á noite á familia do fundador do Grupo Gadisa o seu máis sentido pésame, no seu nome e no do Goberno galego.

 

O titular da Xunta lembrou o gran logro de Tojeiro de converter unha pequena empresa familiar nun grupo empresarial de éxito e a capacidade de diversificar a actividade e estendela a outros sectores como o enerxético. Así mesmo, salientou que a súa “perseveranza e dedicación” levaron a Tojeiro dirixir un dos grupos empresariais máis importantes de Galicia.

 

“Tojeiro foi un“exemplo e referente para o mundo empresarial galego”, destacou Feijóo incidindo no seu compromiso “constante e permanente” co futuro da comunidade.

 

 

 

23/01/2011

Más de 70.000 personas visitaron el stand institucional de Galicia en Fitur

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

MÁIS DE 70.000 PERSOAS VISITARON O STAND INSTITUCIONAL DE GALICIA EN FITUR 2011

 A web gárdasmeosegredo.com recibíu preto de 30.000 entradas de internautas que puideron seguir en directo as actividades desenvolvidas no recinto galego .

 No stand galego distribuíronse más de 150.000 unidades de folletos e no sorteo Vive Galicia xa participaron máis de 1.200 persoas na rede social Facebook.

Santiago, 23 de xaneiro de 2011.- O stand institucional de Galicia, instalado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura e Turismo, Secretaría Xeral para o Turismo e Turgalicia, na Feira Internacional do Turismo de Madrid, FITUR, recibíu a visita de 70.000 persoas entre profesionais do sector turístico nacional e internacional e público xeral ao longo dos días 19, 20, 21, 22 e 23 de xaneiro.

Foron cinco días de feira nos que o recinto institucional para a promoción do Turismo de Galicia, nun dos certames máis importantes do mundo, actuou como escaparate dos valores e dos produtos turísticos galegos, tanto para a súa comercialización entre o sector empresarial, os tres primeiros días, como para a promoción entre o público xeral, esta fin de semana. O deseño do stand centrouse este ano na difusión da primeira marca do Turismo galego, Galicia, gárdasme o segredo, a Cidade da Cultura de Galicia e o 800 aniversario da Catedral de Santiago de Compostela.

Durante esta edición de FITUR, o recinto institucional galego foi visitado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e acolleu 18 presentacións de destinos e produtos turísticos galegos, ás que asisitiron máis de 1.000 persoas relacionadas coa comercialización turística. A maioría destas presentacións estiveron presididas polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo.

gardasmeosegredo.com

Nesta edición de FITUR, a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral para o Turismo e Turgalicia, instalou unha web para promocionar a participación galega na feira a través de Internet.
Esta iniciativa, editada nas linguas galega, castelá e inglesa, permitíu seguir en directo todas as actividades que se desenvolveron no stand institucional de Galicia, ademais de baixar contidos específicos do Turismo galego.
Esta web, tense convertido, logo de dous anos, nunha ferramenta fundamental para a promoción do Turismo galego unha vez que comeza o ano para anunciar as novedades turísticas galegas que se poderán atopar os visitantes.
Unha proba do éxito desta iniciativa web foi o número de visitantes que accederon a ela durante os días de feira, superiores a 30.000.

Vive Galicia

Unha das presentacións máis importantes que tivo luagr en FITUR 2011 foi a do programa de paquetes turísticos Vive Galicia 2011, desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Turismo e Turgalicia.

Ademais da existosa presentación aos operadores turísticos desenvolvida o xoves 20 de xaneiro na sala de actos do stand de Galicia, por parte da secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, Turgalicia puxo en marcha un concurso o venres 21 a través da rede social Facebook, polo que, ata o día 24 todos aqueles que suban unha fotografía turística, a modo de segredo persoal sobre Galicia que se quere compartir, poderán recibir un dos de cinco programas Vive Galicia, ás imaxes segredas máis votadas.

Así, ata hoxe xa tiñan participado máis de 1.200 persoas nesta promoción turística en redes sociais.

Material de promoción

Por outra parte, ao longo destes días de feira, nos mostradores do stand insitucional de Galicia, distribuíronse máis de 150.000 folletos e outro material de promoción turística, tanto achegado por Turgalicia, como polos 16 coexpositores que participaron en FITUR dentro do stand institucional de Galicia.

Ademais, os stand galego incluíu tres actividades audiovisuais interactivas nas que puido participar o público, moi interesado por descubrir os recantos da Cidade da Cultura de Galicia ou a Catedral de Santiago, así como participar na captura de percebes nos cantís de Aguiño o visitar verticalmente os canóns do Sil na Ribeira Sacra.

Deste xeito a oferta turística de Galicia promocionouse de xeito conxunto a través da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia e das entidades de promoción Deputación da Coruña, Padroado de Turismo da provincia de Lugo, Padroado provincial de Turismo de Ourense, Turismo Rías Baixas, Mancomunidade de municipios Ría de Arousa-zona norte, Asociación de desenvolvemento turístico da Mariña lucense, Mancomunidade de municipios da Terra Chá, Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Mancomunidade Terras de Pontevedra, Turismo da Coruña, Concello de Ferrol, Turismo de Santiago, Concello de Lugo, Turismo de Ourense, Turismo de Pontevedra e Turismo de Lugo.

07/12/2010

La Xunta declara que la cultura gallega “está de luto” con el fallecimiento del historiador Marcos Valcárcel

Feijóo con Valcárcel. Foto: elcorreogallego.es

ROBERTO VARELA LAMENTA O PASAMENTO DE MARCOS VALCÁRCEL,”UN DOS MELLORES HISTORIADORES DAS ÚLTIMAS DÉCADAS”

 

 El conselleiro de Cultura lamenta el fallecimiento de Marcos Valcárcel, “uno de los mejores historiadores de las últimas décadas”

  • O conselleiro de Cultura e Turismo asegurou que, ante a marcha do historiador ourensán, “a cultura galega, na que Marcos tiña unha gran fe, tamén está de loito”

 

Santiago, 7 de decembro de 2010.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela trasladou, no nome do Goberno galego, o profundo pesar pola morte do historiador ourensán, Marcos Valcárcel. O especialista no estudo da Xeración Nós e profesor do instituto de A Carballeira levaba dous anos afectado por unha enfermidade dexenerativa que finou coa súa vida o domingo no seu domicilio de Ourense. 

 Roberto Varela expresou, no nome do Executivo galego, as condolencias á familia de Marcos Valcárcel “pola irreparable perda que sufriron”.  Así mesmo, o conselleiro de Cultura asegurou que, ante a marcha do historiador ourensán, “a cultura galega, na que Marcos tiña unha gran fe, tamén está de loito”.

 O responsable de Cultura destacou a figura de Marcos Valcárcel como “un dos mellores historiadores das últimas décadas, un home de grandes coñecementos e un digno herdeiro da Xeración Nós e dos intelectuais ourensáns aos que dedicou boa parte da súa obra”.

 En verbas de Roberto Varela “a mellor homenaxe que lle podemos facer a un historiador que sempre reivindicou o seu labor docente é non deixar nunca de estudar a infinita riqueza da cultura de Galicia e o legado dos grandes persoeiros da nosa terra, entre os que Marcos Valcárcel xa se atopa por dereito propio”. 

26/11/2010

El Parlamento asturiano abrirá una comisión de investigación sobre la excavación de Campa Torres

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

La Junta General del Principado de Asturias creará una comisión de investigación sobre el proceso llevado a cabo en las excavaciones del Parque Arqueológico de Campa Torres, en Gijón, tras el hallazgo de más de 20.000 piezas de las excavaciones en un sótano, que permanecieron como abandonadas al parecer varios años.

El PP e IU-Verdes votaron a favor de esta investigación en el Pleno del Parlamento asturiano. El PSOE votó en contra, mientras que el diputado de Bloque por Asturies, Roberto Colunga, se abstuvo.

El diputado del PP, Alfonso Román López ha sido el encargado de defender la iniciativa del PP, y ha señalado que las explicaciones de la Consejera de Cultura, Mercedes Álvarez, sobre el paradero y localización de más de 20.000 piezas procedentes de las excavaciones realizadas han sido “insuficientes”.
 
Ha recordado que la Fiscalía del Tribunal Superior del Principado de Asturias ha considerado que el expolio producido es constitutivo de un delito contra le patrimonio. Así, ha considerado necesaria una Comisión de Investigación para aclarar cómo se han desarrollado las excavaciones e intervenciones realizadas en la Campa Torres. “Aquí hay responsabilidades políticas de consejeras de Cultura que han permitido este atentado”, ha señalado el diputado del PP.
 
Mientras, la diputada de IU-BA-Verdes, Diana Camafeita, ha mostrado sus dudas sobre la propuesta del PP y le ha acusado de “electoralismo” porque había podido plantear esta cuestión antes. El diputado de BA, Roberto Colunga, ha criticado la gestión del patrimonio cultural asturiano y ha dicho que sería bueno que se conociese lo ocurrido pero en su intervención no aclaró el sentido del voto. “El PP sabe por qué”, se limitó señalar. Y finalmente se abstuvo.
 
Por su parte, la diputada del PSOE, Clara Costales, ha explicado que la propia Fiscalía señala los únicos responsables de lo ocurrido serían los técnicos y no los responsables políticos. Costales ha recordado que el ex ministro de Fomento, Francisco Álvarez-Cascos denunció al PP de Gijón por tirar a la basura archivos personales y se archivaron las actuaciones porque era una cuestión privada.
 
   “Esto es lo mismo”, ha señalado. Y ha acusado a IU-Verdes de “oportunistas” por votar la iniciativa del PP. “Cuidado con lo que hacen”, ha advertido Costales a los diputados, señalando que en Gijón se ha realiza un gran esfuerzo para la protección del patrimonio.
16/11/2010

Agustín Fernández Paz, Menchu Lamas, Eduardo Alonso, la Fundación Barrié de la Maza, la Sinfónica de Galicia, Editorial Galaxia y Vaca Films son los Premios de la Cultura Galega 2010

O XURADO DOS PREMIOS DA CULTURA GALEGA DECIDE OS SETE GALARDOADOS EN RECOÑECEMENTO DO TRABALLO CREATIVO DA NOSA COMUNIDADE E A SÚA EXPANSIÓN NO EXTERIOR   

 El Jurado de los Premios de la Cultura Galega galardona este año a Agustín Fernández Paz en la categoría de Letras, Menchu Lamas en Artes Plásticas, Eduardo Alonso Rodríguez en Artes Escénicas, la Editorial Galaxia en Promoción Cultural de Galicia, la Fundación Barrié de la Maza en la de Patrimonio Cultural, la Orquesta Sinfónica de Galicia en Música, y Vaca Films en Creación Audiovisual

  • O conselleiro de Cultura e Turismo presidiu na Fundación Cidade da Cultura de Galicia a reunión na que se resolveron os galardoados nas sete modalidades dos Premios da Cultura Galega 2010.
  • Os galardoados son: Agustín Fernández Paz na categoría de Letras, Menchu Lamas en Artes Plásticas, Eduardo Alonso Rodríguez en Artes Escénicas, a Fundación Barrié de la Maza na de Patrimonio Cultural, a Editorial Galaxia en Promoción Cultural de Galicia, a Orquestra Sinfónica de Galicia en Música e Vaca Films na de Creación Audiovisual.
  • Con esta decisión, o xurado distingue a persoas e institucións que traballan nos distintos eidos da creación, da conservación e revalorización do patrimonio e da actualización e difusión do noso capital intelectual.

 Santiago, 16 de novembro de 2010.- O xurado dos Premios da Cultura Galega 2010 determinou na reunión celebrada hoxe na Fundación Cidade da Cultura os sete premiados que recibirán os galardóns en recoñecemento do traballo creativo da nosa comunidade e a súa expansión no exterior nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural, Promoción Cultural de Galicia, Música e Creación Audiovisual.

 A segunda sesión de deliberación estivo presidida polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e contou coa participación como vogais institucionais do director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López; o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; o reitor da Universidade da Coruña, José María Barja; o vicerreitor de extensión universitaria, cultura e sociedade da Universidade de Santiago de Compostela, Javier Garbayo e a presidenta da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, Mercedes Goicoa.

Como membros do xurado designados pola Consellería de Cultura e Turismo tamén participaron na xuntanza o catedrático de Teoría da Literatura e secretario da Real Academia Española, Darío Villanueva; o profesor e crítico de arte Antón Castro Fernández; a arquitecta Isabel Aguirre Urcola; e o compositor Juan Vara García.

 A relación de premiados é a seguinte:

 - O escritor Agustín Fernández Paz é o galardoado co premio Cultura Galega das Letras en recoñecemento a súa traxectoria vencellada á escrita galega. A proposta foi realizada polo Consello da Cultura Galega e aprobada por maioría.

- A artista Menchu Lamas recibe o Premio Cultura Galega das Artes Plásticas polo seu traballo creativo, desenvolvemento de recursos expresivos e investigación de linguaxes propias. A proposta foi realizada polo Consello da Cultura Galega e aprobada por maioría.

- O Premio Cultura Galega das Artes Escénicas recae en Eduardo Alonso Rodríguez polo seu traballo a prol da dramaturxia galega. A proposta foi realizada por Escena Galega e outras tres entidades e aprobada por maioría.

- A Fundación Barrié de la Maza resulta distinguida co Premio Cultura Galega ás Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural polo seu traballo de catalogación e restauración de bens patrimoniais. A proposta foi realizada polo Consello da Cultura Galega e aprobada por maioría.

- O Premio Cultura Galega á Promoción Cultural de Galicia recoñece á Editorial Galaxia pola súa traxectoria vencellada á expansión cultural de Galicia fóra da comunidade autónoma e á súa difusión no exterior. A proposta foi realizada por distintos membros do xurado e aprobada por unanimidade.

- A Orquestra Sinfónica de Galicia recibe o Premio Cultura Galega de Música pola súa traxectoria vencellada á creación, consolidación e expansión da música galega, dentro da comunidade e no exterior. A proposta foi realizada pola Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario e distintos membros do xurado e aprobada por maioría.

O Premio Cultura Galega de Creación Audiovisual distingue á produtora Vaca Films pola súa actividade, dentro da comunidade e no exterior, a prol dunha linguaxe de calidade, con personalidade propia e con capacidade para se integrar nos escenarios internacionais. A proposta foi realizada por distintos membros do xurado e aprobada por unanimidade.

 Con esta decisión, o xurado distingue a persoas e institucións que traballan nos distintos eidos da creación, da conservación e revalorización do patrimonio e da actualización e difusión do noso capital intelectual. O premio consistirá nunha escultura ou obxecto conmemorativo realizado por un artista galego de recoñecido prestixio e nun diploma acreditativo.

 Coa creación e convocatoria dos Premios da Cultura Galega 2010, a Consellería de Cultura e Turismo pretende distinguir as persoas e institucións que traballan nos distintos eidos da creación, da conservación e revalorización do patrimonio e da actualización e difusión deste capital intelectual, na propia comunidade ou para o mundo.

 

15/11/2010

El Real Valladolid bate al Celta de Vigo por un desesperado 3 a 2 en el último minuto de partido

El Real Valladolid se hizo con el partido contra el Celta de Vigo en un partido lleno de alternativas aunque el agónico 3-2, tras un gol de Jorge Alonso en el último minuto, reflejó la superioridad local en la media hora final.

El Valladolid, que mantiene la condición de invicto en su feudo, comenzó golpeando por medio de Nauzet Alemán en el minuto tres. Fue un disparo inmenso del jugador canario desde el vértice derecho de área grande que batió a Falcón.

Antonio Gómez, que presenció el partido desde el palco, se vio obligado a modificar la defensa debido a la ausencia por una fractura en la mano izquierda del central Marc Valiente.

El Celta intentaba romper su racha negativa de cuatro empates consecutivos. Fue el jugador gallego Roberto Trashorras el que marcó el empate en un remate flojo.

El Celta jugó con notable solvencia y así, Quique De Lucas volvió a batir a Jacobo, otra vez poco inspirado, en el minuto 37.

Nada cambió en la reanudación, el Celta siguió gobernando el partido pese a ir ganando y el Valladolid sufría en defensa, sin capacidad para salir, completamente atascado.

Antonio Gómez cambió a una formación 4-1-4-1, que funcionó bien.

Mejoró mucho el Real Valladolid y opositó a un empate que certificó Javi Guerra en una jugada en la que el equipo de Vigo reclamó fuera de juego (min. 65).

Las expulsiones dejaron al Celta sin laterales, y el marcador parecía que ya no se iba a mover pese al empuje local. En ese momento fue cuando el salmantino Jorge Alonso aprovechó un pase de Javi Guerra para dar el triunfo al Valladolid en el último suspiro (min. 94).

Ficha Técnica:

3 – Real Valladolid: Jacobo; Pedro López, Baraja, Jordi, Guilherme; Nauzet, Rubio, Rueda, Sisi; Calle (Jorge, min. 55), y Guerra.

2 – Celta: Falcón; Hugo Mallo, Vila, Catalá, Roberto Lago; Bustos, López Garai; Alex López (Michu, min. 68), Trashorras (Joan Tomas, min. 80), Quique de Lucas; David Rodríguez (Abalo, min. 73).

Goles: 1-0: Min. 3, Nauzet. 1-1: Min. 17, Trashorras. 1-2: Min.

37, De Lucas. 2-2: Min. 65, Guerra. 3-2: Min. 94, Jorge Alonso.

Árbitro: Miranda Torres (comité catalán). Amonestó a Calle, Baraja y dos veces a Lago, expulsado en el minuto 83. Expulsó a Pedro López y Mallo con roja directa (min. 88).

Incidencias: Estadio José Zorrilla. 8.800 espectadores.

(Fuente: LVG)

08/11/2010

Un vecino de Malpica muere atropellado al cruzar la carretera a Carballo

Un vecino del municipio coruñés de Malpica perdió ayer la vida tras ser atropellado por un turismo cuando trataba de atravesar la carretera que une la localidad con Carballo, la AC-418, a la altura de la parroquia de Cerqueda.

Roberto Veiga Veiga, de 71 años, fue alcanzado por un vehículo conducido por un joven (vecino también del municipio) mientras cruzaba a pie la calzada para dirigirse a su vivienda, situada a poca distancia, en la aldea de Filgueira. El hombre falleció en el acto.

El suceso ocurrió en torno a las ocho de tarde, en una zona en la que la carretera describe una amplia curva y está provista de un carril central extra y de sendos viales de incorporación a ambos lados. El conductor del vehículo que circulaba justo detrás del turismo que atropelló a Roberto Veiga explicó que en el momento del accidente había muy poca visibilidad y que él tampoco vio al peatón hasta el último momento.

Los hechos causaron gran conmoción en la zona y fueron muchos los vecinos que se acercaron hasta el lugar al tener noticia de lo sucedido. También se desplazaron hasta la zona varias patrullas de la Guardia Civil.

06/11/2010

Santiago de Compostela acoge el lunes el estreno mundial de la película ‘The way’ (‘El Camino’), con Martin Sheen y Emilio Estévez

Ver noticia relacionada

SANTIAGO DE COMPOSTELA ACOLLE O LUNS DÍA 8 A ESTREA MUNDIAL DA PELÍCULA ‘THE WAY’, COA PRESENZA DE MARTIN SHEEN E EMILIO ESTÉVEZ

 Santiago de Compostela acoge el próximo lunes 8 de noviembre el estreno mundial de la película ‘The Way’ (El Camino), con la presencia de los actores Martin Sheen y Emilio Estévez. El preestreno del film, de la productora Filmax y patrocinado por la S.A. de gestión del Plan Xacobeo y por la Xunta de Galicia, se celebrará en el Teatro Principal de Santiago. Y el próximo 19 de noviembre, ‘The Way’ llegará a las salas de cine.

  • A preestrea do filme, da produtora Filmax e patrocinado pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e pola Xunta de Galicia, celebrarase no Teatro Principal de Santiago. O próximo 19 de novembro, The Way estrearase nas salas de cine.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Santiago, 6 de novembro de 2010.- O próximo luns día 8 de novembro o Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá a presentación mundial do filme “The Way”, rodado durante sete semanas no Camiño de Santiago. O director Emilio Estévez e o seu pai, Martin Sheen, protagonista do filme, estarán en Compostela para dar a coñecer oficialmente a película, producida por Filmax e patrocinada pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e pola Xunta de Galicia.

 Para a xornada da presentación en Santiago, ás 10,00 horas está previsto no propio Teatro Principal un pase para os medios e ás 12,30 horas terá lugar unha rolda de prensa na que intervirán o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela; o director do filme, Emilio Estévez; o actor Martin Sheen e o produtor Julio Fernández. Pola tarde, a partir das 19,30 horas celebrarase a preestrea oficial da película. O acceso a este acto será rexistrinxido e só se poderá entrar con invitación. Antes da súa estrea nas salas de cine o próximo 19 de novembro, a película será presentada tamén en Madrid o mércores día 10.

 A cinta narra a historia de Tom Avery (Martin Sheen), un reputado oftalmólogo que vive en California, onde un día recibe unha chamada desde Francia na que se lle comunica que o seu fillo Daniel (Emilio Estevez) faleceu nun temporal nos Pirineos. A pesar de que a relación con él nunca foi moi boa por ter unha visión oposta da vida, Tom está desolado e viaxa a Francia para recuperar ao seu fillo. Alí descobre que Daniel comezaba a facer o Camiño de Santiago e decide facelo por él. A última oportunidade dun pai para coñecer ao seu fillo converterase na primeira oportunidade para comezar unha nova vida.

A película The Way inclúe escenas rodadas no interior da Catedral de Santiago, un feito considerado “un milagre” en palabras do propio Martin Sheen. Trátase da terceira vez que o actor traballa ás ordes do seu fillo Emilio Estévez. O reparto principal complétano a actriz canadiense Deborah Kara Unger, e os actores Yorick Van Wageningen, de orixe holandés, e o norirlandés James Nesbitt. A película, rodouse durante sete semanas  ao longo do Camiño de Santiago, é unha produción de Filmax en asociación con Elixir Films  conta co patrocinio do Xacobeo 2010 Galicia; coa colaboración de ICAA e Xunta de Galicia e coa participación de TVG.  

23/10/2010

La Xunta estudia incluir el campamento romano de Cidadella como Bien de Interés Cultural

ROBERTO VARELA ANUNCIA EN SOBRADO DOS MONXES QUE A CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO ACOMETERÁ EN 2011 A RESTAURACIÓN INTEGRAL DA CAPELA DE SANTA COMBA DAS PÍAS

 El conselleiro de Cultura anuncia en Sobrado dos Monxes que la Xunta acometerá en 2011 la restauración integral de la capilla de Santa Comba das Pías. El coste estimado de la obra asciende a 300.000 euros. Además se prevé completar el próximo año la obra de las cubiertas del monasterio cisterciense de Santa María de Sobrado, ya en marcha y en la que ya se invirtieron otros 300.000 euros.

  • O conselleiro de Cultura e Turismo comprometeu hoxe esta actuación durante unha visita ao concello coruñés. O proxecto de restauración integral da Capela Santuario de Santa Comba das Pías ten un custo estimado de 300.000 euros.
  • Varela supervisou ademais o estado das actuacións nas cubertas do mosteiro cisterciense de Santa María de Sobrado, nas que xa se investiron máis de 300.000 euros. A Consellería de Cultura e Turismo traballa coa previsión de rematar esta intervención o próximo ano.

El conselleiro de Cultura, Roberto Varela, visita el monasterio de Sobrado dos Monxes y la capilla de As Pias.

Sobrado dos Monxes (A Coruña), 31 de outubro de 2010.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asegurou durante a súa visita ao concello de Sobrado dos Monxes que a Xunta de Galicia asumirá a restauración integral da capela do Santuario de Santa Comba das Pías, na parroquia de San Miguel de Codesoso.

Segundo a previsión avanzada polo conselleiro, os traballos de restauración integral deste ben patrimonial comezarán en 2011 cunha estimación de gasto cifrada en 300.000 euros. Nesta visita, Roberto Varela estivo acompañado polo director xeral do Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel, o alcalde de Sobrado dos Monxes, Jacobo Fernández, e varios representantes da corporación municipal.

Durante a xornada de traballo en Sobrado dos Monxes, o conselleiro tivo a oportunidade de coñecer de primeira man a situación actual de conservación do Mosteiro de Santa María, no  que a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural está a traballar dende 2009 na rehabilitación das cubertas, obras nas xa se investiron máis de 300.000 euros. As actuacións consistiron basicamente na substitución das cubertas da zona do Claustro Regular, o redimensionado dos canalóns e a limpeza das fábricas de pedra da cheminea da cociña medieval.

Para este ano 2010 estaba prevista a realización de máis obras noutro tramo de cubertas, tamén en estado precario de conservación. Durante a fase de estudio e de recompilación de información detectáronse novas deficiencias nos muros que conteñen as terras do adro de acceso ao conxunto, polo que se redactou un proxecto de oficio para a reparación do muro, retirando do material derruído e desmontando parte dos lenzos danados para a súa posterior reconstrución. Asemade, nos últimos meses realizáronse traballos para a condución e evacuación de auga de choiva en superficie, evitando que se desvíe por detrás do muro de contención.

Nesta liña, Roberto Varela anunciou que técnicos da Consellería de Cultura e Turismo están avanzando na redacción dun proxecto para rematar as actuacións nas cubertas. A Consellería de Cultura e Turismo traballa coa previsión de acometer o seu desenvolvemento ao longo de 2011.

Conservación do patrimonio

Na súa visita ao concello coruñés, o titular de Cultura e Turismo tamén se interesou polo estado do Campamento Romano da Cidadella, un xacemento arqueolóxico no que se están a realizar escavacións e estudios dende o ano 2009, gracias a un convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago.

A Consellería de Cultura e Turismo investiu 60.000 euros no desenvolvendo dun proxecto de investigación, conservación e escavación do restos romanos do Campamento da Cidadella, co obxectivo de poñer en valor este xacemento arqueolóxico. O Campamento da Cidadella está incluído dentro dos xacementos arqueolóxicos obxecto de estudo para a súa posible inclusión coma Ben de Interese Cultural.

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 3.234 seguidores

%d bloggers like this: