Noticias de Asturias y Galicia con toda la información regional, las noticias de Asturias y Galicia, Gijón, Oviedo, Avilés, Lugo, Ourense, Pontevedra, Coruña, Cuencas, Oriente, Occidente
Mapa mañá:Mapa tarde:Mapa noite:Comentario xeral para Galicia:Predominio da influencia anticiclónica sobre Galicia durante este día polo que non se agardan cambios significativos na situación meteorolóxica. Os ceos amencerán parcialmente anubrados no norte e despexados no sur, con néboas matinais en puntos do interior. A medida que avance a mañá tenderán a d […]
Escuela Municipal de Música de Vegadeo - jornadas de puertas abiertas.
El jueves 24 de abril de 2013 comenzaba la primera de la tres jornadas en las que el centro
invita a los jóvenes Veigueños a conocer el funcionamiento, actividades
y peculiaridades de la escuela de música, todo ello acompañado de breves
charlas sobre instrumentos y un miniconcierto. las próximas jornadas
tendrán lugar los jueves 9 y 16 de mayo.
Punto de referencia para los internautas donde encontrarán más de 400 publicaciones nativas, divididas en diferentes categorías, y sus últimas noticias
Uno de cada diez peregrinos llegó a Santiago de Compostela durante el presente Año Xacobeo a través de los caminos que transitan por Asturias
El número de peregrinos que utilizan las rutas del norte ha aumentado este año un 70,8% con respecto a 2006
La Ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde, y el Presidente del Principado, Vicente Álvarez Areces, clausuran el próximo lunes en Oviedo las actividades culturales programadas para conmemorar el Año Jacobeo
Asturias registró 1.700.000 turistas en los diez primeros meses de 2010, lo que supone un ligero incremento con respecto al pasado ejercicio
El Principado constata un mayor número de visitantes extranjeros y de pasajeros en el Aeropuerto de Asturias
La Consejera de Cultura y Turismo, Mercedes Álvarez González, destaca el aumento del 7% de la inversión en promoción en 2011 para seguir consolidando Asturias como destino turístico “de calidad y cada vez más competitivo”
La conmemoración del Año Jacobeo 2010 se ha traducido en un significativo incremento de los peregrinos que llegan a Santiago de Compostela a través de los Caminos Primitivo y del Norte, que transitan por el Principado de Asturias, según recordó este mediodía la Consejera de Cultura y Turismo del Principado, Mercedes Álvarez González.
Según datos de la Oficina de Acogida de Peregrinos de la Catedral de Santiago, prácticamente uno de cada diez peregrinos ha pasado por Asturias durante el Año Santo que está a punto de cerrarse. En 2006, utilizaron los Caminos del Norte 6.966 personas. En 2008, lo hicieron 9.754, mientras que entre enero y noviembre de 2010 la cifra se ha elevado a 23.835 personas, lo que supone un notable incremento del 70,8% con respecto a hace un lustro.
La Consejera de Cultura y Turismo señaló que, no obstante, conviene tener en cuenta que las cifras de compostelas emitidas por la Catedral de Santiago no equivalen al número total de personas que utilizan el Camino de Santiago en Asturias, ya que hay peregrinos que no concluyen su ruta y otros que no solicitan ese documento que certifica, en definitiva, motivos religiosos o espirituales para realizar el Camino.
En relación con el Año Jacobeo, la Consejera anunció que este mismo lunes la Ministra de Cultura, Ángeles González Sinde, y el Presidente del Principado de Asturias, Vicente Álvarez Areces, clausurarán oficialmente en Oviedo las actividades culturales desarrolladas en todo el país con motivo del Año Santo.
La Consejería ha programado para la próxima semana varios actos en Asturias para cerrar el programa cultural. Una de las actividades más significativas será la presentación de la edición facsimilar de la “Biblia de Danila”. Se trata de un códice manuscrito de una Biblia de 303 folios escrito en el siglo IX por un escriba llamado Danila, al que la investigación asigna origen en el Reino de Asturias. Se conserva en la biblioteca de la Abadía benedictina de la Cava dei Tirreni, en Nápoles, y se trata de una de las obras manuscritas más importantes realizadas en tiempos del reino de Asturias y de los orígenes de la ruta jacobea.
Los autores del equipo científico que ha trabajado en este proyecto -los profesores Paolo Cherubini, Alfonso García Leal y José Antonio Valdés Gallego- impartirán el martes (a las 19 horas) una conferencia sobre esta edición en el Palacio Conde Toreno. Posteriormente, el jueves por la mañana se inaugurará la reforma de la Capilla de los Alas, en Avilés, y por la tarde habrá un recorrido, abierto al público, por el Monasterio de Santa María de Valdedios. En este mismo escenario el concertista Óscar Candendo protagonizará un concierto de órgano barroco en la clausura del ciclo “Música en el Camino”.
Un año para la recuperación
La Consejera también hizo un balance provisional del año turístico en Asturias, “un año para la recuperación del sector”, subrayó. En los primeros diez meses de 2010, se registraron casi 1.700.000 turistas, un 1,5% más que en 2009, y más de 4.200.000 pernoctaciones. Los últimos datos confirman una tendencia al alza que ya se venía observando en los últimos meses, sobre todo en verano, en el que el número de turistas (casi 840.000 turistas visitaron Asturias durante los tres meses de verano, una cifra que supone un 2,8% más que la del año 2009), situó Asturias en niveles muy similares a los de 2007, el mejor año para el turismo asturiano. Asimismo, el Aeropuerto de Asturias ha contabilizado en noviembre el mayor número de pasajeros de los últimos cuatro años, con un crecimiento del 17% interanual, y el turismo internacional se ha elevado un 15 por ciento desde que comenzara 2010.
Por otra parte, el proyecto de presupuestos de la Consejería para 2011 eleva en un 7,4% la inversión en promoción turística y marketing para seguir impulsando, entre otras, la campaña “Asturias lo dice todo el mundo”, que ya han visto 34 millones de personas. En 2011, se difundirá esta campaña en Madrid, Cataluña, País Vasco, Galicia y Castilla y León, y también se desarrollará una web 2.0, que permitirá que los propios turistas recomienden Asturias como destino vacacional.
Solo en 2010, el Principado de Asturias ha realizado 50 acciones promocionales dirigidas a más de tres millones de potenciales visitantes. Se ha trabajado, sobre todo, en los mercados más importantes del panorama nacional (Madrid, Galicia, Castilla y León, País Vasco, Cataluña y Canarias) y en aquellos países europeos que suponen un importante mercado de origen (Alemania, Bélgica y Portugal).
O Camiño Primitivo en Pena Ferrada, tapiado e oculto baixo a vexetación
”El Camino Primitivo en Peña Ferrada se encuentra tapiado y oculto bajo la vegetación”, han hecho público los ecologistas gallegos
El pase de diapositivas requiere JavaScript.
Toques, 20 de novembro de 2010.- Uns vinte voluntarios de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) e do Foro do Camiño Primitivo trasladáronse onte ao Alto Ulla para realizar un acto reivindicativo a prol da conservación e coidado da traza orixinal do Camiño Primitivo ao seu paso polo Concello de Toques, entre os lugares de Vilamor e Vilouriz, onde se atopa un dos enclaves máis simbólicos da vía primitiva, Pena Ferrada.
O desvío do camiño histórico entre as dúas parroquias citadas por un treito máis longo, carente de sentido e oficiado pola Xunta, a través dunha sinalización fraudulenta e da apertura dunha nova pista de terra, impide aos peregrinos atravesar pola Pena Ferrada, aquela á que deu nome a lenda do cabalo branco de Santiago que deixou a súa pegada de ferro impresa na rocha.
Desgraciadamente, na xornada de onte os participantes neste acto de denuncia poidemos comprobar que mesmo as lendas e a simboloxía do camiño quedan baixo a vexetación que foi medrando sobre a vía pola deixadez e infracción da administración pública. A frondosidade da vexetación que cubría a caixa do camiño ao pé de Pena Ferrada, e que os voluntarios tentaron limpar, mesmo non deixaba adiviñar a senda orixinal.
Alén da coberta vexetal total da senda, a vía primitiva orixinal, en pouco máis de 300 metros de percorrido, converteuse nunha sucesión de obstáculos creados, aparentemente polos propietarios das parcelas que atravesa, co ánimo de disuadir aos peregrinos a continuar pola traza histórica. Nun primeiro momento, atopámonos cunha cancela de ferro que literalmente pechaba e segue a pechar o camiño. Poucos metros máis adiante un talude de terra e pedras cortaba o paso e a vista á rocha simbólica de Pena Ferrada, e a continuación, pola vía orixinal, poidemos observar de novo outra parede de terra e vexetación que os voluntarios deron superado grazas ás ferramentas e material de desbroce que levaban.
Logo desta travesía obstaculizada e abandonada, nin ADEGA nin o Foro do Camiño Primitivo poden obviar proclamar a denuncia pública da inoperancia, irresponsabilidade, falta total de sensibilidade e rigor científico demostrado pola Xunta con respecto á historia, á simboloxía e o sentido do trazado primitivo cara a Santiago, que aínda os veciños do lugar recoñecen como traza orixinal e que xa lle dan en chamar “camiño vello”.
Así mesmo, cremos indignante que teña que ser a sociedade civil, unha vez máis, a que reclame á Administración que cumpra coas súas obrigas na protección e respecto do patrimonio camiñeiro, incluso nun Ano Xacobeo no que, presumiblemente, as vías históricas adquiren maior atención e relevancia por parte das institucións públicas.
Dado que o mal tempo da xornada imposibilitou a finalización dos traballos previstos, as organizacións convocantes anuncian que retomarán esta actuación nos vindeiros meses para rematar co acondicionamento e a sinalización correcta do treito malogrado do camiño primitivo, á altura de Pena Ferrada.
VOLUNTARIADO PARA A RECUPERACIÓN DO CAMIÑO PRIMITIVO EN TOQUES (A CORUÑA)
Toques, a 16 de novembro de 2010.- Voluntarios de ADEGA e as asociacións constituíntes do Foro do Camiño Primitivo promoven para o sábado día 20 de novembro unha actividade de campo consistente na recuperación e sinalización dun treito da calzada histórica do Camiño de Santiago no Concello de Toques (A Coruña). A xornada completarase coa visita á Aula da Natureza de Souto, un roteiro polo Marco do Careón, a través do Camiño Primitivo e un magosto popular na Eira da Xoana.
A programación urxente de ditos traballos prodúcese como resposta á calamitosa actuación oficial do Xacobeo que veu investindo cuantiosos fondos públicos na consolidación dun longo desvío falsificado do itinerario histórico da rota xacobea mediante a apertura dunha pista artificial e o seu afirmado e construción de canles, así como a colocación de fitos de formigón para o desprazamento dos peregrinos, no canto de se esmerar na conservación do vieiro orixinario e milenario da vía primitiva a Compostela, a variante máis antiga do Camiño Francés.
A actividade desenvolverase o sábado día 20 nun treito duns 300 metros entre as parroquias de Santiago de Vilouriz e de Vilamor, coincidindo co lugar da Pena Ferrada, emblemática rocha cargada de simboloxía na memoria oral da Terra de Melide, descendendo a media ladeira cara poñente polo monte da Pedrosa, deica a ponte medieval de Xancabo sobre o río Lagares, e incluirá labores de limpeza da calzada e as súas marxes, roza de toxos, poda de árbores a carón, drenaxe de augas, arranxo de muros laterais, pintado de sinais, colocación de rótulos e restauración do paso para os camiñantes seguindo as pegadas históricas e as rodeiras dos carros do país.
O grupo de voluntarios e voluntarias partirá ás 11.00 horas desde a Praza do Convento do Concello de Melide cara ao lugar de actuación. Para participar é preciso chamar previamente ao 982240299 ou 638475322.
Actuación oportuna
Esta actuación “in situ” coincide coa exposición ao público do expediente de delimitación do Camiño Francés e pretende reafirmar dun xeito pragmático o principio elemental de que debe ser o rigor histórico quen determine legalmente a delimitación oficial das rotas con recoñecemento documental, concretándose tecnicamente a realidade xeográfica e autenticidade de cada tramo (criterio esencial na súa declaración como patrimonio mundial pola UNESCO).
Con esta actividade e co seu testemuño, os colectivos participantes poñen de manifesto que non permitirán novas adulteracións do itinerario físico nos camiños históricos, nin a creación de vías alternativas sen o necesario aval científico ou a postergación da calzada primitiva, lembrando que estes feitos veñen precedidos polo gravísimo atentado que no seu día destruíu o camiño empedrado nas inmediacións da Pena Ferrada (pola Leira das Calzadas e O Francés), debido ás obras de apertura dunha estrada por esta mesma vía, aproveitando fondos europeos do Plan Leader Plus Portodemouros para estragar o patrimonio camiñeiro, iniciativa bochornosa que foi responsabilidade do anterior equipo de goberno do Concello de Toques e do seu ex-alcalde.
A todo isto súmase a satisfacción pola recente sentenza do Tribunal Supremo contra o proxecto de explotación dunha mina promovida pola empresa Cuarzos Industriales S. A. nos lugares de Merlán e Hospital do territorio histórico do Camiño Primitivo ás portas da Terra de Melide, facendo prevalecer a tutela do medio ambiente e a defensa da cultura sobre os intereses especulativos, resolución que consideramos exemplarizante.
ROTEIRO E MAGOSTO
Xa pola tarde, ADEGA e o Foro do Camiño Primitivo visitarán a Aula da Natureza de Souto e realizarán un roteiro polo Camiño Primitivo a través do “Marco do Careón”, situado no límite da Dorsal galega entre Toques e Palas de Rei.
A xornada rematará cun magosto na Eira da Xoana, centro de recuperación da cultura popular de ADEGA, situado na parroquia de Ramil (Concello de Agolada), no que ademais das castañas, se poderán degustar empadas e queixos da zona e se gozará da música tradicional.
Para máis información: 638745322 (ADEGA), 616764447 (Foro do Camiño Primitivo).
Xornada etnográfica e de lecer no Alto Ulla
O sábado 20 de novembro ADEGA e o Foro do Camiño Primitivo organizan unha XORNADA ETNOGRÁFICA NO ALTO ULLA, dedicada a recuperar un treito do Camiño Primitivo que foi desviado da súa traza histórica no Concello de Toques e a gozar dunha tarde de lecer que rematará nun magosto na Eira da Xoana, para cumprir co fermoso ritual gastronómico de agasallármonos cunha boa castañada.
-RECUPERACIÓN dun treito do Camiño Primitivo en Toques.
-ROTEIRO pola Vía Primitiva no Marco do Careón.
-MAGOSTO na Eira da Xoana.
PROGRAMA
Sábado, 20 novembro
11.00 h. Recibimento dos participantes na “Praza do convento” de Melide e saída cara o lugar dos traballos, na parroquia de Vilamor (Toques).
Tarefas: desbroce, limpeza da calzada, eliminación de atrancos da calzada, pequenas podas, sinalización do itinerario clásico con frechas amarelas, colocación de rótulos informativos.
14.00 h. Xantar: cadaquén pode levar o seu xantar ou comer na Taberna“O Carburo” de Vilamor, ao pé do Camiño Primitivo.
15.00 h. Visita á “Aula da Natureza” de Souto.
15.30 h. Roteiro polo Camiño Primitivo até o Marco do Careón, no límite da “dorsal galega” entre Toques e Palas de Rei.
17.00 h. Trasladámonos á Eira da Xoana (Ramil-Agolada), onde celebraremos o magosto con castañas, empadas e queixo da zona, rematando con actuacións musicais xa pola noitiña.
NOTAS.- * Traer calzado axeitado, ganas de traballar, camiñar e farrear. Quen poida que traia tamén unha fouce. E quen queira pode traer tamén o seu instrumento musical e… non vos preocupedes polo bo humor: pómolo entre todas e todos.
*Aportación solidaria para o Magosto: 5 € ( socios: 3 €).
PARA PARTICIPAR EN CALQUERA DAS ACTIVIDADES CHAMAR ANTES DO XOVES 18 AO: 638475322, ou 982240299.