Post etiquetado ‘portuaria’

11/02/2011

El puerto de Cariño, pionero en colocar boyas para obtener energía de la fuerza de las olas

El puerto coruñés de Cariño albergará la construcción y distribución de boyas generadoras de energía a partir de la fuerza de las olas (energía undimotriz). Portos de Galicia acaba de darle a la empresa Galicia Mar Renovables la concesión para la instalación de una nave que permita el desarrollo de esta actividad.

Portos de Galicia vén de dar á empresa Galicia Mar Renovables a concesión para a instalación dunha nave que permita o desenvolvemento desta actividade

 

O PORTO DE CARIÑO ALBERGARÁ A CONSTRUCIÓN E DISTRIBUCIÓN DE BOIAS XERADORAS DE ENERXÍA A PARTIR DAS ONDAS MARIÑAS

 

  • O proxecto enmárcase na liña estratéxica de defensa da sostibilidade e as enerxías renovables que defende o ente público

 

 

Santiago, 9 de febreiro de 2011.-  O Porto de Cariño albergará proximamente un proxecto de construción e distribución directa de boias xeradoras de enerxía undimotriz, producida co aproveitamento das ondas mariñas. Para elo, Portos de Galicia, vén de outorgar unha concesión á empresa Galicia Mar Renovables para a construción dunha planta de ensamblaxe de sistemas de xeración deste tipo de enerxía renovable.

 

A concesión recolle a ocupación dunha superficie total de 5.546 metros cadrados e outórgase logo dos informes técnicos favorables por parte da administración portuaria. Así mesmo realizouse avaliación dos estudos xeotécnicos e de axitación por onda corta e larga, que conclúen que esta instalación non provocará efectos apreciables a nivel das dinámicas mariñas, na zona de influencia do porto de Cariño.

 

Este proxecto permitirá a creación de enerxía ‘verde’ nas instalacións portuarias de Cariño, ademais da súa distribución directa dende o mesmo porto. De feito, a concesión para a construción da nave de fabricación das boias recolle tamén a cláusula de distribución por vía marítima dende este punto cara ás zonas receptoras potenciais, en España e Europa.

 

A enerxía da sondas, ou enerxía undimotriz, é unha proposta novidosa que está a ser acollida como unha das máis prometedoras fontes de enexía renovable para os países marítimos, dado que non causa danos ambientais e é inagotable. O recurso potencial é vasto. En xeral estímase nuns 2.000 gigavatios, se be na Unisco teno declarado como de aproximadamente o dobre desa cantidade. Actualmente en España estanse a desenvolver proxectos pilotos similares ao que dará comezo en Cariño en zonas de Cantabria e País Vasco.

 

O proxecto de produción e distribución de boias xeradoras de enerxía undimotriz enmárcase na liña estratéxica que mantén Portos de Galicia en defensa da sostibilidade ambiental. Esta iniciativa supón un novo exemplo do esforzo por compatibilizar a produtividade das instalacións portuarias co respecto e defensa do entorno, optimizando as posibilidades das propostas máis avanzadas en materia de investigación tecnolóxica.

 

About these ads
17/01/2011

Portos de Galicia completa las reparaciones de los daños causados en la región por el temporal Becky

O ente público invertiu máis de 400.000 euros en contrarrestar os efectos da choiva e o vento sobre a costas de Lugo e A Coruña

 Portos de Galicia tiene casi completadas la práctica totalidad de las obras de reposición de los daños del temporal Becky, dos meses después del fenómeno meteorológico. Se han invertido más de 400.000 euros en contrarrestar los efectos de esa avalancha de lluvia y viento que se abatió sobre las costas de Lugo y A Coruña.

PORTOS DE GALICIA TEN REMATADAS A PRÁCTICA TOTALIDADE DAS OBRAS DE REPOSICIÓN DOS DANOS DO TEMPORAL BECKY, DOUS MESES DESPOIS DO INCIDENTE

 

Santiago, 17 de xaneiro de 2011.- Dous meses despois de que o temporal Becky azotara fortemente o norte da comunidade, Portos de Galicia ten rematadas a práctica totalidade das obras de emerxencia proxectadas de xeito inmediato para facer fronte aos efectos das fortes choivas e o vento nas costas das provincias de Lugo e A Coruña.

 

O ente público investiu máis de 400.000 euros en neutralizar os danos de maior urxencia e magnitude, que se atopan xa subsanados. A intervención inmediata dos técnicos de Portos de Galicia nas zonas afectadas permitiron que as actuacións de reposición se executasen na maior brevidade e de xeito eficaz. A inmediatez resultou fundamental tamén para poder garantir o correcto funcionamento das estruturas evitando danos maiores ou riscos para as persoas, e permitindo, do mesmo xeito, a pronta normalización da actividade portuaria e dos usuarios dos diferentes portos.

 

Na provincia de Lugo investíronse por riba de 215.000 euros nunha ducia de actuacións urxentes para a zona da Mariña. Cabe destacar, entre elas, as dirixidas ao porto de Cariño, onde se destinaron máis de 180.000 euros para a reposición do espaldón, a escolleira e o aglomerado asfáltico. Asimesmo, investíronse case 25.000 euros para os elementos deteriorados nos pantaláns de Mugardos, Vicedo e Ribadeo; e máis de 50.000 euros para a retirada de escombros, reposición de muretes, escolleiras, varandas e pavimentos nos portos de Cariño, Bares Espasante e Vicedo. Do global das obras proxectadas só resta ultimar os traballos no porto de Bares, que culminarán nos próximos días, e os de Corme, que estarán rematados a finais do próximo mes.

 

En canto á provincia da Coruña, destinouse unha partida que supera os 80.000 euros para neutralizar os danos do Becky nun total de doce portos: Suevos, Caión, Malpica, Barizo, Corme, Laxe, Arou, Camariñas, Camelle, Santa Mariña, Muros e Sada. Entre as obras de maior contía cómpre sinalar as executadas nas instalacións portuarias de Camelle, nas que se reparou o pavimento, a rede eléctrica e as varandas, cunha achega de 32.800 euros. Asimesmo cabe sinalar os investimentos no porto de Suevos, onde se repararon os danos en infraestruturas básicas e dotacións; ou as realizadas en Malpica para a reparación do desprendemento de gasóleo no peirao e o reforzo dos bloques de defensa.

04/12/2010

El cargo del Principado José María Pertierra, nuevo Director General de Carreteras del Ministerio de Fomento

NOTA DE PRENSA

 

(Viernes, 03.12.2010)

 

Declaraciones de José María Pertierra, nuevo Director General de Carreteras del Ministerio de Fomento  

A continuación reproducimos las declaraciones realizas por José María Pertierra, hasta ahora director  general de Carreteras del Principado de Asturias, tras conocerse que el Consejo de Ministros le ha nombrado Director General de Carreteras del Ministerio de Fomento:

 “En primer lugar, agradecimiento al Ministro de Fomento y al Secretario de Estado la confianza por haber pensado en mí y por darme esta oportunidad de pilotar la Dirección General de Carreteras del Ministerio de Fomento en un momento difícil por la coyuntura económica, donde obviamente hay que ajustar, priorizar y seleccionar los presupuestos en función de las necesidades del territorio y de la situación actual. Y por supuesto, agradecimiento al Presidente del Principado y al Consejero de Medio Ambiente por haberme dado la oportunidad de, durante estos seis años largos, estar a cargo de la Dirección General de Carreteras en un momento donde las carreteras asturianas asistieron a un cambio sustancial con grandes actuaciones…y sobre todo por el trato recibido, la colaboración y la lealtad. Formamos un equipo y creo que eso facilitó esta gestión y dio fluidez a una gestión de las cosas con rigor técnico, administrativo y político que hizo que salieran todas ellas adelante”.

 “Lo primero será hacerme a la idea de cómo está todo y por supuesto con una gran sensibilidad con los temas asturianos. La problemática de Asturias, las necesidades de esta comunidad autónoma las conozco de primera mano y por tanto siempre se mirarán un poco con esa sensibilidad hacia los problemas nuestros”.

JOSÉ MARÍA PERTIERRA DE LA UZ – CURRÍCULO

 

 

Soto de la Barca, 1956 (Tineo) – Asturias

Casado, 3 hijos

Ingeniero de Caminos, Canales y Puertos (Madrid 1981) 

 

La práctica totalidad de su actividad profesional transcurre en el ámbito de la Administración Autonómica, y en concreto, en el sector de carreteras, habiendo pasado por diversos departamentos, fundamentalmente Conservación y Construcción, lo que aporta un gran bagaje y un conocimiento global de la problemática de la Red Autonómica de Carreteras.

 En 1985, al poco de materializarse las transferencias en materia de carreteras, se incorpora a la Administración Autonómica como funcionario,  haciéndose cargo de las obras que se realizaban sobre la Red Transferida del Estado.

 Entre Abril de 1986 y Diciembre de 1993 desempeñó el puesto de Jefe de la Sección de Conservación del Servicio de Carreteras; y entre Diciembre de 1993 y Julio de 1997, como Jefe del Servicio de Conservación y Explotación Viaria primero, y de Conservación Viaria después.

 De Julio de 1997 a Octubre de 1999 ocupó el puesto de Responsable de la Oficina de Supervisión  de Proyectos y de la Sección de Coordinación Viaria.

 Desde Octubre de 1999 hasta el 27 de mayo de 2004  ocupó la Jefatura de Servicio de Construcción de la Dirección General de Carreteras

 Con fecha  27 de mayo de 2004 es nombrado Director General de Carreteras de la Consejería de Medio Ambiente, Ordenación del Territorio e Infraestructuras, cargo que viene desempeñando hasta el momento actual. 

Entre los logros más destacados se encuentra la planificación y ejecución del Plan Autonómico de Carreteras de Asturias 2002-2010 que ha conseguido vertebrar todo el territorio asturiano y la preparación del siguiente Programa de Actuación Territorial 2010-2020 que se está tramitando y que marcará las líneas maestras de las carreteras asturianas en los próximos años.

 Debido a su dilatada experiencia en la materia, la conservación y la seguridad vial han sido siempre dos de sus prioridades.

 Ha participado como ponente y colaborador en numerosos congresos. Además forma parte de los consejos de administración de entidades como la Autoridad Portuaria de Avilés, el Ente Gestor de Infraestructuras de Telecomunicaciones del Principado, el Centro de Transportes de Gijón, el Consorcio de Transportes de Asturias y es también miembro de la Comisión de Asuntos Medioambientales de Asturias y de la Comisión de Urbanismo y Ordenación del Territorio de Asturias.

01/12/2010

La Xunta aboga por combinar el aparcamiento con la protección a los restos arqueológicos del Parrote en A Coruña

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

A DIRECCIÓN XERAL DO PATRIMONIO CULTURAL CONSIDERA BÁSICO A RESOLUCIÓN DO PARROTE A TRAVÉS DUNHA PROPOSTA CONSENSUADA POR TODAS AS PARTES IMPLICADAS

 La Dirección Xeral de Patrimonio Cultural considera “básico” que se halle una resolución para la muralla romana del Parrote de A Coruña a través de una propuesta consensuada por todas las partes implicadas. La Comisión Territorial de Patrimonio Gallego Histórico de A Coruña considera compatible la ejecución de un aparcamiento con la protección y puesta en valor del Patrimonio, siempre que el documente final del Plan Especial se ajuste a los criterios marcados por la Consellería de Cultura y Turismo.

  • A Comisión Territorial de Patrimonio Histórico Galego da Coruña considera compatible a execución do aparcadoiro e a protección e posta en valor do Patrimonio sempre que o documento final do Plan Especial se axuste aos criterios da Consellería de Cultura e Turismo.
  • Os volumes permitidos polo Plan Especial do Porto teñen que estar en consonancia coa posta en valor do patrimonio cultural e a recuperación da calidade urbana no ámbito da Mariña e na Dársena da cidade.

 

Santiago 1 de decembro de 2010.- O director xeral do Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel, presidiu a xuntanza extraordinaria da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico Galego da Coruña. Á reunión asistiron asemade representantes do Concello da Coruña así como tamén representantes da Autoridade Portuaria da Coruña, convidados expresamente co obxecto de que todos os vocais que conforman o órgano colexiado puideran coñecer dun xeito directo as opinións, e manifestacións, dos promotores da proposta.

Nesta xuntanza tivo lugar a exposición do proxecto por parte dos técnicos do Departamento Territorial na que participaron asemade os representantes do Concello da Coruña e da Autoridade Portuaria, así como dos vocais que compoñen a comisión. Unha vez rematada a fase expositiva, abordouse o debate interno da Comisión Territorial de Patrimonio Histórico Galego da Coruña.

Tras a análise pormenorizada do documento, a Dirección Xeral de Patrimonio ve compatible a realización dun aparcadoiro soterrado na zona, e a protección e posta en valor dos bens a protexer pola Consellería. Non obstante, o documento final do Plan Especial deberá axustarse aos criterios da Consellería de Cultura e Turismo relativos á protección e recuperación do Patrimonio. Deste xeito, unha vez corrixido o documento do Plan Especial do Porto deberá ser aprobado polo Concello da Coruña e someterse a informe da Xunta de Galicia.

A Consellería de Cultura e Turismo considera esta actuación de gran importancia para a cidade da Coruña debido a que se actúa nunha zona estratéxica como é o casco histórico que se configura como espazo de conexión entre a cidade vella e o mar. A este respecto, desde a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural enténdese que a actuación ten que estar encamiñada á recuperación deste espazo á escena pública da cidadanía.

Por outra banda, non se pode esquecer a importancia que esta actuación vai ter nunha das fachadas mais emblemática da cidade. Os volumes permitidos polo Plan Especial do Porto, así como a linguaxe arquitectónica na que se formalicen sobre rasante, teñen que estar en consonancia co papel que desenvolverán na imaxe da Mariña e na Dársena da cidade. Estes volumes deberán contribuír á posta en valor do patrimonio cultural e a recuperación da calidade urbana neste ámbito.

Asunto de transcendencia

A Dirección Xeral do Patrimonio, dada a importancia dos restos arqueolóxicos afectados pola actuación do porto, encargou un informe técnico á ‘Escola Superior de Restauración e Conservación de Bens de Culturais de Galicia’ sobre as pautas na conservación das madeiras e da pedra da cimentación do baluarte. Así mesmo tamén incorporouse ao expediente un informe histórico asinado polo Director do CIEFAL-ICOMOS no que se indica dun xeito expreso os criterios de intervención neste tipo de bens.

Durante meses os servizos técnicos da Consellería veñen realizando un exhaustivo traballo de documentación para  acadar unha solución á problemática existente nunha das zonas mais sensibles da cidade que forma parte do conxunto histórico declarado Ben de Interese Cultural.

19/11/2010

El puerto de Cariño vuelve a la normalidad mientras se reparan los desperfectos de la borrasca

Neste momento, no porto comercial está a producirse a actividade de carga e descarga de graneis sólidos

 El puerto de Cariño en la provincia de A Coruña normaliza su actividad portuaria, mientras prosiguen las obras de reparación del dique. En este momento, en el puerto comercial se desarrolla la carga y descarga de graneles sólidos

O PORTO DE CARIÑO NORMALIZA A SÚA ACTIVIDADE PORTUARIA, MENTRAS SE ESTÁN A EXECUTAR AS OBRAS DE REPARACIÓN DO DIQUE

 Ver noticia relacionada

Santiago, 19 de novembro de 2010.- O porto de Cariño xa normalizou a súa actividade portuaria, mentres se están a executar as obras de urxencia correspondentes á reparación e reposición do espaldón do dique de abrigo. Neste momento, no porto comercial está a producirse a normal actividade de carga e descarga de graneis sólidos.

 O temporal do pasado día 9 provocou importantes danos na estrutura portuaria que afectaron ao dique, desprazando parte da  escollera. O desprazamento provocou o derrubo cara ao interior de 32 metros de espaldón do dique principal do porto de Cariño. Tamén se produciron desperfectos en 825 metros cadrados de pavimento de aglomerado asfáltico existente no viario do porto de Cariño.

 Portos de Galicia acometeu estas obras de reposición tras detectar a falta dun tramo significativo de espaldón no porto de Cariño, esa existencia dos restos do espaldón caído sobre o propio dique no extremo do peirao comercial, así como a falta dunha cantidade sensiblemente importante de escollera no dique do porto de Cariño, onde esta estrutura é máis sensible. Portos está a traballar coa maior urxencia para salvagardar a integridade do dique e para evitar posibles problemas coa seguridade da navegación e do persoal que traballa no porto de Cariño.

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 3.229 seguidores

%d bloggers like this: