Post etiquetado ‘personalidad’

07/12/2010

La Xunta declara que la cultura gallega “está de luto” con el fallecimiento del historiador Marcos Valcárcel

Feijóo con Valcárcel. Foto: elcorreogallego.es

ROBERTO VARELA LAMENTA O PASAMENTO DE MARCOS VALCÁRCEL,”UN DOS MELLORES HISTORIADORES DAS ÚLTIMAS DÉCADAS”

 

 El conselleiro de Cultura lamenta el fallecimiento de Marcos Valcárcel, “uno de los mejores historiadores de las últimas décadas”

  • O conselleiro de Cultura e Turismo asegurou que, ante a marcha do historiador ourensán, “a cultura galega, na que Marcos tiña unha gran fe, tamén está de loito”

 

Santiago, 7 de decembro de 2010.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela trasladou, no nome do Goberno galego, o profundo pesar pola morte do historiador ourensán, Marcos Valcárcel. O especialista no estudo da Xeración Nós e profesor do instituto de A Carballeira levaba dous anos afectado por unha enfermidade dexenerativa que finou coa súa vida o domingo no seu domicilio de Ourense. 

 Roberto Varela expresou, no nome do Executivo galego, as condolencias á familia de Marcos Valcárcel “pola irreparable perda que sufriron”.  Así mesmo, o conselleiro de Cultura asegurou que, ante a marcha do historiador ourensán, “a cultura galega, na que Marcos tiña unha gran fe, tamén está de loito”.

 O responsable de Cultura destacou a figura de Marcos Valcárcel como “un dos mellores historiadores das últimas décadas, un home de grandes coñecementos e un digno herdeiro da Xeración Nós e dos intelectuais ourensáns aos que dedicou boa parte da súa obra”.

 En verbas de Roberto Varela “a mellor homenaxe que lle podemos facer a un historiador que sempre reivindicou o seu labor docente é non deixar nunca de estudar a infinita riqueza da cultura de Galicia e o legado dos grandes persoeiros da nosa terra, entre os que Marcos Valcárcel xa se atopa por dereito propio”. 

About these ads
Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 3.232 seguidores

%d bloggers like this: