Posts tagged ‘nadela’

27/05/2012

Hallan el cuerpo de la vecina desaparecida desde el jueves en la localidad lucense de Nadela

HALLAN DESAPARECIDA

El cuerpo sin vida de Paz Vila Reboredo, la mujer de 88 años, vecina de San Xoán de Pena, Nadela (Lugo), que llevaba desaparecida desde el jueves, fue encontrado sobre las cinco de la tarde del sábado 26 de mayo de 2012 por vecinos que participaban en las tareas de búsqueda.

El cadáver fue hallado en una zona residencial donde la hierba está bastante grande.

About these ads
07/01/2011

La Xunta invertirá 700 millones de euros en 140 kilómetros de autovía de la red gallega

A XUNTA DE GALICIA INVESTIRÁ MÁIS DE 700 MILLÓNS DE EUROS EN PRETO DE 140 QUILÓMETROS DE AUTOVÍAS DA REDE GALEGA

 Algunhas autovías, como a da Costa da Morte e a autovía Ourense- Celanova (A-52) superarán os 100 millóns de euros de investimento
 A Xunta licitará no mes de xaneiro o corredor do Morrazo

Santiago, 6 de xaneiro de 2010.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, investirá máis de 700 millóns de euros en case 140 quilómetros de autovías da rede galega.

Concretamente, o departamento que dirixe Agustín Hernández potenciará as autovías de Ourense-Celanova, Costa da Morte, o treito Curro-Baión, a Terceira Ronda da Coruña, a Autovía da Plisan e a autovía do Morrazo.

Dende a Consellería de Medio Ambiente apostase polo potencial da obra pública como unha medida para axudar á creación de emprego, xa que as autovías da Costa da Morte ou Ourense-Celanova (A-542) superarán os 100 millóns de investimento.

Autovía Ourense-Celanova (A-52)
A autovía entre Ourense e Celanova terá preto de 19 quilómetros, inclúe tres viadutos sobre os ríos Arnoia, Rego do Porto e Ourille, e nela prestóuselle especial atención á permeabilidade para garantir a comunicación entre as súas marxes, contando con trece pasos superiores e dezaseis inferiores. No seu conxunto, a autovía supuxo un investimento de máis de 110 millóns de euros. Neste momento, o eixo de comunicacións A 52-Fronteira Portuguesa, concretamente no seu primeiro tramo: VAC A-52 – Celanova Sur, a súa porcentaxe de execución do 26,85% do orzamento total de dito tramo. A obra articúlase cun total de cinco enlaces, dous nos seus extremos e tres intermedios para conectar os núcleos da Merca, A Barxa e Celanova Centro. Grazas a este último permítese que a autovía funcione como unha circunvalación do núcleo celanovés. Coa posta en servizo desta infraestrutura, a conexión coa cidade de Ourense farase en 15 minutos, fronte aos 25 que se precisan hoxe, en condicións normais.

Autovía Costa da Morte
A obra da Autovía da Costa da Morte supón a execución dunha nova Vía de Alta Capacidade entre o municipio de Carballo (AG-55) e o municipio de Vimianzo (Berdoias), discorrendo ademais polos municipios de Coristanco, Cabana de Bergantiños e Zas, cunha lonxitude de 42 quilómetros. Tal e como se comprometera o Goberno galego, esta infraestrutura foi licitada o pasado día 30 de decembro por un importe de 784 millóns de euros (Ive engadido).

Esta actuación suporá unha importante mellora nas comunicacións da zona da Costa da Morte e A Coruña, solucionando os problemas de capacidade viaria actual e futura da para a zona e mellorando a seguridade viaria. As principais poboacións situadas cerca do trazado terán conexión directa cunha vía que os comunicará a través dunha Vía de Altas Prestacións coa capital da provincia.Con esta actuación acadarase un aforro en tempo de percorrido de 17 minutos por viaxe. E mellorará directamente a calidade de vida de máis de 118.300 habitantes servidos de 8 Concellos: Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Vimianzo, Zas, Dumbría, Cee e Fisterra.

Corredor Curro-Baión
A Consellería de Médio Ambiente, Território e Infraestruturas iniciará no ano 2011 as obras da Autovia Vilagarcía-Pontevedra, entre Curro e Baión, co obxectivo principal de incrementar a capacidade da estrada PO-531. A lonxitude deste vial é de 7,46 quilómetros e conta cun orzamento de 82,36 millóns de euros.

O desenvolvemento desta actuación implicará mellorar a comunicación aos concellos da Comarca do Salnés, completar a estruturación e articulación da rede de infraestructuras de transporte en Galicia e mellorar as condicións de accesibilidade e da mobilidade das persoas. Tamén se garantirá a seguridade no transporte e mellorarase a seguridade vial

O orzamento deste proxecto (incluídas as expropiacións, servizos afectados, e asistencias técnicas) estimativo: 82,36 millóns de euros (17,85 millóns de euros do treito 1 e 64,55 millóns de euros do treito 2).

A Xunta de Galicia someteu a trámite de información pública complementaria o trazado do segundo treito da Autovía Curro-Baión, concretamente o tramo que enlaza a costa coa localidade pontevedresa de Baión, co obxectivos de adaptar o trazado entre o PK 1+930 ao 3+400, para reducir a afección ás canteiras. Lembrar que o trazado e construción detallado no estudo informativo debería axustarse á alternativa aprobada, tendo, por motivos construtivos, a posibilidade de flutuar dentro dunha banda de 100 metros a cada lado do eixe.

Terceira Rolda
Ao longo de 2011 a Xunta impulsará as obras da Terceira Rolda da Coruña é unha nova vía de 6 carrís (3+3) e unha lonxitude de 4,5 quilómetros que ten como obxecto dar comunicación a toda a zona oeste da península da cidade, permitindo a conexión coa AC-552, AG-55 e AC-14 (novo acceso do Ministerio de Fomento a cidade da Coruña) sen pasar polo centro da cidade.

Co derradeiro tramo da Terceira Rolda, que supón a conexión coa futura autovía AC-14 en Lonzas (treito III) a Xunta de Galicia finaliza os trámites necesarios para levar a cabo a finalización da infraestrutura. As obras implican unha achega económica de 18.362.073,53 euros, que sumados aos orzamentos das actuacións dos tramos anteriores, a aportación do Goberno galego elévase a máis de 82 millóns de euros.

Autovía conexión Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves
Outro proxecto que a Consellería potenciará a través do impulso á execución de obra é a Autovía de acceso á Plisan. A autovía de enlace entre a Plataforma loxística Salvaterra-As Neves (PLISAN) e a autovía das Rías Baixas (A-52), adxudicouse por un importe de 18,2 millóns de euros. Esta actuación forma parte dos proxectos do departamento que dirixe Agustín Hernández para mellorar as comunicacións viarias da Comunidade galega e, en consecuencia, facilitar as relacións comerciais e laborais das empresas e entidades localizadas nesta zona, e o seu acceso ás vías de alta capacidade de conexión coa Meseta e co norte de Portugal.

Esta nova infraestrutura terá unha lonxitude é de 4,5 quilómetros e a sección do tronco terá un ancho de 29 metros. Os usuarios poderán circular a unha velocidade media de 80 qm/h.Esta vía contará con tres enlaces, distribuídos da seguinte maneira: o enlace de Puzo, que conectará coa autovía A-52; o enlace de Vales, que conectará coa rede viaria local; e o enlace de PLISAN, que conectará coa plataforma loxística.

Autovía do Morrazo
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas adxudicará no ano 2011 a obra de desdobramento (conversión en Autovía) do Corredor do Morrazo. Esta actuación é considerada pola Xunta de Galicia como fundamental para resolver os problemas de capacidade viaria presente e futura na zona, mellorando a estrutura territorial de comunicacións da comarca do Morrazo co Eixo Atlántico.

A autovía do Morrazo contará cunha inversión de 86 millóns de euros. O desdobramento aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto do trazado do desdobramento do corredor do Morrazo (CG- 4.1) Dende o Goberno galego deféndese que esta actuación é necesaria debido á actividade e intensidade de tráfico deste vial de 15 quilómetros de lonxitude, que nace en Rande e discorre ata o Alto da Portela, cunha calzada única e pouca lonxitude de adiantamento.

Corredor Brión-Noia e Nadela-Sarria
Como mostra do impulso que a Consellería quere dar ás infraestruturas, no presente ano a Xunta aprobará o plan económico-financeiro dos desdobramentos do corredor Nadela Sarria- e Brión- Noia, dos cales saíu publicado esta mesma semana no DOG da redacción do proxecto de trazado.

O desdobramento do Corredor Brión-Noia que se prevé levar a cabo para convertilo en autovía supón a creación dunha nova infraestrutura viaria que dará continuidade á autovía AG-56 de Santiago a Brión e que actualmente está en servizo.
Polo que o proxecto consistirán na construción do vial que conectará o corredor coa estrada que une a cidade de Santiago de Compostela coa localidade coruñesa de Noia (AC-543) na altura do núcleo de Sampaio. Así mesmo, será necesario desdobrar os viadutos de Naveira no Treito Brión-Martelo e o viaduto de Pasares no Treito Martelo-Noia e ampliar un paso inferior existente no entronque con la AG-56. Cómpre recordar que o contrato de servizo para a redacción do proxecto de trazado e impacto ambiental do desdobramento do corredor Nadela- Sarria, a Xunta de Galicia achega un importe de máis de 285.000 euros para levar a cabo este proxecto de trazado e impacto ambiental da obra, un paso máis para a execución do desdobramento da citada infraestrutura viaria. O orzamento desta obra, cuxa lonxitude supera os 18 quilómetros, ascende aproximadamente a 40 millóns de euros.

Por outra banda, o desdobramento do Corredor de Nadela-Sarria proxectarase coma unha nova autovía para o treito comprendido entre o Enlace de Nadela ata a súa conexión co Corredor Sarria-Monforte, actualmente en obras, completando unha lonxitude total aproximada de 26,79 km.

A duplicación do corredor deséñase cunha nova calzada paralela á existente sobre a marxe esquerda, sentido Nadela-Sarria, de xeito que non será necesario cambiar de marxe en ningún punto para acometer a duplicación. Adoptarase coma velocidade de proxecto para o tronco de 100 km/h, de xeito que as características técnicas se correspondan cunha sección de autovía A-100, aínda que os parámetros xeométricos en planta correspóndense cunha autovía A-120.

Ao longo do trazado preséntanse varios enlaces existentes, que deberán adecuarse ao desdobramento con leves actuacións: Enlace de O Corgo, Enlace de Maceda, Enlace de Pobra de San Xiao, Enlace de Sarria Norte, Enlace de Sarria Centro, Enlace de Sarria Sur. O orzamento total das obras, incluído o IVE, aproximadamente a case 64 millóns de euros.

26/12/2010

Un fallecido en una colisión frontal múltiple en el corredor Nadela-Sarria

Un conductor de 71 años, vecino de O Páramo (Lugo), Santos Tojo López, perdió la vida en la mañana del 24 de diciembre tras verse implicado en una colisión frontal múltiple en el corredor Nadela-Sarria.

El accidente se produjo a las 9:30 horas de la mañana en el kilómetro 15. Fuentes de la Guardia Civil apuntan como posible causa del accidente un comportamiento incorrecto en un adelantamiento.

Asimismo sufrió heridas graves la conductora de otro vehículo, M.C.L.L. de 30 años, vecina de Paradela (Lugo) y resultó herido leve un pasajero del mismo turismo.

En el mismo lugar colisionó por alcance otro vehículo, que apenas sufrió daños materiales. Su conductor salió ileso de este suceso.

Como consecuencia del siniestro hubo que regular el tráfico en esta carretera.

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 3.529 seguidores

%d personas les gusta esto: