Post etiquetado ‘incineracion’

07/05/2012

Descubren en dos naves de As Neves 15 toneladas de cadáveres de animales

EN AS NEVES

El Servicio de Protección de la Naturaleza (Seprona) de Vigo ha descubierto en el municipio pontevedrés de As Neves un gran almacén de cadáveres de animales domésticos y salvajes.

Los agentes de la Guardia Civil localizaron en dos naves ubicadas a las afueras de esta localidad, en una antigua empresa de curtidos, alrededor de 15.000 kilos de cuerpos que se presume que proceden en su mayor parte de mascotas que particulares depositan en clínicas veterinarias, perreras, centros de hípica o mataderos.

Los cuerpos se almacenaban sin autorización ni documentación para acreditar su destrucción de acuerdo con el reglamento comunitario, según pudieron comprobar los miembros de la investigación.

Las pesquisas realizadas les llevaron también hasta el municipio de Salceda de Caselas (Pontevedra), donde localizaron un total de 160 animales muertos en las instalaciones de una empresa relacionada con el mundo animal, en el momento en el que iban a ser cargados en un camión.

Los ejemplares se encontraban frescos y en estado de descongelación, sin que los responsables pudiesen acreditar autorización alguna para su almacenamiento. Del mismo modo, también se conservaban de manera irregular cuerpos sin vida de perros, gatos, jabalíes, jinetas y aves de pequeño tamaño.

La normativa califica como «subproductos animales» los cuerpos enteros o partes de ejemplares que no están destinados al consumo humano. Los restos hallados en ambas localidades se encuentran dentro de la categoría 1 , que es la que exige un mayor control en su gestión para impedir que se introduzcan en el mercado para regresar a la cadena alimenticia, puesto que muchos ejemplares pueden haber padecido enfermedades infecciosas o haber estado a tratamiento con medicamentos. La normativa obliga a su destrucción mediante la incineración.

About these ads
20/04/2012

Día da Terra 2012: manifestación en Lalín contra la incineración

Día da Terra 2012: manifestación en  Lalín contra a incineración

DÍA DA TERRA

 Este domingo 22 de abril, Día da Terra, o movenemto ecoloxista galego fai un chamado á cidadanía  para expresar o seu rexeitamento (mentres sexa legal facelo) ás intencións da Xunta de seguir apostando pola incineración dos residuos e construir unha nova incineradora no sur de Galiza.

Malia aos cantos de serea da administración insinuando que desbotaba a ubicación do Irixo, o certo é que mentres a incineración siga sendo o  sistema preferido polo PP para tratar os residuos galegos,  ningunha comarca estará libre da ameaza das dioxinas.

                Acode a Lalín este domingo 22 en defensa da túa terra e  da túa saúde!

 

07/02/2012

Se crea la plataforma gallega por el reciclaje: por una nueva política de gestión de residuos sin incineración

Ourense, 6 de febreiro de 2012. Neste día, constituiuse en Ourense a Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe, co obxectivo de unir os esforzos de todos os colectivos, organizacións, plataformas e persoas que rexeitamos a incineración como sistema para o tratamento dos residuos e defendemos as alternativas baseadas na redución, a reciclaxe e a compostaxe. Inicialmente promovida polas principais organizacións ecoloxistas galegas (ADEGA, Amigos da Terra, a FEG -18 organizacións-, SGHN e Verdegaia) a Plataforma está aberta a todos os colectivos sociais, dende partidos politicos e sindicatos a organizacións sectoriais, profesionais e por suposto ás plataformas locais que asinen o Manifesto fundacional.

 

MANIFESTO da Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe

Por unha nova política na xestión dos residuos sen incineración

As organizacións e movementos sociais asinantes deste documento entendemos que as políticas públicas de xestión dos residuos afectan ás nosas vidas de forma directa: A xestión inadecuada dos residuos, xerados en cantidades crecentes, contamina a atmosfera, o solo e as augas, causa o desbaldimento de enerxía e materias primas, deteriora a paisaxe, provoca enfermidades, destrúe emprego… Estas consecuencias son ben coñecidas no noso país, onde despois de 12 anos co modelo SOGAMA estamos lonxe de aplicar solucións compatibles coa protección do ambiente e co uso racional dos recursos, sendo imprescindíble un cambio de orientación nas políticas de xestión dos residuos.

Entendemos que a cultura do usar e tirar non ten futuro a longo prazo e que é preciso trocar con urxencia tanto estas políticas como o actual modelo de consumo para acadarmos unha xestión dos residuos inocua para a nosa saúde, sustentable a nivel medio ambiental, viable economicamente e xeradora de emprego que nos permita superar a actual crise económica e ambiental.

Os poderes públicos deberían promover unha axeitada xestión e tratamento dos residuos mediante solucións non nocivas para a saúde, respectuosas co ambiente e compatibles co uso racional e sustentábel dos recursos. A este respecto, entendemos que o actual modelo SOGAMA baseado na incineración supón un obstáculo para o desenvolvemento de sistemas de produción limpa e para o establecemento dunha estratexia baseada nos 3 “R” (Redución, Reutilización e Reciclaxe).

Portanto, os colectivos asinantes documento rexeitamos a incineración como sistema para o tratamento dos residuos porque é:

Contraria á lexislación europea, estatal e galega: O actual modelo SOGAMA promovido pola Xunta de Galicia subverte a prioridade na xerarquía de tratamento consagrada nestas lexislacións, que é por esta orde:

-Prevención da xeración de residuos e da súa perigosidade (onde se considerarían a Redución e a Reutilización)
-Valorización dos recursos materiais (isto é, a Reciclaxe e a compostaxe)
-Aproveitamento enerxético e verquido.
Ademais, a incineración fomenta o aumento da produción de lixo en troques de reducilo, dificulta a reutilización, a reciclaxe e a compostaxe e aumenta a perigosidade dos residuos.

Perigosa para a saúde: A incineración aumenta a perigosidade dos residuos, emitindo no proceso substancias tóxicas (dioxinas, furanos, PCBs, metais pesados, partículas…) que contaminan o aire, o solo e a auga. Numerosos estudos científicos demostran a perigosidade destas substancias para a saúde ambiental e cidadá, de xeito que polo carácter persistente e bioacumulativo de moitas delas, non existe un umbral mínimo de protección. As instalacións de incineración, coa tecnoloxía actual máis avanzada, non son quen de garantir unha emisión cero destas substancias, polo que incumpren tamén o Principio de Precaución e o de Mínima Exposición, incorporados en numerosos tratados internacionais, ao existiren tecnoloxías alternativas máis limpas e inocuas.

Insustentable ambientalmente: A incineración supón un desbaldimento das materias primas contidas nos residuos, incrementa a súa toxicidade ambiental e non reduce a necesidade de vertedoiros. É tamén unha das fontes máis importantes de emisión directa e indirecta (transporte) de gases de efecto invernadoiro (CO2, e ) causantes da mudanza climática, e tamén de NOx, causantes da chuvia ácida. As emisións sólidas, líquidas e gasosas contaminan o medio, as terras de cultivo e os alimentos producidos nun radio de 10 km 1están afectados pola emisión de compostos químicos perigosos , así como partículas e micropartículas persistentes no ser humano, nos solos agrícolas e nos alimentosen moitos quilómetros arredor das incineradoras. Ademáis, requiren de macrovertedoiros asociados nos que depositar os refugallos non tratados (máis do 50% no caso de SOGAMA) e doutros vertedoiros especiais para depositar os residuos tóxicos e perigosos (cinsas, lixiviados, etc.).

Fraude, ruína económica e exemplo de ineficiencia: O alto custo de construción dunha incineradora (SOGAMA orzamentouse inicialmente en 143 millóns de €, e actualmente abeira os 400) e o caro do seu mantemento, acaba sendo sufragado polos concellos, ficando moitos afogados polas débedas. Dende o principio a Xunta decretou unhas tarifas políticas para facer menos custosa a incineración: a día de hoxe, incinerar custa uns 120€ por tonelada, pero verter só 15€. SOGAMA cobra 60€ pero non está a cumprir o acordado cos concellos: estes pagan polo transporte e tratamento (incineración) pero a maior parte do lixo vai directamente a vertedoiro: velaí o negocio. A isto hai que engadir a ineficiencia enerxética da queima do lixo: SOGAMA consume máis enerxía da que produce (xerou en 2008 459.867 Mw e consumiu 507.914 Mw segundo a última memoria de actividade da compañía publicada) fundamentalmente pola queima de gas natural (subministrado por GN-Fenosa, operadora da incineradora de Cerceda).

Miserable na xeración de empregos: Nas 10 incineradoras do estado traballan entre 560 e 1000 persoas. Estes empregos son absoluta e porcentualmente máis baixos que os xerados por unha planta de compostaxe, por exemplo a do Barbanza. Así en SOGAMA traballan 91 persoas, mentres que na planta de compostaxe de Lousame fanno 150. Os empregos que xera SOGAMA por cada 100.000 toneladas tratadas son 14, o ratio máis baixo de todas as incineradoras do estado. En comparación, a planta do Barbanza ten 150 empregados/as e trata 34.000 Tm/ano. Para 100.000 Tm, xeraría 438 postos de traballo. Mais as incineradoras tamén destrúen emprego: na agricultura, gandería, turismo, termalismo… sectores que veranse perxudicados polo impacto ambiental das emisións. Á vista desta realidade, e tendo en conta o orzamento da nova incineradora do Irixo (200 millóns de €) e os supostos empregos creados (200), resultaríaun investimento de 1 millón de € por posto de traballo: outra das mentiras da incineración e unha das meirandes estafas que se pretenden facer á cidadanía galega.

Os asinantes deste manifesto acreditamos que outro modelo de xestión dos residuos é posible, e comprometémonos a dar pulo a outros sistemas baseados na xerarquía de tratamento que marca a directiva de residuos, orientados á redución, á reutilización, á reciclaxe e á compostaxe, e que hoxe son xa unha realidade no noso país. Calquera nova instalación ou sistema para xestionar os residuos debería basearse en:

Fomentar a participación activa da cidadanía: Os asinantes deste manifesto consideramos que o éxito na implantación de calquera sistema de xestión depende da colaboración e do grao de participación real da cidadanía. O público non só debe estar informado senón tamén poder avaliar a participar activamente no proceso dende o inicio, achegando propostas, avaliando resultados e contribuíndo a solucionar os problemas que vaian xurdindo.

Priorizar a redución en orixe e a reutilización, fomentando a cultura do “residuo 0″. Os obxectivos de prevención deben ser máis ambiciosos que a redución do 10% con respecto aos níveis de 1990 comprometido pola Xunta no Plano de Residuos para 2020. Medidas como a prohibición das bolsas dun só uso, o establecemento de medidas fiscais que penalicen o sobreenvasado e a xeración de envases perigosos e custosos de reciclar, a implantación de sistemas de devolución, depósito e retorno (SDDR), a educación ambiental e a prevención de residuos a nível domiciliario facilitando e premiando a mudanza de hábitos, o fomento da venda a granel no comercio, etc. son algunhas destas propostas.

Potenciar novos modelos de recollida selectiva: Baseados no sistema “Húmido/Seco” fronte o actual modelo da “bolsa negra”, para permitir unha correcta separación en orixe dos distintos compoñentes do lixo, en especial da materia orgánica; e aplicar esquemas de recollida selectiva porta a porta que permiten acadar níveis de recuperación material de até o 80%.

Convertir a compostaxe no motor principal da redución: Co 50% de materia orgánica en cada bolsa do lixo, a compostaxe doméstica, comunitaria, comarcal e descentralizada debe ser un dos principais sistemas para reducir a cantidade dos residuos a tratar no sistema público e converter os residuos orgánicos en fertilizante natural para o agro e os montes galegos, devolvendo os nutrintes e a fertilidade á terra.

Desevolver industrias da reciclaxe para a fracción non compostable, especialmente o vidro, metais e papel-cartón que permitan aproveitar a maior cantidade da fracción resto e nos afaste do raquítico 6,8% de valorización material de SOGAMA, aproximándonos aos obxectivo do 50% que fixa a directiva para 2020.

Establecer un sistema descentralizado de xestión que minimice o absurdo desbaldimento enerxético e o custo económico do transporte de residuos e implante a lóxica (e a obriga legal) de tratar o residuo preto de onde se produce (Principio de Proximidade)

As organizacións e movementos sociais asinantes deste documento acreditamos na necesidade dunha nova cultura na xestión dos nosos residuos que nos permita velos como valiosos recursos que aproveitar antes que como problema: Coas correctas políticas de xestión e tratamento, os residuos poden converterse nunha fonte de fertilidade para a terra e unha ferramenta máis para a conservación dun ambiente saudable. Poden ser tamén unha oportunidade para xerar emprego e un importante pulo para camiñarmos cara unha economía máis ecolóxica e respectuosa cos recursos naturais do país.

NON Á INCINERACIÓN, SÍ Á RECICLAXE

Ourense, 6 de febreiro de 2011

Asinan:

ADEGA, Amigos da Terra, Feferación Ecoloxista Galega (formada polos grupos ADEGA, ADENCO, APDR, Asemblea do Suído, CES, Coto do Frade, GN Hábitat, Guerrilleiros das Fragas, Luita Verde, MEL, Naturviva, Néboa, Niño do Azor, Oureol, Vaipolorío, Verboxido, e Xevale), Sociedade Galega de historia Natural e Verdegaia.

02/02/2012

Un pasquín difundido por la comarca del Irixo en el sur de Galicia elogia las bondades de la incineradora que pretenden construir en la zona

INCINERADORA SALVADORA

NOTA DIFUNDIDA POR ADEGA

O “think tank” da Xunta e o lobby incinerador contraatacan!

31 de xaneiro de 2012.

Este pasquín estase a repartir pola comarca do Irixo onde se pretende construir a incineradora do sur. Semella que o gabinete de comunicación da Xunta decantouse polo “low cost” e o ridiculismo. Como estratexia para reforzar a oposición á incineración, é impagábel. Failles caso: colabora e difúndeo entre os teus contactos! A incineración vai acabar coa fame no mundo!

27/04/2011

Adega presenta los programas de compostaje comunitarios en cuatro concejos gallegos

Mañán mércores 27 de abril ás 12h na sala circular do Auditorio de Galiza en Compostela, ADEGA apresentará os PROGRAMAS DE COMPOSTAXE COMUNITARIA nos concellos de Santiago de Compostela, Cambre, Fene e San Sadurniño.
Trátase dun paso máis na xestión dos refugallos orgánicos nas áreas urbanas, desta volta por parte de comunidades veciñais e barrios, e que complementa á compostaxe caseira nas áreas rurais.
Estes programas supoñen unha aposta decidida pola redución, a compostaxe e a corresponsabilización da cidadanía na xestión dos refugallos, fronte á incineración e o despilfarro de recursos do modelo SOGAMA que a actual Xunta teima en defender.

No acto intervirán:

-María R. Lafuente, vogal de residuos de ADEGA e coordenadora dos programas de compostaxe.
-Virxinia Rodríguez, Presidenta de ADEGA.

Etiquetas: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,
16/12/2010

Siete UTEs se interesan por construir la incineradora central en Asturias

NOTA DE PRENSA

 

(Miércoles, 15.12.2010)

 

Siete uniones temporales de empresas (UTE) han solicitado su admisión en el proceso de licitación de la incineradora de COGERSA

 

  • En total suman 23 compañías de diferente procedencia pues, junto a las españolas (entre ellas siete asturianas), hay varias europeas y otras que operan globalmente

 

  • El Consorcio aspira a aprobar el listado de admitidos al proceso en el mes de enero

 

 

Un total de siete uniones temporales de empresas (UTE) han solicitado ser admitidas en el proceso de licitación para el proyecto, la obra y la puesta en marcha de la planta de valorización energética, iniciado el pasado mes de noviembre por el Consorcio para la Gestión de Residuos Sólidos de Asturias (Cogersa). El plazo para participar en la licitación  concluía ayer martes, día 14 de diciembre.

 

En total, suman 23 compañías distintas, entre consultorías, ingenierías, industrias fabricantes de bienes de equipo, constructoras y operadoras con experiencia tanto en la incineración de residuos urbanos como en la generación eléctrica desde fuentes térmicas.

 

Junto a las españolas (entre ellas siete asturianas), destaca la presencia de varias compañías europeas y de otras que desarrollan su labor en el ámbito internacional y que tienen presencia en países de varios continentes.

 

Cogersa inició el pasado mes de noviembre el proceso de licitación del proyecto, obra y puesta en marcha de la planta de valorización energética por una cuantía de 250 millones de euros.

 

El Consorcio recurrió a la modalidad de procedimiento restringido con una fase de admisión previa (que es la fase actual) en la que las empresas candidatas deberán acreditar que poseen experiencia y méritos suficientes (cualificación humana y tecnológica, esencialmente) en el desarrollo de proyectos de similar naturaleza y envergadura.

 

En concreto deberán demostrar que han participado al menos en la construcción y puesta en marcha de 3 líneas o 3 plantas completas de valorización energética de residuos.

 

Cogersa espera poder aprobar el listado de admitidos en el mes de de enero. Será a partir de ese momento cuando empiecen a computar los tres meses de plazo para la presentación de las ofertas por parte de los candidatos, de tal forma que el Consorcio confía en adjudicar la redacción del proyecto, la obra y puesta en marcha dentro de un año, en el mes de noviembre de 2011.

 

Relación de empresas que presentaron solicitud

1.- UTE Valoriza Servicios Medioambientales; JFE Engineering Corporation.

2.- UTE Fomento de Construcciones y Contratas S.A.; Urbaser S.A.; TSK; Sedes S.A.

3.- UTE Constructions Industrielles de la Mediterranée (CNIM); Proyectos Construcción e Interiorismo S.A. (Procoin S.A.); Aquagest Medio Ambiente S.A.; Novergie S.A.

4.- UTE Duro Felguera S.A.; Keppel Shegers.

5.- UTE Abener Energía; Thyssen Krupp Xervon Energy; Lühr Filter; Befesa Agua.

6.- UTE Acciona Infraestructuras S.A.; Ceyd S.A.; Ros Roca S.A.; Obras Generales del Norte S.A.

7.- UTE Ferrovial Agroman; Técnicas Reunidas S.A.; OCA Construcciones y Proyectos.

 

 

72 meses de trámites, obras y puesta en marcha

El calendario para las diferentes fases de tramitación administrativa (licitación, autorizaciones ambientales y urbanísticas, etc.), ejecución de las obras y puesta en marcha en fase de pruebas de la planta de valorización energética es amplio y complejo.

 

El primer encargo que recibirá de parte de Cogersa la adjudicataria de la planta de valorización energética será la elaboración, en un plazo de 16 semanas, del proyecto ambiental orientado a tramitar con la mayor agilidad posible la Autorización Ambiental Integrada y el Estudio de impacto ambiental que requiere la instalación.

 

El Consorcio confía en que el inicio de las obras pueda tener lugar en el segundo semestre de 2013, con un plazo de ejecución que podría alcanzar los dos años y medio, al que habría que sumar la fase de puesta en marcha en pruebas de la planta de valorización energética.

 

Como es sabido, el Vertedero Central de Asturias alcanzará en 2015 el límite de su capacidad para recibir residuos no peligrosos.

03/12/2010

Adega denuncia los presuntos “trapicheos” de la Xunta con sus amigos en el negocio eólico

 COMUNICADO DE LA ASOCIACIÓN ECOLOGISTA ADEGA

Megawatios por lixo: as indecentes cambadelas da Xunta e os seus amigos

 

A resolución do concurso eólico -a día de hoxe aínda non oficial- trouxo non poucas sorpresas, non tanto relacionadas co reparto dos Mw (GN-Fenosa, tabeiróns da especulación enerxética e empresas amigas), como cos “proxectos asociados”, quer a planta de tratamento de refugallos que apresentou Estela Eólica. Precisamente, un dos maiores problemas do novo Plano de Residuos é ubicar esta “SOGAMA do sur” e conquerir o financiamento privado para a incineradora (230 millóns de €), a metade de todo custo do PXRUG.

Máis á vista dos resultados do concurso eólico, a Xunta resolve dun “decretazo” dous problemas: financiar a incineradora do sur (Estela Eólica estaría obrigada a facela a cambio dos Mw e non podería capitalizar o investimento) saltándose o concurso público para a adxudicación da infraestrutura e privatizar definitivamente a xestión dos RSUs, un negocio ruinoso para a Xunta.

A folla de ruta do novo PXRUG ten outra fita este mes de decembro. Segundo o conselleiro Hernández, o plano estará aprobado denantes de fin de ano e deberá ter en conta a proposta de infraestrutura de “tratamento” presentada por Estela Eólica, que estará con toda seguridade baseada na incineración.

A este respeito, na estratexia da Xunta hai dúas importantes eivas. A primeira, a derivada da conflitividade social e conseguinte erosión eleitoral (municipais en 2011) que seguramente provocará unha incineradora para 900.000 Tm ano no sur de Galiza. E a segunda é a temporalización: a incineradora prevese que esté operativa en 2014, mais tendo en conta que a construción -supoñendo que a licitación sexa en 2011- demorarase uns 2-3 anos, que a empresa quererá ingresar algún rendemento polos seus novos parques eólicos denantes de desembolsar 230 millóns de €, e que en 2013 hai eleccións galegas, o máis probábel é que non chegue a construirse en prazo.

Á Xunta tanto lle ten: dispón dun “colchón” de 2-3 anos, alongábel a discreción, logo da recente ampliación do vertedoiro da Areosa, en Cerceda (A Coruña), no que seguir amoreando lixo sen tratar durante o tempo que faga falla. A Xunta de Feijóo so quere cumprir o expediente fronte a Europa, dándose por satisfeita co “recrecido” do vertedoiro: máis lixo enriba do lixo, e tiramos até as eleccións de 2013.

Por iso, tanto as infraestruturas do propio PXRUG como os investimentos vencellados á resolución do concurso eólico son virtuais: os primeiros non se chegarán a executar nesta lexislatura, e os segundos nunca o farán. Aí están os ridículos investimentos asociados ao desenvolvemento eólico durante a era Fraga. Básicamente as empresas adicáronse a aplicar a estratexia de “colle os cartos e corre”, fuxindo dos seus compromisos de criar portos de traballo através de planos industriais asociados (ver o estudo do economista da U. de Vigo Xabier Simón Plans eólicos empresariais no sector eólico galego).

Con estas novas adxudicacións nada nos fai pensar que acontecerá algo diferente. Ao obxectivo heroico de criar 13266 postos de traballo que segundo o conselleiro de Industria traerá da man o reparto eólico, haille que aplicar o correctivo da realidade.
 
E os datos apontan a que no país, os postos de traballo criados polo sector eólico (aos que hoxe hai que restar os 268 empregos perdidos polo peche da fatoría de GAMESA n’As Somozas), son ben distintos das entusiastas previsións feitas polo conselleiro. Nunha recente tese de doutoramento, “Xénese e desenvolvemento do sector eólico en Galicia (1995-2010): marco institucional, aspectos económicos e efectos ambientais” elaborada na USC por Rosa María Regueiro Ferreira baixo a dirección do Prof. Xoán Doldán, ex-director do INEGA, apóntase que “para o período 1995-2009 para Galicia, as actividades de operación e mantemento xeraron un mínimo de 417 empregos e un máximo de 633 de tipo neto. [ ] Para o mesmo período, e en relación ás actividades de construción do parque eólico, as cifras oscilarían entre 8.555 e 10.281 empregos, que consideraríamos brutos, dado o gran nivel de rotación existente neste tipo de actividades.” 

O concurso eólico é portanto outro instrumento de propaganda (con incineradora apegada) ao servizo da Xunta para camuflar a enaxenación dos nosos recursos naturais aos tabeiróns da especulación enerxética. Trátase simplemente de privatizar o vento e os refugallos coartando calquera posibilidade de desenvolvemento socialmente xusto e ambientalmente sustentábel.

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 3.229 seguidores

%d bloggers like this: