Post etiquetado ‘gallaecia’

30/11/2010

El gobierno gallego desbloquea esta semana el Plan de Transporte Metropolitano de Lugo

O titular da Xunta acudiu, esta tarde, á Gala do X Aniversario da Declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial da Humanidade -El titular de la Xunta acudió en la tarde del 30 de noviembre a la gala del décimo aniversario de la declaración de la Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial de la Humanidad

Feijóo anuncia que o vindeiro xoves o Consello desbloqueará de forma definitiva o novo Plan de transporte metropolitano de Lugo

Feijóo anuncia que el próximo jueves el Consejo de Gobierno gallego desbloqueará de forma definitiva el nuevo Plan de Transporte Metropolitano de Lugo

  • Di que cada infraestrutura que se abra, cada empresa que se cree e cada servizo que se mellore en Lugo son “novas posibilidades que fan a Galicia máis forte, competitiva e igualitaria”
  • Dentro das novas posibilidades culturais subliña o Museo de Romanización e o novo Auditorio de Lugo, con 20 millóns de euros “que se suman ao millón de euros que a Xunta destina en 2011 a conservar a muralla e a enriquecela con novas posibilidades”
  • No eido económico destaca as posibilidades que ofrece o Plan Impulsa Lugo ou o futuro Polígono das Gándaras, “que estará a disposición dos emprendedores antes do vindeiro San Froilán”
  • Di que “non podemos caer no conformismo, senón que habemos de marcarnos novos retos. Non podemos limitarnos a celebrar o que Lugo xa ten logrado desde a Gallaecia romana, senón que debemos renovar o compromiso co que ten que lograr para seguir sendo parte esencial do desenvolvemento de Galicia”

Lugo, 30 de novembro de 2010.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que o vindeiro xoves o Consello da Xunta desbloqueará de forma definitiva o novo Plan de Transporte Metropolitano de Lugo, que abrirá novas posibilidades de mobilidade na cidade. Na Gala do X Aniversario da Declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial da Humanidade, o mandatario galego sinalou que cada infraestrutura que se abra, cada empresa que se cree, cada servizo que se mellore na provincia lucense, ten unha transcendencia importantísima para Lugo, pero que se estende ao resto de Galicia.

“Son posibilidades que nacen e que fan a nosa terra máis forte, máis competitiva e máis igualitaria”, aseverou. E dentro das novas posibilidades culturais, resaltou o Museo de Romanización, “que xa se está a desenvolver no histórico Cuartel de San Fernando e que suporá un investimento de 10 millóns de euros”; ou o novo Auditorio de Lugo, ao que se destinarán 20 millóns de euros e “que se suman –engadiu- ao millón de euros que a Xunta destina en 2011 a conservar a muralla e a enriquecela con novas posibilidades, como os restos arqueolóxicos achados no vicerreitorado”.

Así mesmo, referiuse, tamén, ás novas posibilidades económicas, como as que ofrece o Plan Impulsa Lugo ou o futuro Polígono das Gándaras, “que estará a disposición dos emprendedores antes do vindeiro San Froilán”; e as novas posibilidades sanitarias, “como as que ofrece o novo Hospital público, a onde se están trasladando desde a pasada semana os servizos hospitalarios”.

Ao longo da súa intervención, o presidente do Goberno galego afirmou que hai tempo que a muralla xa non separa a Lugo do resto do mundo, senón que a une a el. “Nos momentos máis transcendentais, os cidadáns lucenses sempre o tiveron claro. En lugar de empregala como un dique, abriron as portas da súa muralla para converterse nunha corrente que se suma ao caudal galego”, dixo.

Feijóo subliñou que o anhelo compartido por todos os galegos é a superación definitiva do seu illamento “e para logralo, – asegurou- cada unha das partes que conforman a autonomía pon as súas potencialidades ao servizo de Galicia. Nalgunhas ocasións, elíxense realidades antigas que atraen cara a nós a curiosidade dos visitantes. Refírome, por exemplo, á Catedral de Santiago e ás rutas xacobeas que conducen a ela, ou á Torre de Hércules, ou a Muralla de Lugo. Noutras, sumamos as nosas forzas para crear realidades novas que nos permitan ser máis fortes e competitivos como a fusión das caixas”.

Logo de felicitar a todos os lucenses e a todos os galegos neste aniversario, concluíu afirmando que “non podemos caer no conformismo, senón que habemos de marcarnos novos retos”. “Non podemos limitarnos a celebrar o que Lugo xa ten logrado desde a Gallaecia romana, senón que debemos renovar o compromiso co que ten que lograr para seguir sendo parte esencial do desenvolvemento de Galicia”.

About these ads
07/11/2010

Ribadeo triunfa como sede de la cata de vinos gallegos

Foto: diariodeviajero.com

ÉXITO DE LA CATA ORGANIZADA POR ACISA/HOSTELERÍA Y LA ASOCIACIÓN GALEGA DE VITICULTURA. ONCE BODEGUEROS HAN ACUDIDO A LA CITA Y MÁS DE UNA VEINTENA DE HOSTELEROS.

Ribadeo, noviembre 2010. Éxito de asistencia a la cata de vinos organizada a finales de octubre por ACISA/Hostelería y la Asociación Galega de Viticultura en el Parador de Turismo de Ribadeo. Más de 20 hosteleros escucharon con interés la intervención del prestigioso catador y sumiller Luis Paadín, presidente de la Asociación Galega de Catadores y vicepresidente de la Asociación Gallaecia de Sumilleres.

Desde la directiva de ACISA/Hostelería se muestran muy satisfechos de una jornada que han calificado de “intensa e interesante para todos”. Y la Asociación Galega de Viticultura ha agradecido el recibimiento que les han dispensado en Ribadeo además de asegurar que “la localidad, con mucha tradición de vinos, es un lugar idóneo para promocionar los caldos gallegos”.

Once bodegueros han acudido a la cita, que tuvo por escenario el Parador de Turismo, a presentar sus vinos.

 

23/10/2010

Tuy muestra la exposición ‘Iacobus Gallecia’, hecha de recuerdos del Xacobeo

A EXPOSICIÓN ‘IACOBUS GALLECIA’ PODERÁ VISITARSE ATA O 27 DE OUTUBRO EN TUI, ONDE REMATA A SÚA ITINERANCIA POLA COMUNIDADE GALEGA

La exposición ‘Iacobus Gallecia’ se muestra hasta el 27 de octubre en Tuy, donde remata su itinerario por la comunidad autónoma gallega. Comprende 12 obras de arte contemporáneo que el Xacobeo reunió desde 1992.

 

  • A mostra, que estará aberta ao público na Sala Municipal de Exposicións, ten como obxectivo dar a coñecer 13 obras da colección de arte contemporánea que Xacobeo reuniu desde 1992.

 

Santiago, 23 de outubro de 2010.- A exposición Iacobus Gallecia chega  ao concello pontevedrés de Tui, onde estará aberta ao público na Sala Municipal de Exposicións ata o próximo 27 de outubro. A mostra, que forma parte do Camiño Contemporáneo da programación de Xacobeo 2010, remata en Tui a súa itinerancia pola comunidade galega, que iniciou en febreiro en Santiago e que a levou por Noia, Ribeira, Caldas, Vilagarcía e Baiona.

Ao acto de inauguración asistiron o xefe do departamento de Publicacións e Exposicións da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Francisco Singul; o alcalde de Tui, Antonio Feliciano Fernández Rocha, e o concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez Pérez.

O público que visite ata o 27 de outubro Iacobus Gallecia neste concello pontevedrés poderá contemplar un conxunto de obras que son un exemplo da vitalidade artística da Galicia de Santiago que, nos finais do século XX e inicios do XXI –formando parte da decoración orixinal do Pavillón de Galicia da Expo’92 de Sevilla, ou respondendo a encargos posteriores–, continúa a desenvolver a súa rica historia cultural, baseada na tradición e mais na innovación, o fecundo caudal formado pola síntese creativa do propio e o alleo.

Na mostra, este principio queda expresado a través da variedade estilística, formal e conceptual de artistas tan distintos como Darío Basso, Paco Pestana, Xosé Freixanes, Antón García Patiño, Alfonso Sucasas, Armando Martínez, Ignacio Basallo ou Antón Lamazares. Pezas conceptuais, abstractas e figurativas, estilizadas –Armando– ou amosando toda a súa fisicidade –Sucasas– ou o seu agudo primitivismo –García Patiño– que nalgúns casos afondan na iconografía tradicional, relixiosa e xacobea, e noutros son pura evocación poética –Basso, Lamazares, Pestana–, ben representativa dunha arte a cabalo entre dous séculos.

A Sala Municipal de Exposicións do concello de Tui acollerá durante un mes obras de autores que participaron na Expo’92 de Sevilla, entre os que destacan Darío Basso, Berta Cáccamo, Freixanes ou Antón Lamazares, e que son parte dos fondos da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. A partir destas primeiras incorporacións, a colección de obra contemporánea do Xacobeo foise enriquecendo cos anos con pezas doutros artistas galegos como Sucasas, Antón García Patiño ou Paco Pestana.

O obxectivo desta exposición de arte contemporánea é ofrecerlle ao público a posibilidade de achegarse á obra de autores galegos actuais e de recoñecido prestixio. A mostra enmarcase no Camiño Contemporáneo do Xacobeo 2010, un apartado da programación que se caracteriza pola súa aposta polas exposicións itinerantes como fórmula para dar a coñecer a obra de autores galegos actuais e de recoñecido prestixio á maior cantidade de persoas.

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 3.232 seguidores

%d bloggers like this: