Post etiquetado ‘feira’

23/01/2011

Más de 70.000 personas visitaron el stand institucional de Galicia en Fitur

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

MÁIS DE 70.000 PERSOAS VISITARON O STAND INSTITUCIONAL DE GALICIA EN FITUR 2011

 A web gárdasmeosegredo.com recibíu preto de 30.000 entradas de internautas que puideron seguir en directo as actividades desenvolvidas no recinto galego .

 No stand galego distribuíronse más de 150.000 unidades de folletos e no sorteo Vive Galicia xa participaron máis de 1.200 persoas na rede social Facebook.

Santiago, 23 de xaneiro de 2011.- O stand institucional de Galicia, instalado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura e Turismo, Secretaría Xeral para o Turismo e Turgalicia, na Feira Internacional do Turismo de Madrid, FITUR, recibíu a visita de 70.000 persoas entre profesionais do sector turístico nacional e internacional e público xeral ao longo dos días 19, 20, 21, 22 e 23 de xaneiro.

Foron cinco días de feira nos que o recinto institucional para a promoción do Turismo de Galicia, nun dos certames máis importantes do mundo, actuou como escaparate dos valores e dos produtos turísticos galegos, tanto para a súa comercialización entre o sector empresarial, os tres primeiros días, como para a promoción entre o público xeral, esta fin de semana. O deseño do stand centrouse este ano na difusión da primeira marca do Turismo galego, Galicia, gárdasme o segredo, a Cidade da Cultura de Galicia e o 800 aniversario da Catedral de Santiago de Compostela.

Durante esta edición de FITUR, o recinto institucional galego foi visitado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e acolleu 18 presentacións de destinos e produtos turísticos galegos, ás que asisitiron máis de 1.000 persoas relacionadas coa comercialización turística. A maioría destas presentacións estiveron presididas polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo.

gardasmeosegredo.com

Nesta edición de FITUR, a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral para o Turismo e Turgalicia, instalou unha web para promocionar a participación galega na feira a través de Internet.
Esta iniciativa, editada nas linguas galega, castelá e inglesa, permitíu seguir en directo todas as actividades que se desenvolveron no stand institucional de Galicia, ademais de baixar contidos específicos do Turismo galego.
Esta web, tense convertido, logo de dous anos, nunha ferramenta fundamental para a promoción do Turismo galego unha vez que comeza o ano para anunciar as novedades turísticas galegas que se poderán atopar os visitantes.
Unha proba do éxito desta iniciativa web foi o número de visitantes que accederon a ela durante os días de feira, superiores a 30.000.

Vive Galicia

Unha das presentacións máis importantes que tivo luagr en FITUR 2011 foi a do programa de paquetes turísticos Vive Galicia 2011, desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Turismo e Turgalicia.

Ademais da existosa presentación aos operadores turísticos desenvolvida o xoves 20 de xaneiro na sala de actos do stand de Galicia, por parte da secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, Turgalicia puxo en marcha un concurso o venres 21 a través da rede social Facebook, polo que, ata o día 24 todos aqueles que suban unha fotografía turística, a modo de segredo persoal sobre Galicia que se quere compartir, poderán recibir un dos de cinco programas Vive Galicia, ás imaxes segredas máis votadas.

Así, ata hoxe xa tiñan participado máis de 1.200 persoas nesta promoción turística en redes sociais.

Material de promoción

Por outra parte, ao longo destes días de feira, nos mostradores do stand insitucional de Galicia, distribuíronse máis de 150.000 folletos e outro material de promoción turística, tanto achegado por Turgalicia, como polos 16 coexpositores que participaron en FITUR dentro do stand institucional de Galicia.

Ademais, os stand galego incluíu tres actividades audiovisuais interactivas nas que puido participar o público, moi interesado por descubrir os recantos da Cidade da Cultura de Galicia ou a Catedral de Santiago, así como participar na captura de percebes nos cantís de Aguiño o visitar verticalmente os canóns do Sil na Ribeira Sacra.

Deste xeito a oferta turística de Galicia promocionouse de xeito conxunto a través da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia e das entidades de promoción Deputación da Coruña, Padroado de Turismo da provincia de Lugo, Padroado provincial de Turismo de Ourense, Turismo Rías Baixas, Mancomunidade de municipios Ría de Arousa-zona norte, Asociación de desenvolvemento turístico da Mariña lucense, Mancomunidade de municipios da Terra Chá, Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Mancomunidade Terras de Pontevedra, Turismo da Coruña, Concello de Ferrol, Turismo de Santiago, Concello de Lugo, Turismo de Ourense, Turismo de Pontevedra e Turismo de Lugo.

About these ads
24/12/2010

Galicia celebrará once ferias del libro en 2011

CULTURA DESTINA 200.000 EUROS PARA A ORGANIZACIÓN DE ACTOS NAS ONCE FEIRAS DO LIBRO DE GALICIA QUE SE CELEBRARÁN EN 2011

 Cultura destina 200.000 euros para la organización de actos en las once ferias del libro de Galicia que se celebrarán en 2011

  • O Diario Oficial de Galicia vén de publicar o anuncio de licitación da organización dos actos que vai desenvolver a Consellería de Cultura e Turismo nas once feiras do Libro de Galicia do próximo ano.
  • Segundo Francisco López, nomeado onte como director xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas, esta actuación amosa o compromiso da Xunta de Galicia co sector do libro e a súa promoción “nun momento de transformacións importantes”.

 

Santiago, 24 de decembro de 2010.- A Consellería de Cultura e Turismo vén de sacar a concurso público a organización dos actos que vai desenvolver en 2011 nas feiras do libro de Galicia, que terán lugar entre os meses de abril e agosto. O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado 20 de decembro o anuncio desta licitación, por un importe de 200.000 euros. O calendario destas feiras do libro, elaborado en colaboración coa Federación de Libreiros de Galicia, inclúe o próximo ano un total de 11 localidades.

 

Francisco López, nomeado onte polo Consello da Xunta como director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, enmarca esta actuación no compromiso do Goberno galego co sector do libro. Segundo o director xeral, “as feiras do libro precisan de novas propostas de promoción nun momento no que o sector esta a vivir transformacións importantes”. Neste sentido, apunta “novas iniciativas como estimular o recoñecemento daquelas librerías que máis se destaquen por desenvolver o consumo e venta de libros ao longo do ano”.

 

As feiras do libro de Galicia constitúen un dos escaparates máis importantes para a produción editorial galega e representan un medio imprescindible para a captación de mercado interior por parte dos profesionais que comercializan este produto, posto que ofrecen directamente o servizo de librería. Nestes eventos o cidadán terá acceso a mensaxes baseadas na imaxe e na palabra, tanto nos soportes convencionais como nos virtuais de nova xeración. A través das feiras, a Consellería de Cultura e Turismo procura novas vías de achegamento cultural aos galegos, creando amplos escaparates, abertos a diferentes actividades susceptibles de comunicación mediante a súa venda ou exposición pública. Deste xeito, considérase necesario potenciar a actividade intelectual e creativa e todo aquilo que, dun xeito ou outro, contribúa á promoción e difusión da cultura galega.

 

A Federación de Libreiros de Galicia elixiu once localidades galegas para desenvolver as feiras do libro en 2011. As poboacións seleccionadas e as datas previstas son as seguintes: Ferrol (Cantón de Molins) do 6 ao 10 de abril; Santiago (Paseo Central da Alameda) do 30 de abril ao 8 de maio; Lalín (Praza da Igrexa) do 12 ao 15 de maio; Lugo (Praza Maior) do 17 ao 22 de maio; Ourense (Alameda) do 31 de maio ao 5 de xuño; Vigo (Praza de Compostela) do 1 ao 10 de xullo; Cangas (Alameda de Soage) do 21 ao 25 de xullo; A Coruña (Xardíns de Méndez Núñez) do 1 ao 10 de agosto; Viveiro (Xardíns de Noriega Varela) do 13 ao 16 de agosto; Foz (Praza do Conde de Fontao) do 18 ao 21 de agosto; e Monforte (Rúa Cardeal) do 24 ao 27 de agosto.

19/12/2010

La Consellería de Economía apoya a la feria de artesanía Ofeitoamán de Vigo con una ayuda de 12.000 euros

ECONOMÍA E INDUSTRIA APOIA A 26 EDICIÓN DA FEIRA DE ARTESANÍA OFEITOAMÁN

 La Consellería de Economía e Industria apoya la 26 edición de la feria de artesanía Ofeitoamán de Vigo con una ayuda de 12.000 euros. La feria durará hasta el 5 de enero y está considerada la más destacada en su estilo de las navidades en la comunidad autónoma.

  • A directora xeral de Comercio e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño participaron no acto de inauguración desta feira de venda directa que se celebra en Vigo do 18 de decembro ao 5 de xaneiro.
  • A Consellería inviste un total de 12.000 euros na organización de Ofeitoamán, impulsada pola Asociación Galega de Artesáns e considerada a feira de artesanía máis relevante do Nadal en Galicia.

 

Vigo, 19 de decembro de 2010.- A Consellería de Economía e Industria impulsa a celebración da 26 edición da feira de artesanía Ofeitoamán, que se celebra en Vigo do 18 de decembro ao 5 de xaneiro, a través dun investimento de 12.000 euros. A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro Castro, participaron onte no acto de inauguración desta feira de venda directa, organizada pola Asociación Galega de Artesáns, que está considerada como o encontro de artesáns máis relevante do Nadal galego.

 

Durante a súa intervención, Nava Castro, cualificou a feira como un “atractivo escaparate da artesanía que se realiza hoxe en día en Galicia e unha canle de distribución fundamental para as pezas que se integran na marca Artesanía de Galicia”. A directora xeral de Comercio destacou o compromiso da Consellería de Economía e Industria co sector artesán galego e fixo unha valoración das iniciativas impulsadas polo goberno galego en materia de artesanía durante o ano 2010.

 

Deste xeito, destacou actuacións relacionadas coa formación especializada dos artesáns galegos, a aposta pola introdución do produto artesán galego en mercados internacionais a través da presenza da marca Artesanía de Galicia en feiras de recoñecido prestixio, a divulgación dos oficios artesanais e a consolidación da marca como identificativo único e garantía de calidade.

 

Ofeitoamán é unha das feiras máis relevantes das que se celebran ao longo do ano en Galicia, tanto en número de expositores como en afluencia de público e vendas, así como a máis importantes das que se celebran no inverno, polo que se está a consolidar como un encontro de referencia da artesanía galega e unha cita imprescindible para o Nadal de Vigo e da súa comarca.

 

A Consellería de Economía e Industria entende que este tipo de eventos constitúen unha canle fundamental de distribución do produto artesán galego, contribúen a concienciar a sociedade do valor do feito á man, dan a coñecer a marca Artesanía de Galicia, dinamizan a actividade comercial das localidades nas que se celebran, ao tempo que funcionan como un atractivo turístico máis dentro da programación do Nadal.

 

Como en anos anteriores, Ofeitoamán  ofrece un escaparate cun amplo abano de propostas para os agasallos do Nadal, produtos con garantía de orixe, xa que contan coa garantía da elaboración artesanal, coidada e personalizada e, na maioría dos casos, coa distinción da marca Artesanía de Galicia, posto que a maior parte dos expositores que participan na edición deste ano de Ofeitoamán son artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

 

Ata o mércores 5 de xaneiro, os visitantes poderán entrar en contacto directo cos propios creadores das pezas, que están especializados nunha grande variedade de oficios artesanais: coiro, téxtil, xoiería, cartón pedra, forxa, cerámica, vidro ou madeira. A maioría dos expositores que participan na mostra proceden de diferentes zonas de Galicia, coa excepción de Arminda Ferreira, especializada en lámpadas e accesorios, e do taller téxtil Artesave, ambos os dous chegados de Portugal; o obradoiro Vidrio Ibarzo, de Zaragoza, Cerámica creativa, de Argoños (Cantabria), e mais o obradoiro de la e seda Tiempo es Arte, de Teguise (Las Palmas).

 

Os  expositores galegos son: A Feitura (A Coruña), A Xente das Cores (Mondoñedo), A. Outeiriño (Ourense), Acebo (O Rosal), Ardentía, Deseño en Prata (Bergondo), Artesanía en Plata (Marín), Bruxarte (Vigo),   Cabuxa (Tui), Cerámica e prata – F. Porto (A Estrada), Cerámica Ferreira (Vigo), Chueco (A Coruña), Dolmen (Vigo),  E. Ferro (Merza), Encoiros (Vigo), Ferroteis (Vigo), Fiada Tecido Manual (Carral), Flecharte (Vigo), Joyas de Papel (Nigrán), Mestura de Kores (Vigo), Pablo Leal (Teo), Pilar Piñeiro – Cerámica (Cangas), Plata Nativa (A Coruña), Regal Cerámica Artesán (Viveiro), Sánchez-Cano Orfebres (Vigo), Santín (Cambre), Silvereira (Teo), Suso Calo Plata (Moaña), Taller Sur (Marín), Tragamasa Bichería Fina (Oleiros), Varo Caride (Vigo), Ventanas al Pasado (Ponteareas) e Zimzelatum (Gondomar).

 

Os 37 expositores que participan na XXVI edición desta feira poderanse visitar na Praza da Estación de Vigo en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:00 horas. Os días 24 e 31 de decembro o horario da feira será de 16:30 a 19:00 horas, e os días 25 de decembro e 1 de xaneiro Ofeitoamán estará pechado.

 

10/11/2010

El programa ‘Diverciencia’ involucra este mes a las siete principales ciudades gallegas en “los experimentos más divertidos”

ECONOMÍA E INDUSTRIA CELEBRA A SEMANA DA CIENCIA CON 25 ACTIVIDADES QUE PERCORRERÁN  TODA GALICIA

 La Xunta celebra la Semana de la Ciencia con 25 actividades que recorrerán toda Galicia, enmarcadas dentro del programa ‘Diverciencia’. Se instalará el Cubo de la Ciencia’, como lugar de encuentro en el que los ciudadanos de las siete ciudades gallegas podrán realizar “los experimentos más divertidos”. Será entre los días 8 y 22 de noviembre, y todas las actividades tendrán carácter gratuito.

  • Estas iniciativas enmárcanse dentro do programa “Diverciencia”, financiado pola Consellería de Economía e Industria co obxectivo de achegar á cidadanía o traballo que se realiza durante todo o ano no eido do I+D+i
  • Instalarase o “cubo da ciencia” como un lugar de encontro no que os cidadáns das sete cidades galegas poderán realizar “os experimentos máis divertidos”
  • Celebraranse Cafés-teatro científicos nos que dous científicos e un actor establecerán diálogos cos asistentes sobre distintos temas
  • Todas as actividades desenvolveranse entre os días 8 e 22 de novembro, con carácter lúdico e gratuíto

 

Santiago, 10 de novembro de 2010.- O director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Ricardo Capilla, presentou hoxe o amplo programa de actividades que a Consellería de Economía e Industria ten previstas con motivo da celebración da Semana da Ciencia.

 A consellería que dirixe Javier Guerra pon en marcha esta iniciativa co obxectivo de achegar á cidadanía o traballo que se realiza durante todo o ano en Galicia, no eido do I+D+I. Segundo explicou Ricardo Capilla, esta “é unha ocasión para poñer en valor diante da sociedade o esforzo que se realiza para mellorar a calidade de vida, impulsar a competitividade económica e traspasar as barreiras do coñecemento”.

 Deste xeito, Economía e Industria ofrece soporte financeiro a un total de 25 actividades que se desenvolverán en toda Galicia até o próximo día 21 de novembro, coa colaboración de universidades, centros e outras entidades relacionadas co Sistema Galego de Innovación.

 Estas actividades enmárcanse no programa “Diverciencia”, financiado pola Xunta de Galicia,  e están “dirixidas a un público non especializado, cun enfoque innovador e lúdico”, de cara a  “fomentar a participación cidadá, ao ter carácter gratuíto e aberto á sociedade”. Ademais, o programa da Semana da Ciencia cobre un amplo abano de áreas de coñecemento que vai desde a robótica e a astronomía, até a química e a oceanografía, pasando pola meteoroloxía e a neurociencia. As actividades ofertadas inclúen obradoiros, teatro, concursos, exposicións, visitas guiadas, cómics e mesmo a presenza nas redes sociais.

 O director xeral de I+D+i sinalou como unha das propostas destacadas a “Ciencia de cada día”, que busca levar esta actividade fóra dos laboratorios, co obxectivo de que os cidadáns poidan conectar, de xeito ameno, coa investigación e a tecnoloxía. Con este fin instalarase o “cubo da ciencia” como un lugar de encontro no que os cidadáns das sete cidades galegas poderán realizar “os experimentos máis divertidos”, en lugares céntricos que facilitan a asistencia de público, como son a Alameda de Santiago (os días 8 e 9 de novembro), os cantóns da Coruña (os días 11 e 12), a Rúa Príncipe de Vigo (os días 13 e 14), o Xardín do Posío de Ourense (o día 17), a Praza de Armas de Ferrol (o día 18), a Praza Maior de Lugo (o día19) e a Avenida Montero Ríos de Pontevedra (os días 15 e 16).

 Ademais, no plan de actividades da Semana da Ciencia (http://www.divulgacion360.org/) cómpre engadir outra que, aínda que fóra deste período, desenvolverase co mesmo obxectivo. Trátase, tal e como adiantou o director xeral, de “Galiciencia”, a maior feira científica de Galicia, organizada por Tecnópole e que este ano acada a súa quinta edición. Terá lugar os próximos días 24, 25 e 26 de novembro cun récord absoluto de proxectos recibidos, o que obrigou a facer unha selección entre os mesmos.

 Resumo de actividades

Por outra banda, durante a Semana da Ciencia as localidades de Narón, Ordes, Boiro, Redondela e Santiago de Compostela albergarán os “Cafés-teatro científicos 2010”, que consistirán en que dous científicos e un actor establecerán diálogos cos asistentes sobre distintos temas deste ámbito. A capital galega acollerá tamén a exposición “Biodiversidade e coleccións de Historia Natural” no colexio de Fonseca, así como a mostraMulleres Nobel en Física e Química. Unha visión non sexista da ciencia” e a iniciativa “O Camiño da Ciencia, o Camiño da Vida”, coa que se pretende dar a coñecer o proxecto Campus de Excelencia Internacional-Campus Vida. 

 A cidade de Vigo acollerá varias actividades no seu campus universitario, como é o caso dos talleres prácticos “Enxeñeiros por un día” ou das visitas guiadas ás novas dependencias da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas. Ademais, organízanse o “II Certame de Relatos de Ciencia Ficción de Gradiant” e a terceira edición do concurso de relatos curtos vinculados á ciencia “Ciencia que conta”. Haberá, así mesmo, charlas divulgativas, proxección de documentais e distintas exposicións no Museo do Mar da cidade.

 Na Coruña, o centro comercial Espazo Aberto será o lugar onde se desenvolverán unha serie de actividades divulgativas baixo o nome de “Espazo para o cambio”, mentres que o Círculo de Artesáns acollerá a mostra “A Química a través do cómic”. Ourense, pola súa parte, contará coa feira “Galiciencia” e a iniciativa “Ourense investiga”, consistente na colocación dunha carpa onde estudantes de Secundaria exporán os traballos realizados no campo da investigación o pasado curso.

 En Lugo, a actividade “Ga-Láctica” tratará de mostrar á sociedade a importancia da investigación no sector lácteo. A esta hai que sumar “Comerciencia. Consumir con ciencia, comer con conciencia”, destinada aos escolares, e “A Maxia da Robótica. III Concurso Galego de Robótica”, organizado na localidade de Burela.

 Na cidade de Pontevedra desenvolveranse os talleres “Tecnoloxía divertida” e “Misión Biolóxica de Galicia 2010”. En Lalín, pola súa banda, realizaranse cursos de iniciación á astronomía. A todo isto hai que sumar o proxecto “Diverciencia granxas dixitais”, para que os escolares de Melide, Chantada, Lobios, Coristanco e Ponteceso teñan a oportunidade de empregar as novas.

 Ademais, centros educativos de toda Galicia acollerán a actividade de divulgación “Exper-i-ciencia” para achegar a ciencia aos estudantes de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato mediante encontros con científicos do CSIC. Por último, a web http://www.galiciaeascienciasdomar.org/ continuará coa divulgación do coñecemento e as aplicacións das Ciencias do Mar.

 

 

18/10/2010

La feria internacional Termatalia se consolida como un referente europeo en termalismo

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

ROBERTO VARELA SITÚA A GALICIA COMO “CENTRO TERMAL DA PENÍNSULA IBÉRICA” NA CLAUSURA EN OURENSE DE TERMATALIA 2010

 El conselleiro de Cultura y Turismo calificó a Galicia de “centro termal de la Península Ibérica” en la clausura de Termatalia 2010

  • O conselleiro de Cultura e Turismo salientou o apoio da Xunta de Galicia polo termalismo como oferta turística de calidade e apostou pola mellora permanente do sector a través da formación, a investigación e a innovación.
  • Segundo Roberto Varela, a celebración da X edición de Termatalia consolidou á feira internacional “como referente europeo do termalismo” e permitiu achegar “os recursos, avances e capacidades dos balnearios de Galicia a profesionais e expertos de varias decenas de países de todo o mundo”.

 

Ourense, 18 de outubro de 2010.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asegurou onte na clausura da X edición da Feira Internacional de Turismo Termal Termatalia que “vivimos un magnífico momento para o turismo termal, un subsector no que Galicia, en xeral, e Ourense, en particular, xogan un papel moi destacado”.  

Neste sentido, afirmou que Galicia “é hoxe por dereito o centro termal da Península Ibérica e, en consecuencia, a provincia de Ourense pode ser considerada a capital das augas medicinais”. O acto de clausura contou, entre outras autoridades, coa presenza da secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e da directora xeral de Comercio, Nava Castro.

 Segundo Roberto Varela, o turismo de saúde e a cultura da auga estanse a configurar nos últimos anos “como un valor emerxente dentro da amplia variedade das nosas propostas”. “O termalismo constitúe unha axuda inestimable para completar as posibilidades turísticas de Galicia”, apuntou. Nesta liña, o conselleiro Roberto Varela destacou que o termalismo “supón unha oferta turística de calidade pola que se está a apostar con moita convicción e firmeza en Galicia e que, por suposto, desde a Consellería de Cultura e Turismo apoiamos por completo”. Do mesmo xeito, sinalou que “a través da formación, da investigación e da innovación pódese conseguir unha permante mellora neste subsector”.

Na súa análise do sector, o conselleiro lembrou que a auga “é unha das nosas grandes riquezas e a materia prima por excelencia da nosa terra” e, na actualidade, “os valores medicionais das augas termais galegas están demostrados cientificamente”. Neste sentido, afirmou o conselleiro, a cultura da auga en Galicia “atravesa un dos seus momentos álxidos” gracias a unha “brillante oferta de balnearios que consegue extraer o máximo proveito desa excelente calidade das nosas aguas”.

 Referencia internacional

En palabras do conselleiro, a X edición de Termatalia serviu para consolidar a súa relevancia internacional como “referente europeo do termalismo”. “Unha feira internacional destas características permite achegar os recursos, avances e capacidades dos balnearios de Galicia a profesionais e expertos de varias decenas de países de todo o mundo”, destacou. Para Roberto Varela, “grazas a iniciativas como ésta, o noso turismo segue a megullarse nun proceso de constante aprendizaxe e coñecemento que axudará a fortalecer o lugar destacado que xa ocupa na actualidade”.

TAMÉN XESÚS VÁZQUEZ ABAD VISITA O STAND DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN NA10º EDICIÓN DE TERMATALIA, CELEBRADA EN EXPOURENSE

 Por su parte Xesús Vázquez visitó el estand de la Consellería de Educación en esta décima edición de la feria Termatalia. La iniciativa se englobó en Expourense.

El alumnado de Hostelería del IES de Villamarín impartió en esta Feria del Turismo Termal la conferencia ‘El agua en la coctelería del siglo veintiuno’. También está presente el IES 12 de octubre, de Ourense, con una muestra de módulo de FP en Estética Hidrotermal

  • O alumnado de Hostalaría do IES de Vilamarín impartiu nesta Feira do Turismo Termal a conferencia “A auga na coctelaría do século XXI”
  • Ademais, o IES 12 de outubro, de Ourense, está presente cunha mostra do módulo de FP en Estética Hidrotermal
  • Este ano a Consellería de Educación volve a demostrar a súa aposta por estudos  de Formación Profesional relativos ao tema da feira co desenvolvemento de accións como Cociña ou a Coctelería da Auga

 

Ourense, 17 de outubro de 2010.- O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu está tarde a o stand da Consellería na décima edición da Feira Internacional de Turismo Termal, Termalismo, Talasoterapia e Spa, Termatalia que se está a celebrar en Expourense.

 

Coa súa presenza o conselleiro volve a demostrar a aposta pola Formación Profesional e o desenvolvemento de ciclos relativos a feira, que se celebra desde o pasado venres 15 ata hoxe. Unha nova convocatoria na que a Consellería de Educación estivo a participar a través de diversas actividades, coma o Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo que conta con homologación docente, prácticas en visitas guiadas de grupo, exhibicións, etc.

 

Máis demanda de FP

Ao longo do percorrido polo stand o conselleiro recordou que a actual administración está a realizar unha importante aposta pola Formación Profesional e sinalou que “neste momento, as ensinanzas de formación profesional están incrementando a súa demanda por parte da xuventude galega, como se desprende dos datos de matrícula deste curso escolar”.

 

Asemade, Vázquez Abad, membro do Comité de Honra da Feira Internacional,  destacou a importancia desta feira xa que “nestes últimos anos estase producindo un rexurdimento do turismo termal, froito do traballo constante e serio, dos empresarios deste sector”; un feito que, engadiu “está convertendo a Galicia nunha referencia de prestixio cando se fala de turismo de saúde”.

 

Así, o conselleiro explicou que a necesidade de profesionais cualificados que ofrezan un servizo de calidade nos balnearios. “Na formación profesional está a resposta para ofrecer ese servizo de calidade que demandan os usuarios deste turismo termal”, engadiu, especialmente nas familias profesionais de imaxe persoal, hostalaría e turismo, animación de actividades físicas e deportivas e instalación e mantemento.

 

Neste sentido, Vázquez Abad destacou a importancia da presenza da Consellería de Educación neste tipo de eventos.  Ademais, engadiu que “non hai que esquecer que neste sector existen moitas posibilidades para emprender innovando, posibilitando como saída profesional o Emprendemento entre os titulados de formación profesional, un aspecto fundamental para a renovación e a innovación nos sectores produtivos en Galicia”.

 

Postos informativos

A Consellería de Educación instalou este ano en Termatalia un stand no que as persoas asistentes a este evento poderán obter información sobre a oferta xeral de ciclos formativos das distintas familias profesionais que se poden cursar no sistema de FP en Galicia, así como da oferta de ensinanzas artísticas. Ademais, os visitantes teñen á súa disposición información sobre os Centros Residenciais Docentes, nomeadamente o de Ourense, no que se ofrece aloxamento e diversas actividades formativas extraescolares a alumnado de FP e Bacharelato que cursan estudos nos institutos da cidade das Burgas.

 

Doutra banda, no stand danse a coñecer as diferentes iniciativas que a Consellería está a desenvolver a prol do emprendemento no sistema educativo, a través, por exemplo dos viveiros de empresas nos centros de formación profesional.

 

Actividades da Consellería

Ademais do punto de información, nesta edición de Termatalia tiveron un especial protagonismo as alumnas e alumnos dos IES de Vilamarín e do 12 de Outubro de Ourense, ambos os dous con actividades ligadas ao termalismo. No caso do primeiro destes institutos, o profesorado e alumnado de Hostalaría foron os responsables de impartir a conferencia “A auga na coctelaría do século XXI”, que inclúe elaboración e degustación de cócteles. Ademais, o profesorado deste ciclo participounos xurados das distintas catas que se realizaron na feira.

 

Respecto dos estudantes do ciclo formativo de grao superior Estética do IES 12 de Outubro de Ourense, estes estiveron presentes no stand da Consellería presentando o módulo de estética hidrotermal, que se imparte no devandito ciclo.

 

A mostra

Cómpre recordar que Termatalia é unha das catro feiras internacionais de turismo de España, e a única especializada neste sector. Deste xeito, ata hoxe en Expourense fomentouse o intercambio de experiencias tanto desde o ámbito empresarial como do institucional e social, ao mesmo tempo que se dá unha perspectiva global de termalismo a nivel internacional.

 

En total na feira estiveron presentes 240 expositores procedentes de 30 países procedentes de todo o mundo. Nestes espazos realizáronse actividades de promoción turística, déronse a coñecer diversos balnearios, actividades de talasoterapia e spa. Asemade noutros stands puidéronse comprobar as novidades en equipamentos, servizos, cosmética, formación, augas envasadas e prensa especializada. Ao longo destes tres días o recinto feiral de Ourense foi percorrido por máis de  3.000 profesionais e outros 15.000 visitantes.

 

Durante a súa visita o conselleiro estivo acompañado polo delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez; e a xefa territorial de Educación, Marisol Díaz Mouteira.

16/10/2010

El presidente gallego considera el turismo de balnearios una de las claves para prolongar en 2011 los efectos económicos del Xacobeo

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

O titular do Goberno galego presidiu en Ourense o acto de inauguración da 10ª Edición da Feira Internacional de Turismo Termal, Termatalia 2010 – El titular del gobierno gallego presidió en Ourense el acto de inauguración de la décima edición de la Feria Internacional de Turismo Termal, Termatalia 2010

 

FEIJÓO DESTACA O APOIO DA XUNTA AO TERMALISMO E CUALIFÍCAO COMO UNHA DAS CHAVES PARA PROLONGAR EN 2011 OS EFECTOS ECONÓMICOS DO XACOBEO

El presidente gallego considera el turismo de balnearios una de las claves para prolongar en 2011 los efectos económicos del Xacobeo. Feijóo recordó que en Galicia se hallan más del 20% de las instalaciones termales de España.  Y que por primera vez, la Xunta cuenta con una línea de ayudas en el ámbito termal de 4 millones de euros para emprendedores que quieran construir hoteles-balneario.

  • Remarca o impulso dado pola Xunta aos emprendedores cun plan de desestacionalización e cunha liña específica de subvencións para a creación e mellora de hoteis-balneario que suman 4 millóns de euros
  • Lembra que Galicia representa máis do 20% das instalacións termais de España; “e, actualmente, o termal significa para Galicia: 21 balnearios en funcionamento, 2.726 prazas hoteleiras directas, 140.000 clientes (en 2009), 126 millóns de euros de facturación e 1.700 empregados directos”
  • Subliña que os balnearios de Galicia son, despois do Camiño de Santiago, o atractivo máis importante da comunidade
  • Salienta a importancia dunha “industria branca sen contaminación como é o turismo, que supón o 10% do PIB galego e que dá emprego a máis de 130.000 persoas”
  • Afirma que a aposta do Goberno galego polo sector termal vese reflectida en catro piares: innovación, impulso aos emprendedores, cualificación e dinamización do mercado

 

Ourense, 16 de outubro de 2010.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou en Ourense, durante a visita á 10ª Edición da Feira Internacional de Turismo Termal Termatalia 2010, o apoio da Xunta ao termalismo e cualificou ao sector como unha das chaves para prolongar en 2011 os efectos económicos do Xacobeo. “O éxito do Xacobeo en 2010 non radica exclusivamente no destino de Santiago como final do Camiño, senón na ampla oferta turística de Galicia. O reto de 2011 será prolongar os seus efectos e nesa chamada a que volvan ou a que nos coñezan, o termalismo e o turismo interior de Galicia será un dos principais reclamos da estratexia turística da nosa terra”.

 Ao longo da súa intervención, Feijóo afirmou que Galicia aspira a seguir sendo referente turístico; e aspira a ser un destino para todos os gustos e para todos os públicos. Referiuse así, ao termalismo como un exemplo de que temos un turismo forte e consolidado, que quere ofrecer un turismo de calidade e un turismo versátil. Neste sentido, remarcou que este ano 2010 estará marcado na historia de Galicia como o ano no que máis viaxeiros visitarán a comunidade autónoma. “Estou no certo de que superaremos a cifra máxica de 8 millóns de viaxeiros”, aseverou, remarcando que “eses 8 millóns teñen que levan un recordo positivo do noso país”.

 O presidente da Xunta lembrou que Galicia representa máis do 20% das instalacións termais de España; “e, actualmente, o termal significa para Galicia: 21 balnearios en funcionamento, 2.726 prazas hoteleiras directas, 140.000 clientes (en 2009), 126 millóns de euros de facturación e 1.700 empregados directos”.

 Diante destas cifras, aseverou que os balnearios de Galicia son, despois do Camiño de Santiago, o atractivo turístico máis importante da comunidade autónoma.

“Temos no termalismo unha das bazas máis importantes do noso futuro económico porque emprega un recurso endóxeno diferencial, cun alto valor engadido; fixa poboación ao rural; xera maior gasto e maior estancia media; é un elemento desestacionalizador do turismo; é un modelo de empresa comprometida co desenvolvemento sostible e co entorno natural; e porque é un elemento de reequilibrio territorial, non en balde, a localización dos balnearios, predominantemente na Galicia interior, converteunos en importantes dinamizadores socioeconómicos para as comarcas”.

Deste xeito, resaltou a importancia dunha “industria branca sen contaminación como é o turismo, que supón o 10% do PIB galego e que dá emprego a máis de 130.000 persoas”.

 Conscientes de que Galicia é a rexión xeotérmica máis importante de España, con máis de 300 captacións dispersas ao longo de toda a xeografía, que conta coas augas máis quentes e fluoradas de todo o país e cun caudal diario de cerca de 30 millóns de litros, que fai da comunidade unha das rexións máis ricas de Europa no que respecta a este recurso; o presidente da Xunta subliñou que a aposta do Goberno galego polo sector termal vese reflectida en catro piares: innovación, impulso aos emprendedores, cualificación e dinamización do mercado.

 4 millóns de euros para a construción de hoteis-balneario termais

No tocante ao impulso aos emprendedores, Feijóo salientou que, por primeira vez, a Xunta conta cunha liña de axudas no ámbito termal de 4 millóns de euros para aqueles emprendedores que queiran facer hoteis-balneario termais. “Creouse a primeira cátedra de Hidroloxía Médica de Galicia e segunda de España; e deuse un impulso aos emprendedores cun plan de desestacionalización e cunha liña específica de subvencións para a creación e mellora de hoteis-balneario que suman 4 millóns de euros”, matizou.

 Sobre a innovación, resaltou o impulso da Agrupación Empresarial Innovadora Termal formada por 58 entidades, e Proxectos Europeos relacionados co termalismo e a innovación, como o Termared. E dentro do impulso á comercialización, Feijóo destacou a creación de produtos turísticos termais como “Outono nas termas”, para mulleres do rural; Programa “Noites Saudables”, enfocado a mozos; ou Programa “Balnearios.Un descanso no Camiño” que une o poder da auga ao descanso nas rutas de peregrinación xacobea.

 Por último, e logo de lembrar que Termatalia é a única Feira Internacional de Turismo Termal que se celebra en España, Feijóo amosouse convencido de que esta feira termal seguirá a ser durante moitas máis edicións o escaparate de vangarda das últimas tecnoloxías e novidades do sector.

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 3.232 seguidores

%d bloggers like this: