Post etiquetado ‘denominaciones’

29/11/2010

Más de 160.000 visitantes en la promoción gastronómica gallega en Madrid ‘Saborea Galicia’

MÁIS DE 160.000 PERSOAS VISITARON EN MADRID A PROMOCIÓN DOS PRODUTOS GASTRONÓMICOS GALEGOS DE CALIDADE ‘SABOREA GALICIA’

 Más de 160.000 personas visitaron en Madrid la promoción de los productos gastronómicos gallegos de calidad ‘Saborea Galicia’

  • Entre os días 12 e 21 de novembro, o histórico mercado de San Miguel, reuniu a meirande mostra da gastronomía galega, organizada pola Consellería de Cultura e Turismo a través de  Turgalicia. Na mostra déronse cita máis de medio millar de referencias culinarias galegas.
  • Os produtos galegos tiveron unha grande acollida entre os visitantes, tanto madrileños como turistas nacionais e estranxeiros, de xeito que houbo que repoñer un 30 por cento máis as cantidades previstas para satisfacer a demanda.

 

Santiago, 28 de novembro de 2010.- Máis de 160.000 persoas participaron no histórico mercado de San Miguel de Madrid, entre os días 12 e 21 de novembro, na campaña ‘Saborea Galicia’ de promoción dos produtos gastronómicos galegos de calidade, organizada pola Consellería de Cultura e Turismo a través da sociedade Turgalicia, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo. A campaña tivo como obxectivo a difusión dos valores da gastronomía galega no mercado madrileño, o que máis turistas achega anualmente á Comunidade galega.

 Esta promoción da Xunta de Galicia, que tamén contou no seu desenvolvemento coa participación das consellerías de Medio Rural e Mar, constituíu a meirande mostra dos produtos gastronómicos galegos de calidade. Este acontecemento serviu de escaparate para os produtos gastronómicos galegos máis senlleiros de Galicia e posibilitou a súa comercialización entre o público madrileño ao tempo que se difundiron os valores turísticos da Comunidade galega.

 Unha proba do interese desta mostra en Madrid foi o incremento da porcentaxe do número de visitantes do mercado entre os días 12 e 21 de novembro en máis dun 20 por cento. Os produtos galegos de calidade tiveron unha grande acollida entre os visitantes, tanto madrileños como turistas nacionais e estranxeiros, de xeito que houbo que repoñer un 30 por cento máis as cantidades previstas para satisfacer a demanda.

 Alimentos certificados

Ao longo destes días, Turgalicia instalou no mercado de San Miguel 12 postos de venda con máis de medio millar de referencias de produtos e cada un deles estivo atendido por dúas persoas coñecedoras das características destes.

 Dentro destes postos, que se dispuxeron a xeito de carriños decorados coa imaxe característica desta promoción, exhibíronse produtos galegos das distintas denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, relacionadas cos sectores dos queixos, a carne, o hortícola, a panadería, a pastelería, os produtos do mar, o mel e a castaña.

 Ademais, promocionáronse os viños das cinco denominacións de orixe, así como os viños da terra e as bebidas espirituosas, das que se chegaron a vender máis de 3.500 botellas.

 Nesta promoción da Xunta da Galicia, difundíronse tamén os valores dos produtos con certificación ecolóxica, e os visitantes, ademais de poder informarse e mercar produtos gastronómicos de Galicia de calidade, puideron obter información turísitca sobre as posibilidades que ofrece o territorio galego no eido gastronómico e turístico, grazas a un punto informativo que se instalou no propio mercado de San Miguel.

 Xornadas de promoción

Na promoción Saborea Galicia, tiveron lugar xornadas específicas para mercar e degustar os distintos produtos da gastronomía galega. Así, os días 12 e 13, estiveron dedicados aos cogomelos, as castañas e ás fabas, que foron protagonistas da cociña do mercado. Os días 14 e 15 de novembro estiveron dedicados ao peixe e ás conservas, mentres que os mariscos foron os protagonistas das xornadas do 16 e o 17 de novembro. Os días 18 e 19 houbo promocións especiais das carnes galegas, e dos queixos, os días 20 e 21 de novembro. Ademais, realizáronse dúas catas maridadas diarias con viños, unha ás 13:00 horas e outra ás 21:00 horas, nas que participaron máis de 5.000 persoas.

 Ao longo desta promoción, os dous locais de hostalería habituais do mercado, seviron tapas elaboradas con produtos galegos e viños das denominacións de orixe de Galicia.

About these ads
24/11/2010

El Enoturismo avanza con talleres de las cinco denominaciones de origen de los vinos gallegos

A SECRETARIA XERAL PARA O TURISMO INAUGUROU EN VERÍN O OBRADOIRO DE INNOVACIÓN EN ENOTURISMO DA DENOMINACIÓN DE ORIXE MONTERREI

 

La secretaría general para el Turismo de la Xunta inauguró en Verín (Ourense) el taller de innovación en Enoturismo de la denominación de origen Monterrei. A lo largo de esta semana se celebrarán otros cuatro talleres en las restantes denominaciones de origen gallegas: Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra y Valdeorras. La participación es gratuita.

 

  •  Mª Carmen Pardo informou que o obxectivo deste taller, financiado polo seu departamento, dependente da Consellería de Cultura e Turismo, é conseguir a introdución da cultura da innovación nas pemes, así como o uso de ferramentas que faciliten a xestión e promoción destas.
  • Ao longo desta semana celebraranse outros catro talleres nas restantes denominación de orixe galegas: Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra e Valdeorras
  • A participación é totalmente gratuíta. Todas aquelas persoas interesadas en participar poderán dirixirse no mesmo día do evento aos lugares de celebración dos mesmos, sen necesidade de inscrición previa.

 

 

Verín (Ourense), 24 de novembro de 2010.- A secretaria xeral para o Turismo, Mª Carmen Pardo López, inaugurou  no Centro de Cooperativismo de Pazos de Verín, o Taller de Innovación en Enoturismo da Denominación de Orixe Monterrei, que promove e financia o seu departamento, dependente da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

 

A secretaria xeral, que estivo acompañada polo  alcalde de Verín, Juan Jiménez Morán; o secretario xeral de Agader, Isaías Calvo; o presidente da Denominación de Orixe Monterrei, Antonio Méndez e  o xefe de proxectos de Hosteltur, Jimmy Pons, amosou a súa satisfacción por comezar esta iniciativa nun “lugar de gran tradición vitivinícola e de recoñecido prestixio, onde a calidade e cantidade, dous factores sempre difíciles de conxugar en simultáneo, teñen crecido exponencialmente”.

 

Carmen Pardo informou que o taller forma parte do Plan de Enogastronomía do seu departamento, que nace tamén coa finalidade de dar continuidade ao proxecto ‘Ruta dos Viños de Galicia’. A responsable de Turismo aludiu ao resto da aposta en enoturismo que  se realiza dende Turismo, como o apoio ao primeiro Salón do Enoturismo, celebrado en Pontevedra o ano pasado, á Cámara ade Comercio de Ourense cunha viaxe de estudo empresarial á ruta do Viño da Rioxa Alavesa ou ás actividades promocionais da Feira do Viño de Monterrei, en agosto pasado. “Programas como o Vive Galicia, que seguirá vixente no 2011, dedican un total de oito paquetes á experiencia do enoturismo”, lembrou a secretaria xeral, mencionando dun xeito específico o titulado “De cata por Monterrei”.

 

A secretaria xeral aseverou que “o turismo enogastronómico estase convertendo nun dos instrumentos máis destacados de fidelización dos destinos turísticos xa que incrementa os fluxos turísticos, desestacionaliza a demanda, serve para desenvolver a economía local e rexional, crea unha imaxe de destino turístico de calidade e acaba impulsando a produción local”.

Neste sentido, instou aos asistentes a “aproveitar as fortalezas e oportunidades do territorio que xa posúe unha imaxe de Galicia en canto a gastronomía e á vinculación do viño coas festas e tradicións populares”.  A este motivo, engadiu “o cambio positivo de actitude” que se está producindo en boa parte do sector.

Os obradoiros de innovación están orientados a “axudar aos profesionais do sector a introducir a cultura da innovación nas pemes, así como o uso de ferramentas que faciliten a xestión e a promoción destas”, dixo. O obxectivo final é o de definir estratexias innovadoras para as  adegas e os produtos enolóxicos, fomentando así a fidelización e a prescrición dos clientes.

 

A Secretaría Xeral  para o Turismo promoverá ao longo desta semana, ata o venres 26, outros catro obradoiros de innovación en enoturismo nas restantes Denominacións de Orixe galegas: Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra e Valdeorras.

 

A participación nos talleres, que contan coa colaboración de Agader, é totalmente gratuíta e todos os interesados poderán recabar información específica de cada un dos obradoiros dirixíndose aos distintos lugares de celebración dos mesmos.

 

Axenda dos talleres

O martes 23 de novembro o taller enfocarase á Denominación de Orixe Valdeorras, e terá lugar no Centro Comarcal desa denominación. Ao día seguinte, o mércores 24, o Centro Comarcal de Terra de Lemos, en Monforte, acollerá o obradoiro dedicado á Denominación de Orixe Ribeira Sacra. O xoves 25 celebrarase no Centro Comarcal do Ribeiro, de Ribadavia, o obradoiro da Denominación de Orixe do mesmo nome. Finalmente, o martes 26 terá lugar o obradoiro da D.O. Rías Baixas no Centro Comarcal do Salnés, situado en Cambados (Pontevedra).

 

Todos os obradoiros se celebrarás as 16,00 horas da tarde. Aquelas persoas interesadas en participar nos mesmos poderán dirixirse aos respectivos lugares de celebración dos mesmos, sen necesidade de inscrición previa.

12/11/2010

La gran cita gastronómica ‘Saborea Galicia’ hace historia en Madrid

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

A XUNTA DE GALICIA DESENVOLVE EN MADRID A MAIOR PROMOCIÓN DOS PRODUTOS GASTRONÓMICOS GALEGOS DE CALIDADE NO EVENTO “SABOREA GALICIA”

 La Xunta de Galicia desarrolla en Madrid la mayor promoción histórica de productos gastronómicos gallegos de calidad en el evento ‘Saborea Galicia’. Más de medio centenar de referencias gastronómicas de calidad (incluidos denominaciones de origen, indicaciones geográficas protegidas y productos ecológicos) se reúnen en el Mercado de San Miguel entre el 12 y el 21 de noviembre.

  • A Consellería de Cultura e Turismo, a través de Turgalicia, reúne no Mercado de San Miguel entre o 12 e o 21 de novembro máis de medio cento de referencias gastronómicas de calidade, que inclúen as denominacións de orixe, indicacións xeográficas protexidas e produtos ecolóxicos.
  • O acto central de pesentación tivo lugar o venres día 12 ás 14,30 horas. Asistirán o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela; a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo.

 

Santiago, 12 de novembro de 2010.- A Consellería de Cultura e Turismo a través da sociedade Turgalicia, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo, presenta no histórico mercado de San Miguel de Madrid entre os días 12 e 21 de novembro a promoción Saborea Galicia, unha iniciativa que permitirá a presenza dos mellores produtos da gastronomía para todo o público madrileño.

 Este acontecemento, organizado en colaboración coas consellerías de Medio Rural e Mar, servirá de escaparate para os produtos gastronómicos galegos máis senlleiros de Galicia e posibilitará a súa comercialización entre o público madrileño ao tempo que se difunden os valores turísticos da Comunidade galega.

 Ao acto central de presentación, que tivo lugar o venres día 12 ás 14.30 horas, asistiron o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela; a conselleira do Mar, Rosa Quintana e a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo.

 Turgalicia instalará no mercado de San Miguel 12 postos de venda de produtos e cada un deles estará atendido por dúas persoas coñecedoras das características destes.

 Certificacións alimentarias

Dentro destes postos, que se disporán a xeito de carriños decorados coa imaxe característica desta promoción, exhibiranse produtos galegos das distintas denominacións de orixe p e indicacións xeográficas protexidas, relacionadas cos sectores dos queixos, a carne, o hortícola, a panadería, a pastelería, os produtos do mar, o mel e a castaña.

 Ademais, promocionaranse os viños das cinco denominacións de orixe, así como os viños da terra e as bebidas espirituosas.

 Nesta promoción da Xunta da Galicia, difundiranse tamén os valores dos produtos con certificación ecolóxica, e os visitantes, ademais de poder informarse e mercar produtos gastronómicos de Galicia de calidade, poderán obter información turística sobre as posibilidades que ofrece o territorio galego no eido gastronómico e turístico, grazas a un punto informativo que se instalará no propio mercado de San Miguel.

 Xornadas específicas de promoción

Na promoción Saborea Galicia, está previsto que se desenvolvan xornadas específicas para mercar e degustar os distintos produtos da gastronomía galega.

 Así, os días 12 e 13, estarán dedicados aos cogomelos, as castañas e ás fabas, que serán protagonistas da cociña do mercado.

 Os días 14 e 15 de novembro estarán dedicados ao peixe e ás conservas, mentres que os mariscos serán os protagonistas das xornadas do 16 e o 17 de novembro.

 Os días 18 e 19 haberá promocións especiais das carnes galegas e dos queixos, os días 20 e 21 de novembro.

 Ademais, realizaranse dúas catas maridadas diarias con viños, unha ás 13:00 horas e outra ás 21:00 horas.

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 3.230 seguidores

%d bloggers like this: