Post etiquetado ‘CIG’

26/04/2013

Manifestación del personal del CHUS por los puestos dados “a la carta”, según el sindicato CIG

post_a_carta_26a

DENUNCIA CIG

Dende CIG-SAÚDE queremos denunciar o clima de malestar e indignación que se está a vivir nos distintos servizos e entre o distinto persoal do CHUS.

Isto vén dado por tres prazas de enfermeiras/os dos seguintes servizos:

-Enfermeira perfusionista en Quirófano

-Enfermeira da Consulta de Eco-Doppler

-ATS/DUE en quirófano de trasplantes

que foron designadas polo procedemento “a dedo” cun único criterio: “a dirección do CHUS”.

Sabido é, que a contratación do persoal por parte da Aministración debe estar baseado nos principios de igualdade, mérito e capacidade, esixidos polo artigo 23,2 da C.E. e deberíase ofertar a todo o persoal por igual.

É por iso, que nestas prazas de enfermería, que non están revestidos de ningún tipo de xefatura, deberíase garantir o acceso e igualdade a todos aqueles traballadores que cumpran cos requisitos para ocupar tales prazas.

Así acontece que:

  • A Dirección de Enfermería decidiu a colocación a dedo de persoal nestes servizos.
  • Por presión dos traballadores e das Organización sindicáis, sacan unha convocatoria pública na praza de perfusionista, pero sin antes informar a Xunta de Persoal e mesmo”condicionan e diseñan” a praza en cuestión coas características PERFILADAS para que ocupe quen eles queiran, é decir “CHAVE EN MAN”

Entendemos que a transparencia desta xestión debería ser máis explícita e ofertárselle as mesmas oportunidades a todo o persoal coa mesma cualificación e dentro do mesmo servizo, xa que de non facelo, dá pé a entender que existe un presunto trato de favor a uns traballadores e que poden levar aparellados unha serie de privilexios (como traballar nas prolongacións de xornada de quirófano,…).

Quen exerce un cargo público, e xestiona cartos públicos, os seus actos deben estar baseados no criterio de excelencia profesional e actuar con responsabilidade e obxectividade no exercicio da súa profesión como garantías de competencia e imparcialidade no exercicio das súas funcións.

CONCENTRACIÓN: VENRES 22 MARZO ÁS 08.30 HS. NA ENTRADA H. CLÍNICO

Santiago de Compostela a 21 Marzo do 2013

About these ads
24/04/2013

La CIG denuncia al ayuntamiento de Santiago por no permitirle anunciar manifestaciones

PUBLICITAR PROTESTAS

A CIG estuda denunciar ao Concello de Compostela por prevaricación despois dunha nova sentenza que autoriza anunciar unha manifestación na cidade.

Renato Núñez, Secretario de Organización da CIG – Compostela, considera que logo de 6 autos xudiciais é o momento de pedir responsabilidades ao Concello.

27 de xaneiro do 2011, 1º de Maio do 2011, 1º de Maio do 2012, 14 de Novembro do 2012, 10 de Marzo do 2013 e agora o 1º de Maio do 2013 son datas de mobilizacións nas que a CIG de Compostela tivo que acudir ao Xulgado para acadar as autorizacións para megafonear, colocar faixas ou obter permisos para a lectura dun manifesto. Seis datas ás que hai que sumar outras varias nas que non foi posíbel por razón de tempo ou de medios, presentar denuncias contra o Concello e nas que non se puideron exercer debidamente os dereitos vulnerados.

Neste último auto o Xulgado do Contencioso número 1 de Compostela ven de afirmar que:

“cabería o risco de que, tardiamente, unha resolución extemporánea do Concello, puidera comprometer seriamente o exercios dos dereitos fundamentais antes referido (…) Tal posibilidade non resulta descabelada á vista da TRAXECTORIA EVIDENCIADA POLA CITADA ADMINISTRACIÓN”

Era tan evidente a falta de motivación legal para non ter autorizado a divulgación da última mobilización que o propio avogado do Concello non se opón as medidas cautelares nas que se autoriza anunciar a manifestación do 1º de Maio. En concreto o xuíz di que “non podemos decir tampouco que exista unha verdadeira oposición á adopción das medidas que aquí se piden, limitándose a esixir que as mesmas respecten o tenor das Ordenanzas”. Resulta que o Concello pide que se respecten as ordenanzas que el sistematicamente incumpre, algo que se deixa en evidencia no auto onde se afirma que “presentada a solicitude o pasado 2 de abril, a día de hoxe non consta que o Concello resolvera expresamente a mesma INCUMPRINDO DE ESTE MODO A SÚA PROPIA NORMATIVA”

O Xulgado do Contencioso nº 1 de Compostela afirma que “En efecto, tal e como reiteradamente se ven sostendo neste mesmo Xulgado en casos similares ao presente, o exercicio dos dereitos fundamentais de manifestación e liberdade de expresión esixe, para que sexa realmente eficaz, dunha previa campaña de información e divulgación para o cal o uso da megafonía e a colocación de faixas ou voandeiras informativas consitue un instrumento esencial” e que a falta de contestación da solicitude dos permisos supón “tendo en conta que nos encontramos ante o exercicio de dereitos fundamentais, un serio perigo para o eficaz exercicio do mesmo”

Hai que ter en conta que algunha autorización previa de colocación de faixas impuxo taxas de 600€ para permitir a instalación de cada unha. Unha cantidade desorbitada que tamén lle pareceu á Fiscalía nalgunha das denuncias anteriores.

Esta acumulación de denuncias realizadas pola CIG resulta algo imposíbel de facer para moitos outros colectivos cidadáns que abandonaron as súas pretensións ante os incumrpimentos da Ordenanza por parte do Concello ou a imposición de medidas imposíbeis de realizar e que non veñen contempladas nas Ordenanzas.

Nunha ocasión, o Concello agardou até a víspera da data para o inicio do megafoneado para contestar á solicitude, esixindo que a CIG demostrara previamente que a megafonía non superaría os límites de decibelios permitidos, noutra ocasión esixiu o recorrido do coche da megafonía, doutra vez pediu os lemas das faixas a colgar… Todas esas medidas non son esixíbeis e así o dictou o Xulgado.

Evidentemente a aplicación da normativa faise á medida, incumprindo a lexislación vixente e os continuos autos e sentencias demostran que se realizan con coñecemento de que as limitacións son ilegais. Esa forma de actuar está claramente penada e non é outro delito que o de prevaricación. Algo sobre o que Renato Núñez entende que os responsábeis do Concello de Compostela deberan responder.

 

Compostela, 23 de abril de 2013

Asdo.-Renato Núñez da Silva

19/04/2013

CIG promueve la objeción de conciencia entre los trabajadores de la banca

OBJECIÓN CONCIENCIA

Manifesto aos traballadores e traballadoras do sector financeiro

Obxección de conciencia ante Desafiuzamentos, Comercialización de produtos complexos e Quita ás preferentes e subordinadas

 

A actuación das Entidades Financeiras está sendo cuestionada cada vez máis, e con máis razón, pola sociedade. Cada vez un maior número de sentenzas cuestiona a lexislación bancaria, así como o comportamento da Banca. As persoas que traballamos nelas, que non somos banqueiros, estamos na diana, é preciso un cambio profundo que debe comezar por nós mesmos.

A CIG tense dirixido ás patronais de banca (AEB) e das antigas caixas (ACARL), así coma ao FROB (a través do que se instrumenta a propiedade estatal das Entidades intervidas), para requirirlle que recoñeza o dereito á obxección de conciencia dos traballadores e traballadoras do sector ante cuestións concretas, tal e como ten establecido incluso o Tribunal Constitucional.

Reclamamos o recoñecemento do dereito a exercer a obxección de conciencia ante:

Os desafiuzamentos.

Ata o Tribunal Europeo considerou abusiva a actual lexislación hipotecaria. Non queremos ser cómplices da patronal e do Goberno. Defendemos o dereito das persoas a ter unha vivenda e non queremos colaborar en desafiuzamentos inxustos. Abonda de botar familias das súas casas para telas baleiras.

A venta de produtos complexos en tramo minorista.

As cada vez máis numerosas sentenzas demostran que as políticas comercias das Entidades son ilegalidade en moitos casos. Nos padecemos esas políticas comerciais agresivas e temos dereito a dicir basta. Non queremos colocar produtos de deseño, que ninguén sabe o que son, nin ofrecen garantías.

A participación na Quita aos aforradores/as.

Os traballadores e traballadoras das Entidades Nacionalizadas non queremos tomar parte da quita aos pequenos aforradores con débeda subordinada. É o seu diñeiro e teñen dereito a recuperalo de xeito íntegro.

As Patronais e o Goberno/FROB, son os auténticos responsables. Hoxe, recoñecendo ou negando o noso dereito á obxección de conciencia, retrataranse socialmente.

Temos o convencemento de que o recoñecemento deste dereito á obxección de conciencia, que en xustiza pedimos, contribuiría a sentar as bases dun sistema financeiro máis xusto e sostible socialmente.

                        Vigo, 19 de abril de 2013

18/04/2013

Denuncia CIG: “El silencio de la Xunta coloca a Alimentos Lácteos en una situación límite”

alimentos lacteos

A CIG reclama da administración unha resposta inmediata para evitar que a empresa entre en concurso de acredores e se garanta o mantemento do emprego

O silencio da Xunta coloca a Alimentos Lácteos nunha situación límite

 

Traballadoras e traballadores de Alimentos Lácteos concentrábanse esta mañá ás portas de San Caetano, diante da consellaría de Industria, para exixir da Xunta de Galiza unha resposta inmediata que permita continuar coa actividade e que se manteñan os postos de traballo. Crhistian López Carmona, secretario comarcal da FGAMT-CIG de Lugo, denuncia que o silencio da administración está a abocar á empresa a unha situación límite.

 

A factoría de Outeiro de Rei, Alimentos Lácteos S.A, está inmersa nun proceso colectivo de suspensión dos contratos da totalidade do cadro de persoal. Na xuntanza semanal mantida onte coa dirección da empresa, esta sinala que o silencio da Xunta está a levar á fábrica a unha situación límite.  Crhistian López Carmona explica que segundo a dirección, cada vez que chaman á Xunta a resposta que recibe é que agarden.

 

“A empresa está en situación de liquidación. Se non hai unha resposta a finais desta semana ou principios da que vén, precipitaríase a súa entrada en concurso de acredores” denuncia López Carmona, quen alerta de que a consecuencia sería a perda de todos os postos de traballo e o peche da empresa.

 

O secretario comarcal da FGAMT-CIG de Lugo afirman que a Xunta tería que dar o visto bo para acceder aos compromisos co IGAPE e formalizar o acordo co socio industrial. “Deste xeito garantiríase o proxecto industrial cun plan de negocio que é viábel”.

 

O XES Galiza leva meses tutelando á empresa e agora, segundo López Carmona todos os requisitos exixidos están cumpridos. Porén, ante o atraso provocado pola falta de resposta da Xunta, a CIG témese que o socio industrial poida botarse atrás.

 

Alén diso, está o compromiso cos produtores de comezar a entregar o leite a partir do 1 de maio. Por iso López Carmona reitera que a situación é límite e exixe unha inmediata resposta da Xunta para reiniciar a actividade e garantir o mantemento dos postos de traballo.

 

Compostela, 18 de abril de 2013.

Confederación Intersindical Galega

18/04/2013

La Xunta paga a las trabajadoras readmitidas de Agader para que se queden en casa

PLANTILLA AGADER

Ao remate da rolda de prensa realizaron un peche en Medio Rural (San Caetano), onde están neste intre

A Xunta paga ás traballadoras readmitidas de AGADER para estar na casa

A CIG denunciou esta mañá en rolda de prensa que a Xunta prefire pagar ás traballadoras readmitidas de Agader por orde xudicial, sen darlles traballo efectivo e nin sequera un lugar físico onde estar. Renato Núñez, secretario de Organización da central sindical en Compostela, que compareceu acompañado por 11 traballadoras e traballadores, asegura que este ente público pretende así evitar que se visualice que existe traballo que este persoal poderían realizar.

En novembro de 2012 AGADER despediu a 23 traballadoras logo de facer unha modificación da Relación de Postos de Traballo “feita a medida para despedir ao persoal que denunciara unha situación laboral irregular e que gañara os xuízos”,lembra Núñez.

Estes despedimentos, que tanto o persoal como a CIG consideraron no seu momento irregulares, están a ser declarado nulos nos diferentes xuízos que se están a celebrar e obrigan á súa readmisión no mesmo posto de traballo e coas mesmas condicións.

A CIG solicitou, ante a coincidencia en todas as sentenzas ditadas até o momento, que se procedera á readmisión de todo o persoal despedido para evitar os custos económicos e persoais derivados desta situación. Núñez denuncia que no canto diso, o ente non só non readmite ás persoas que aínda están agardando a que se dite sentenza, senón que ademais “opta por manter na casa aos traballadores con sentenza ditada, pagándolles o salario e sen darlles traballo efectivo”.

O secretario de Organización da CIG de Compostela considera que nun momento no que a Xunta está a recortar en cousas tan graves como os comedores infantís, está tirando cartos, pagándolle ao persoal sen darlle traballo e habendo labores que desenvolver. “É unha estratexia para finalmente poder alegar que non saben onde recolalos nin que ocupación darlles”.

Fronte a isto, o persoal asegura que hai expedientes pendentes que acumulan meses de atrasos aos que se podería dar a axeitada tramitación se se contara con estas persoas para facer o que mellor saben: traballar.

Ao remate da rolda de prensa, as traballadoras e traballadores acordaron realizar un peche para denunciar esta situación e reclamar traballo efectivo, en Medio Rural, en San Caetano, onde aínda están neste intre.

Compostela, 18 de abril de 2013.

Gabinete de Comunicación

Confederación Intersindical Galega

17/04/2013

La asamblea de desempleados de la CIG ocupa la oficina del Inem en Compostela

inemcompostela

OCUPACIÓN INEM

A asemblea de desempregados/as da CIG ocupa a oficina do INEM en Compostela

Compostela, 17 de abril de 2013.- Desempregados e desempregadas da CIG de Compostela ocuparon esta mañá a oficina do INEM do lado Parlamento para denunciar a situación indigna na que se atopan as persoas desempregadas en Compostela e comarca pola falta de alternativas laborais, a ausencia de políticas de creación de emprego, os inútiles itinerarios formativos e a conversión destas oficinas en servizos de desemprego, no canto de servizos de emprego.

Do mesmo xeito denunciaron que, como única alternativa, o Partido Popular aposta pola privatización destes servizos eludindo a responsabilidade das administracións públicas nun problema social de tanta gravidade, convertendo en fonte de negocio para as ETTs ás persoas desempregadas.

Para o colectivo de desempregadas e desempregados é especialmente preocupante a redución da partida destinada ao Programa de Fomento de Emprego nun 34,6%, nos orzamentos xerais do Estado deste ano, que se traduce nunha redución das transferencias do Estado á Galiza neste concepto en 137,1 millóns de euros.

Tamén denuncian que no Plano de Emprego Xuvenil que aprobou o PP en Consello de Ministros, se abre ás ETTs unha vía de negocio ao ditaminar que poden subscribir contratos de formación. Consideran que fronte a isto tiña que se garantir unha dotación orzamentaria digna dos Servizos Públicos de Emprego para equiparar á media da UE en gasto público de políticas activas de emprego e de rateo de profesionais dedicadas/os á atención de cada persoa desempregada.

Porén, denuncian que na actualidade directamente non hai ofertas de emprego nin INEM, nin apenas nas ETTs e que, en todo caso o que estas últimas ofertan son empregos temporais, mal pagados e, no seu conxunto, precarios.

Exixen da Xunta de Galiza un cambio radical de políticas, con investimento público nos sectores produtivos para que se xere emprego. Xunto a isto, reclaman un plan real de promoción do emprego que vaia acompañado das partidas orzamentarias necesarias; programas de formación para o emprego axeitados á realidade laboral de Galiza e que se manteñan uns servizos sociais dignos que eviten a exclusión social deste colectivo.

Gabinete de Comunicación

Confederación Intersindical Galega

12/04/2013

CIG, ASCA y CGT se movilizan contra el inicio de los despidos en Novagalicia Banco

Entre mentres, mantéñense contratos temporais e están recolocando a persoas procedentes da rede exterior en Galiza

CIG, ASCA e CGT mobilízanse contra o inicio dos despedimentos en Novagalicia Banco

 

Novagalicia Banco mantén contratos temporais en Galiza e está recolocando a persoas procedentes da rede exterior aquí, o que demostra que hai vacantes no país, pero comezou ca vaga dos 1.850 despedimentos previstos no cuarto ERE. CIG, ASCA e CGT teñen convocado unha concentración o 16 de abril na oficina de San Roque en Lugo como primeira resposta.

 

A CIG-Banca denuncia que a Dirección de Novagalicia banco non fixo ningún tipo de comunicación, nin contestou aos requirimentos sindicais ao respecto, pero está confirmado que cando menos son 8 as persoas ás que lle foron comunicados os seus despedimentos que terían data do 21 de abril.

 

O IV ERE, que foi impugnado tanto pola CIG como por ASCA, contempla que cando se produza o peche de centros de traballo o persoal poderá acollerse a unha baixa incentivada nos quince días seguintes á comunicación dos peches e que, de non acollerse “voluntariamente”, o persoal arríscase a ser despedido cunha indemnización menor.

 

Nalgún dos despedimentos actuais, unha vez que os traballadores recibiron a comunicación do peche dos centros de traballo, solicitaron coñecer si tiñan novo destino e desde RRHH indicóuselles que estaban realizando os axustes para ser recolocados. A seguinte comunicación foi a do despedimento máis barato, unha actuación que vulnera ademais a boa fe.

 

 

Compostela, 12 de abril de 2012.

Confederación Intersindical Galega

17/03/2013

La CIG se opone al decreto que retrasa la edad de jubilación, “mentres a mocidade ten grandes dificultades para conseguir un emprego”

REPULSA CIG

A CIG manifesta a súa repulsa ante as medidas decretadas polo Consello de Ministros

 

Compostela, 15 de marzo de 2013.- A CIG manifesta o seu máis absoluto rexeitamento ás medidas anunciadas hoxe tras do Consello de Ministros. O secretario xeral , Suso Seixo, cuestiona un decreto que promove a permanencia no posto de traballo e o atraso da idade de xubilación, mentres a mocidade ten grandes dificultades para conseguir un emprego e se está a producir unha nova vaga migratoria. Considera especialmente alarmante a pretensión de deixar sen subsidio aos maiores de 55 anos e anuncia que o vindeiro luns reunirase o Secretariado Confederal para analizar, tanto estas medidas, como as que adoptará a central sindical ante esta nova agresión á clase traballadora.

 

O Consello de Ministros vén de aprobar un Real Decreto Lei baixo o pomposo nome de RD para favorecer a continuidade da vida laboral dos traballadores de maior idade e promover o envellecemento activo. Un conxunto de medidas que impón o goberno de Mariano Rajoy, máis unha vez, eludindo o trámite parlamentario e que “supoñen un novo ataque aos dereitos da clase traballadora e, sobre todo, aos dereitos dos sectores máis desfavorecidos. Os que con máis dureza están sufrindo as consecuencias da crise económica”, denuncia o secretario xeral da CIG, Suso Seixo.

 

Considera que as medidas recollidas neste RD seguen a liña das xa adoptadas e inciden nos mesmos argumentos utilizados para xustificar as sucesivas reformas laborais: a sostibilidade do sistema do sistema de pensións.

 

Lembra que a CIG ten denunciado, de forma reiterada, que o problema da sostibilidade do sistema “vén derivado da falta de cotizantes, que é o que xenera as debilidades do propio sistema” e asegura que “se tiveran unha política de creación de emprego adecuada o sistema no tería problema ningún”.

 

O secretario xeral da CIG denuncia ademais as medias verdades ás que recorren para xustificar estas medidas, como os perigos derivados do envellecemento da poboación, por mor da menor natalidade, e a maior esperanza de vida. Circunstancias que serían as que porían en cuestión esa sostibilidade ao incrementar o peso das pensións no PIB en 3,6 puntos, segundo se recolle no documento difundido tras da rolda de prensa. Porén, subliña, “non aclaran que iso se refire aos próximos 50 anos e toman como referencia o PIB actual, cando este tamén se vai incrementar durante eses 50 anos”. 

 

Por iso considera que habería que ir a 50 anos atrás para ver en canto se incrementou o PIB e a porcentaxe que representaban daquela as pensións “que é moi probábel que sexa por riba dos 3,6 puntos, pero non levou a quebra ao sistema”. Insiste en que “é un dato que aparece illado e que non aporta nada” e denuncia que a pretensión do goberno é, novamente, “derivar a aqueles que teñen capacidade de aforro aos sistemas privados de pensións”.

 

Atraso da xubilación, desemprego da mocidade

Para Suso Seixo é especialmente preocupante que “nunha situación na que hai grande dificultade de acceso ao mercado laboral por parte da xente nova, cando no noso país estamos de novo asistindo a un proceso de emigración realmente importante, estes señores, en vez de facer unha política de creación de emprego, poñan en marcha medidas para facilitar a permanencia no posto de traballo das persoas que chegan á idade de xubilación, o que vai dificultar aínda máis o acceso de mozos/as ao emprego”.

 

Lembra que isto vai acompañado, ao tempo, de anuncios de plans de emprego xuvenil “moi bonificados” para promover a inserción laboral da mocidade, “nun momento no que se están a crear moi poucos postos de traballo novos e nunhas condicións tremendamente precarias”.

 

Para o secretario xeral da CIG tamén son preocupantes as medidas dirixidas a dificultar o acceso a unha xubilación anticipada ou á xubilación parcial. “Atrásase a idade á que podes acollerte a eses dereitos e polo tanto vai polo mesmo camiño das reformas anteriores”.

 

Maiores de 55 anos sen subsidio

Con todo, para Seixo é “especialmente alarmante” o intento de dificultar o acceso ao subsidio de desemprego aos maiores de 55 anos. “É un colectivo especialmente sensíbel porque neste momento é o que corre máis perigo de perder o seu posto de traballo e o que ten máis dificultades para acceder de novo ao mercado laboral”.

 

Por iso entende que é dunha “enorme hipocrisía” que se xustifique esta medida so pretexto de que o goberno fará especiais esforzos por pór en marcha políticas activas dirixidas a este colectivo. “É un insulto á intelixencia. Afortunadamente a maioría da poboación non pode crer este tipo de tonterías”.

 

Do mesmo xeito denuncia que se precarizan as condicións familiares ao facer depender o subsidio dos ingresos das persoas que convivan na unidade familiar. “O PP parte da base de que non son dereitos do traballador senón concesións do estado aos traballadores cando quedan no desemprego, cando iso non é así, é un dereito que teñen en función de que durante os anos que estiveron traballando cotizaron, entre outras cousas, tamén para o desemprego”.

 

Denuncia, ante isto, que se trata dunha medida como a de reducir a un 50% a prestación por desemprego ás persoas desempregadas que leven máis de 6 meses no paro, ou a de pór dificultades para acceder á axuda de 426 € ás persoas que quedaron sen ningún tipo de prestación. “Pretenden castigar e cebarse cun dos colectivos que máis axuda e apoio precisa nestes momentos e seguir responsabilizando da actual situación ás traballadoras e traballadores, que son quen máis están padecendo as consecuencias da crise”.

 

Considera que estas políticas evidencian “a mentalidade profundamente elitista e clasista que teñen” e pon en cuestión a súa lexitimidade para levalas adiante“precisamente un partido no que os seus dirixentes estiveron cobrando sobresoldos en negro, pero lles parece moito que cobren o subsidio as persoas maiores de 55 anos”.

 

Confederación Intersindical Galega

16/03/2013

La Consellería de Educación recorta más de un 9% en los gastos de funcionamiento de los centros de Secundaria

RECORTES SECUNDARIA

A consellaría de Educación recorta máis dun 9% a partida destinada ao gasto de funcionamento dos centros de ensino en Secundaria

No ano 2012, a partida destinada ao gasto de funcionamento destes centros foi de 31.108.000 de euros fronte aos 28.336.500 deste ano 2013. A este decrecemento do 9% respecto do ano 2012 habería que lle engadir o incremento dos prezos dos gastos que os centros teñen que facer fronte con esta partida, pois a calefacción, a luz, a auga, gastos de departamentos, material fusíbel, trasporte para actividades complementarias etc. tiveron unha suba importante en relación ao exercicio anterior.

A Consellaría con estes recortes persiste na súa cruzada contra o ensino público que impedirá o funcionamento normal dos centros e suporá un deterioro no desenvolvemento escolar e , mesmamente, na calidade do ensino. Téñase en conta que este estrangulamento faise aínda máis grave porque no ano 2012 os centros xa padeceron outro importante recorte na partida destinada a gastos de funcionamento e que estes recortes reduciran as partidas de moitos centros en máis de 20.000 euros.

O PP non ten cancelas na súa política educativa de desmantelamento constante e de redución das necesidades dos centros públicos, mentres malgasta diñeiro público en satisfacer os seus postulados ideolóxicos, mediante o desvío de 240 millóns de euros ao ensino privado concertado, 3 millóns a centros que segregan alumnado por razón de xénero, 29 millóns para pagar profesorado de relixión, máis de 200.000 euros extra para os centros concertados, destinados a servizos que non teñen os centros públicos.

Cada día, a consellaría de Educación anuncia un novo recorte no ensino público. Despois da ampliación do copago nos comedores escolares, da redución do profesorado, da redución de orzamento para a consellaría de Educación, etc., agora, vén este recorte polo que moitos centros terán serias dificultades para o seu funcionamento diario. A CIG-Ensino exíxelle ao PP que analice a súa obsesión de desmantelar o ensino público porque isto supón, entre outras cousas, o incremento das desigualdades sociais e, polo tanto, que as consecuencias as paguen os oprimidos e os explotados.

Compostela, 15 de marzo de 2013

Secretaría de prensa da CIG-Ensino

03/03/2013

Movilizaciones porque el Palacio de Congresos compostelano prescinde del servicio de limpieza

MÁS DESPIDOS

A vindeira semana comezará unha campaña de mobilizacións, a primeira o martes día 5 de marzo ás 11:30 horas diante do propio Pazo de Congresos

O Pazo de Congresos prescinde do servizo de limpeza

 

Dende o día 28 de febreiro o Pazo de Congresos quedou sen servizo de limpeza. A empresa concesionaria (Gespalia) abandonou repentinamente o mesmo despedindo ao tempo a todo o seu persoal. A data de hoxe, día 1 de marzo, non hai persoal de limpeza no centro, nin empresa que a realice. A empresa que xestiona o Pazo (Atlántico de Congresos) non aclarou como pensa solucionar esta situación, se contratará unha nova empresa ou se o fará con persoal propio.

A CIG-Servizos entende que, sexa como sexa, o persoal debe ser o mesmo xa que en todos os casos leva desenvolvendo a actividade de limpeza no centro desde que se abriu hai máis de 20 anos.

Denuncia ademais que a eliminación deste servizo irá en contra da imaxe do Pazo de Congresos e, polo tanto, da cidade de Compostela. Por iso tamén instan a que o Consorcio de Santiago, propietario da instalación rescate inmediatamente a súa xestión e realice as accións oportunas para o mentemento dos postos de traballo que veñen de ser eliminados.

A CIG-Servizos anuncia ademais que iniciará a partir da vindeira semana unha campaña de mobilizacións para esixir a readmisión das traballadoras despedidas. A primeira está xa convocada para o martes 5 de marzo ás 11:30 diante do Pazo de Congresos.

Compostela 1 de marzo de 2013.

 Confederación Intersindical Galega

03/03/2013

La CIG exige la dimisión del concejal compostelano Juan de la Fuente por acoso continuado a un funcionario municipal

ACOSO  SANTIAGO

De non o facer na vindeira semana levará toda a documentación da que dispón á Fiscalía Anticorrupción

A CIG exixe a dimisión do concelleiro compostelán Juan de la Fuente por acoso continuado a un funcionario municipal

A sección sindical da CIG no concello de Santiago convocaba esta mañá unha rolda de prensa para darlle ao funcionario municipal Miguel Vilariño, a posibilidade de explicar a situación de acoso continuado na que se atopa e que vén padecendo desde que o Partido Popular chegou ao goberno da cidade de Santiago. Xabier Picón, responsábel da sección sindical da CIG do concello denunciou que nos últimos días o concelleiro Juan de la Fuente puxo en cuestión a súa “profesionalidade e honorabilidade”. Por iso exixiu a súa inmediata dimisión e anunciou que, de non facelo nunha semana, a central sindical presentará toda a documentación da que dispón ante a Fiscalía Anticorrupción.

Miguel Vilariño comezou a súa andaina como funcionario do concello de Santiago hai 30 anos na área de Urbanismo, logo pasou ao Padrón e nos últimos 14 anos traballou no departamento de Participación Cidadá.

Segundo el mesmo explicou, coa entrada do PP no goberno municipal, en novembro do 2011 tiña esperanzas de formar un equipo de traballo con Francisco Javier Noya, concelleiro delegado de Relaciones Institucionais, Participación Cidadá, Centros Socioculturais e Festas, xa que viña dunha asociación veciñal e coñecía a dinámica e as necesidades desta área. Porén, unha vez tomou posesión, “a sintonía durou unha semana”, explicou Vilariño.

O primeiro que fixo o recén nomeado concelleiro foi retiralo de Secretario do Consello de Relacións Veciñais, o que lle comunicou verbalmente, e a partir de aí se lle foi restando carga de traballo “sen razón aparente”, explica, “coincidindo coa falta de actividade, proxectos ou programas a prol da participación cidadá desa concellaría”.

Vilariño afirma que o retiraron da tramitación de expedientes de subvencións e que mesmo “prohibíronme informar do rexistro de asociacións, impuxéronme que respondera con negativas non razoadas ás solicitudes de uso da Casa das Asociacións de Cornes a determinadas entidades culturais”.

Para o funcionario municipal o cumio deste proceso foi o primeiro decreto da Xunta de Goberno, polo que é trasladado a outra dependencia, cun horario totalmente distinto e cunha antelación de apenas tres días.

Seguir leyendo aquí la noticia

21/02/2013

Galicia se moviliza contra la corrupción el 22 de febrero y 3 de marzo: horas y lugares de las protestas

CONTRA LA CORRUPCIÓN

Horas e lugares das mobilizacións contra a corrupción, en defensa dos dereitos sociais e nacionais

jueves, 21 febrero 2013, por Confederación Intersindical Galega (CIG) Santiago de Compostela

 

Denuncian a alarmante situación de corrupción e reclaman dereito ao traballo, á igualdade, aos servizos públicos e á plena soberanía nacional galega

Organizacións sindicais, políticas e estudantís lanzan unha campaña de mobilizacións en defensa dos dereitos sociais e nacionais

 

Mirian Rodríguez, Xulio Vicente e Laura Arjonilla presentaron esta mañá en rolda de prensa, en representación do BNG, o CCPI, a CIG, COG, FRUGA, MPB, Nós-UP, AGIR, AMI, BRIGA, os Comités, Galiza Nova, ISCA! e a Liga Estudantil Galega unha campaña de mobilizacións que comezará mañá venres, día 22 de febreiro, con concentracións nas cidades de Galiza, contra as 20:00 horas, e que confluirá nunha manifestación nacional o vindeiro día 3 de marzo, en Compostela, con saída ás 12:00 horas da Alameda.

Lugares e horas das concentracións de mañá venres 22 FEBREIRO 2013:

A Coruña: Ás 20:00 horas, na subdelegación do Goberno

Compostela: Ás 20:00 horas diante da sede do PP en Alfredo Brañas

Ferrol: Ás 20:00 horas, diante da sede do PP

Lugo: Ás 20:00 horas, diante da sede do PP. Rúa poeta Ramón Cabanillas esquina rúa

Doutor Gasalla.

Ourense: Ás 20:00 horas, diante da sede do PP.

Pontevedra: O martes 26, ás 20:30 horas na Praza da Peregrina.

Vigo: Ás 19:00 horas, na Farola de Urzáiz.

Laura Arjonilla, que presentou a campaña, lembrou o contexto político, social e económico actual e sinalou que as organizacións que botan a andar esta campaña consideraron que este era o momento para mobilizarse de forma conxunta “en defensa do dereito ao traballo, á igualdade e os servizos sociais públicos, contra a destrución social e cultural que estamos a vivir e, fundamentalmente, contra a lacra da corrupción”.

Arjonilla chamou a unir forzas para darlle continuidade no tempo a esta campaña que agora se inicia porque “é necesaria unha ruptura co actual sistema e para iso hai que saír á rúa para denunciar a corrupción, en defensa dos dereitos da cidadanía, dos dereitos das mulleres, que tamén están a ser recortados, e pola soberanía nacional. Unha reclamación que debe ser central”.

Xunto a iso, lembrou que o proceso iníciase agora pero “está aberto a todas as organizacións e movementos que poidan compartir estes obxectivos” e insistiu na importancia de que se unan “para que toda a cidadanía galega faga parte para poder mudar o actual estado de cousas”.

Xulio Vicente, da Plataforma de Afectados polas Preferentes, explicou que se demanda un cambio de modelo social porque o actual está “caduco, defende os intereses do capitalismo e está corrupto”. Así lembrou a situación que se está a xerar por mor dos desafiuzamentos, “vulnerando de forma brutal a Constitución” ou das preferentes, para o que só obteñen como resposta que “nos teñen que roubar os cartos porque senón Bruxelas non lles dá os miles e miles de millóns de euros necesarios para sanear a banca”. Do mesmo xeito, denunciou os recortes que están a padecer servizos públicos esenciais como o ensino público e a sanidade e que “aquí a cidadanía se está empobrecendo día a día e cando os movementos sociais saen á rúa cando se deixa ás familias sen casa o propio sistema utiliza as forzas da orde para reprimilos”.  Fronte a isto, asegurou que “o poder pode roubar, sexa o sr. Bárcenas, sexa a Casa real, pero os que realmente rouban e empobrecen o noso país teñen o sistema que os defende e aí as forzas da orde non actúan”.

Pola súa banda Mirian Rodríguez, tamén da plataforma de afectados polas Preferentes, fixo un chamamento á sociedade para que se sume a estas mobilizacións comarcais e á nacional, “a prol dos dereitos nos que todos e todas estamos implicadas, porque todas estamos afectadas”. E fixo un chamamento á unidade  “para mudar este sistema caciquil”.

Soberanía nacional

As organizacións políticas convocantes articularon esta alianza para producir un novo proceso que permita “recuperar os nosos dereitos políticos, económicos, sociais, lingüísticos e culturais como pobo”.

Subliñan que esta é a base para que “non teñamos que emigrar para gañar a vida, que non sexa posíbel sufrir un desafiuzamento, que as mulleres e homes que viven e traballan en Galiza, con independencia da súa situación administrativa, teñan acceso libre aos servizos públicos da nosa sociedade” e manifestan que non haberá dereitos, liberdades e soberanía nacional “se non sobardamos os estreitos e antidemocráticos muros deste réxime e damos carta de natureza ás prácticas da democracia participativa e directa”.

12/02/2013

La CIG manifiesta su rechazo al convenio de limpieza firmado por CCOO y UGT por las condiciones salariales “inferiores”

RECHAZO CONVENIO

Contempla un incremento salarial do 0% para 2011; do 0% para 2012; do 0,8% para 2013 e do 1% para 2014

A CIG-Servizos manifesta o seu rexeitamento ao convenio da limpeza asinado por CCOO e UGT

 

Compostela, 11 de febreiro de 2013.- A CIG-Servizos vén de expresar o seu rexeitamento ao convenio do sector de limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña asinado por CCOO e UGT, que supón aceitar un acordo que contempla condicións salariais mesmo inferiores á peor das propostas presentadas con anterioridade pola patronal e que estas mesmas centrais sindicais se negaron a asinar, no seu momento, chegando a convocar mobilizacións para demandar melloras.

 

O secretario nacional de CIG-Servizos, Paulo Rubido lembra que o convenio de limpeza de locais e edificios da provincia da Coruña estaba bloqueado desde o ano 2011. Logo de case dous anos de negociación e vistas as propostas que estaba presentado a patronal  de practicamente conxelación salarial comezaron as mobilizacións a raíz das que a patronal presentou unha proposta de convenio colectivo que permitía a cobertura de vacantes con prioridade para as traballadoras que viran reducida a súa xornada nos últimos 5 anos. “Até ese momento a empresa podía contratar a quen quixera pero agora, antes de contratar a ninguén tería que ofertar esas prazas seguindo un criterio que prioriza á xente que perdeu horas ou que está a tempo parcial”, explica.

 

Ese foi un dos aspectos nos que a CIG fixo máis fincapé. Canto á oferta de incremento salarial a patronal ofrecían a conxelación para 2011; un incremento do 1,3 para 2012 e do 1,1 para 2013. “Malia ser un incremento salarial moi cativo, que a CIG consideraba insuficiente porque estaba por debaixo do IPC, supuña un avance no relativo ás vacantes e permitiría rematar o período cun incremento salarial do 3,9%, ao haber un incremento dun 2,4% anterior máis un 1,5% dunha revisión salarial do convenio anterior”.

 

O problema é que a patronal estatal, en outubro de 2012, dixo que non a esa proposta e que só asinaría en valores do Acordo Nacional de Negociación Colectiva, que limitaba os incrementos ao 0,5% e 0,6%.  CIG, CCOO e UGT acordaron que era insuficiente e decidiron, entre as tres centrais sindicais, un calendario de mobilizacións, con concentracións, manifestacións, e actos de protesta nos principais clientes, nomeadamente centros comerciais.

 

Rubido explica que a semana pasada a patronal convocou á parte social e que CCOO e UGT xa querían desconvocar as mobilizacións previstas para o venres pasado nas Cancelas, que se mantiveron por empeño da CIG, “por dignidade”,matiza. Na mesa de negociación a patronal fixo unha proposta que finalmente quedou cun incremento salarial do 0% para 2011; do 0% para 2012; do 0,8% para 2013 e do 1% para 2014.

 

“Curiosamente estes sindicatos que no seu día se aviñeron a mobilizarse coa CIG para manter un mínimo e que non estiveramos nun escenario de conxelación salarial asinaron isto, que como se pode comprobar é inferior á peor das propostas que non quixemos aceptar a aquela altura”, denuncia o secretario nacional da CIG-Servizos.

 

Para Rubido, xa non é só que se quede lonxe da proposta que fixo a patronal de limpeza provincial senón da que presentou a patronal estatal, que limitaba os incrementos ao 0,5 e 0,6. “Rematabas o 2013 cun incremento do 1,1 que é superior ao 0,8%, entón podían ter asinado daquela no canto de iniciar mobilizacións”.

 

Ante este panorama, o secretario nacional de CIG-Servizos fai un chamamento ao sector a reflexionar “sobre o modelo sindical que se está seguindo” e sobre como afrontar a negociación dos convenios porque “non podes ficar parado ante esta perda de dereitos salariais”. Denuncia ademais o“tremendo” que é que se inicien mobilizacións e “logo se asine por menos do que non quixeches asinar no seu día. Menos do que puxeron enriba da mesa desde a propia patronal”.

 

Sinala que en cinco anos, na limpeza perdeuse un mínimo dun 10-12% de poder adquisitivo en proporción directa ao IPC, que se incrementaría de ter en conta ademais a suba do IVE e do IRPF, achegándose ao 15% do salario. Por iso, cuestiona “até onde imos chegar, que tipo de sindicalismo se vai practicar, cal é o escenario, ter salarios por debaixo do IPC?” e afirma que iso é “entrar no que quere facer a patronal que é empobrecer á clase traballadora”.

 

Gabinete de Comunicación

Confederación Intersindical Galega

 

06/02/2013

Encierro en la gerencia del CHUS de los comités de empresa de la contrata de limpieza

PECHADOS NO CHUS

Compostela, 6 de febreiro de 2013.-

Os Comités de Empresa da contrata de limpeza do CHUS están neste intre pechados na xerencia do centro hospitalario para reclamar que se facilite un contexto de negociación real do novo convenio colectivo.

 

Levan en tres meses tres reunións de negociación do convenio colectivo sen que por parte da representación da empresa se teña movido nin un ápice da súa proposta inicial que non é outra que retrotraernos a hai máis de 20 anos en condicións laborais e salariais, propoñendo como plataforma o convenio colectivo provincial da limpeza que suporía un deterioro brutal.

 

Demandan ademais da Xerencia do CHUS que se implique, empregando os recursos que a lexislación lle permite, para forzar á empresa, CLECE, a abordar unha autentica e real negociación na vez de permitirlle á escenificación dunha farsa.

 

Gabinete de Comunicación

Confederación Intersindical Galega

05/02/2013

DENUNCIA USO: Un representante de la CIG, jefe de Seguridad de Prosenorsa, agrede a un Delegado de USO

DENUNCIA USO

martes, 05 febrero 2013, por Unión Sindical Obrera (USO) Galicia

05-02-2013 -

Un representante de la CIG que además es Jefe de Seguridad de la empresa PROSENORSA (GRUPO SEGUR), agrede a un Delegado de USO

Un Representante de los trabajadores de CIG en la empresa de seguridad PROSENORSA y que además ostenta el cargo de Jefe de Servicios en la misma, agrede verbal y físicamente a un Delegado de USO.

El pasado 1 de febrero y en el transcurso de una reunión de la Comisión Negociadora del Convenio Colectivo de la Empresa PROSENORSA un representante de los trabajadores por la CIG, que además es presidente del Comité de Empresa de Coruña y Jefe de Servicios en la misma, después de increpar a los representantes de USO presentes durante toda la reunión, llegando a proferir amenazas diciendo “como me sigas mirando así te voy a volar los dientes” y otras lindezas, se dirigió hacia uno de los delegados de USO golpeándolo en el estómago, tras lo cual los allí presentes los separaron.

Desde la Federación de Trabajadores de Seguridad Privada de la Unión Sindical Obrera (FTSP-USO) ya se han iniciado las acciones oportunas para que este acto no caiga en el olvido, todo ello en defensa de nuestros Delegados y de todos los trabajadores del sector

17/01/2013

La CIG critica el “severísimo” recorte en la financiación de las universidades gallegas -21,7 millones- que hace la Xunta

Compostela, 17 de xaneiro de 2013.

A sección sindical da CIG (PDI-PAS) da USC quere expresar a súa máxima preocupación e frontal rexeitamento cara ao proxecto de Lei de orzamentos da Xunta de Galicia para 2013, actualmente a debate no Parlamento.

A Xunta fai un severísimo recorte no financiamento das universidades galegas de 21,7 millóns de euros.  O financiamento estrutural, que cobre os gastos de persoal e os gastos correntes básicos das universidades, pasa de 290,06 M€ a 250,74 M€.

Unha parte substancial dos recortes previstos correspóndese cunha brutal tesoirada de 15,7 M€ da masa salarial.  Aínda que o proxecto de Lei de orzamentos establece unha redución da masa salarial para a Administración autonómica do 3,4%, a que lle aplica ao conxunto das tres universidade será dun 5%, o que resulta unha evidente penalización. Faltarían aínda con estas previsións en torno a 8,6M€, por mor das actualizacións automáticas pola antigüidade e os complementos retributivos. Tal desaxuste poderíase traducir en cerca de 250 despedimentos de PAS e PDI así como de maiores recortes salariais.

No que respecta aos fondos de I+D+i, aparenta un lixeiro aumento (de 46M€ a 48 M€), mais cómpre aclarar que nos últimos tres anos estas consignacións orzamentarias resultaron ficticias: executouse un escaso 20% das partidas, pois a Xunta non chegou a realizar a maioría das convocatorias previstas e diminuíu o alcance das poucas que se publicaron.

O goberno da Xunta pretende que sexan as taxas académicas as que compensen a baixada orzamentaria anunciada, para o cal prevén un incremento por este concepto de 6M€.  Para a CIG estas estimacións son ben pouco axustadas á realidade, e rexeitamos que se restrinxa o acceso ao ensino universitario por razóns económicas.

A CIG considera que estes orzamentos son unha sentenza de morte para as universidades públicas: conculcan o principio de autonomía universitaria e van causar unha grave degradación do servizo público de ensino superior, dificultar o acceso da sociedade á universidade e provocar despedimentos de persoal.

Facemos un chamado á comunidade universitaria para expresarmos o noso rexeitamento a estas políticas e convidámosvos, en primeiro lugar, a acudirdes ás concentracións convocadas polas organizacións sindicais con representación no sector público para hoxe, día 17 de xaneiro, nas principais cidades galegas , ás 19:00 horas, contra os recortes laborais e o deterioro dos servizos públicos.

Santiago: Praza do Toral

Lugo: Subdelegación do Goberno.

—————————————-

Concentracións nas cidades galegas o día 17, ás 19:00 horas, contra os recortes laborais e o deterioro dos servizos públicos

Hoxe xoves, ás 19:00 horas, as organizacións sindicais con representación no sector público, CIG, CCOO, UGT, CSI·F, CESM, OMEGA, SATSE, USAE, STEG, ANPE, USO, USTG, CGT, STAJ, SIAT e ACAIP, que integran a Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, convocan concentracións en todas as cidades galegas contra as medidas que vén de aprobar a Xunta de Galiza que empeoran as condicións laborais e salariais das empregadas/os públicos/as e deterioran, aínda máis, os servizos públicos.

As concentracións previstas son:

o A Coruña: Delegación do Goberno.

o Santiago: Praza do Toral

o Ferrol: Praza de España.

o Pontevedra: Subdelegación do Goberno.

o Vigo: Museo MARCO

o Ourense: Subdelegación do Goberno.

o Lugo: Subdelegación do Goberno.

Compostela, 17 de xaneiro de 2013.

Gabinete de Comunicación

Confederación Intersindical Galega

16/01/2013

Alternativa Galega de Esquerda “apoia aos estafados polas caixas e súmase á manifestación do dous de febreiro”

Apoio aos estafados de NGB

miércoles, 16 enero 2013, 19:05, por Esquerda Unida – Izquierda Unida (Eu-Iu)

Alternativa Galega de Esquerda apoia aos estafados polas caixas e súmase á manifestación do dous de febreiro. O grupo parlamentario de AGE esixe “unha solución política” aos gobernos do PP para os afectados polas participacións preferentes e subordinadas.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2013.- O conflito das participacións preferentes e subordinadas só pode ter “unha solución política”. E esta só pode vir dos gobernos do PP. Alternativa Galega de Esquerda (AGE) súmase ás reivindicacións das plataformas e asociacións de afectados polas participacións preferentes e subordinadas das antigas caixas e pide a devolución da totalidade dos aforros. Logo de se xuntar esta mañá no Parlamento, canda os sindicatos e os outros dous grupos da oposición a Feijóo, con vítimas e estafados polos produtos financeiros, AGE tamén apoiará a manifestación do vindeiro dous de febreiro, en Santiago de Compostela.

A protesta, secundada ademais polos sindicatos CIG, UGT e CC OO, transcorrerá co lema “A quita é un roubo, o canxe outra estafa. Devolución do 100% dos aforros”. Ademais, avogará pola constitución dunha banca pública galega “no sentido de defender a existencia de NovaGalicia Banco para o financiamento da economía de Galicia”. A coordinadora de plataformas e asociacións de afectados elaborou, a maiores, un manifesto en que reclaman á Xunta de Alberto Núñez Feijóo que “impugne o Real Decreto do espolio e que a arbitraxe permita recuperar os cartos a todos os aforradores e non só ao 20% dos casos. Mentres tanto, vostede está do lado dos banqueiros, dos salteadores, dos ladróns, dos estafadores”. dos banqueiros, dos salteadores, dos ladróns, dos estafadores”.

15/01/2013

Un total de 750 trabajadores de Transportes Duco quedan definitivamente sin trabajo

Peche Transportes Duco

martes, 15 enero 2013, 13:39, por Confederación Intersindical Galega (CIG) Santiago de Compostela

A CIG responsabiliza á empresa pola súa neglixencia ao non buscar unha solución a tempo aos problemas de financiamento e exixe o pagamento de todos cartos adebedados

Un total de 750 traballadores/as, entre empregos directos e indirectos de Transportes Duco quedan definitivamente sen traballo

A empresa de Transportes Duco S.L. está abocada ao peche definitivo por mor da súa neglixencia, ao non buscar a tempo unha solución aos problemas de financiamento que remataron por afogar un negocio perfectamente viábel. Deste xeito, arredor de 750 traballadores e traballadoras, entre empregos directos e indirectos, a maior parte deles en Galiza, quedarán definitivamente na rúa no prazo aproximado dun mes, cando remate o ERE extintivo de todos os contratos.

Esta empresa era a segunda galega en volume de negocio no sector do transporte, con carga de traballo e unha ampla carteira de clientes. Malia a dificultade para renovar unhas pólizas de crédito con entidades financeiras, nomeadamente con Novagalicia Banco, non informou aos traballadores até tres días antes do cese da actividade, o pasado 20 de decembro.

Unha vez coñecida a situación foi o comité de empresa quen se mobilizou e conseguiu que tanto a Dirección Xeral de Relacións Laborais como o IGAPE se reuniran con Transportes Duco para forzar ás entidades bancarias para realizar a operación de financiamento, mesmo co aval do propio IGAPE. Porén, pola irresponsabilidade empresarial de ter agardado até o estremo de ter que paralizar a actividade, neste momento xa non é posíbel salvar a situación. Unha vez máis, pola falta de vontade e a actitude irresponsábel da empresa, que neste momento xa non está disposta a seguir apostando polo seu propio negocio, centos de traballadores/as quedarán na rúa.

Así as cousas a CIG aclara que, neste momento, adebédaselles aos traballadores/as tres nóminas, unha paga e as dietas correspondentes a esas mensualidades e denuncia a falta de vontade da empresa para asumir o seu pagamento. Este tema estaba aparcado a expensas dunha solución satisfactoria ao problema de financiamento, pero que agora, tanto a CIG como o persoal de Duco, ante o abandono das súas responsabilidades na continuidade do proxecto empresarial, exixen á empresa que asuma os seus compromisos e pague a quen si lle fixo un préstamo involuntario –os traballadores/as-. “O que non poden agora é mandar á xente ao paro debéndolle diñeiro, porque houbo quen tivo que pagar por ir traballar durante ese tempo”, denuncia Inácio Pavón da FGAMT-CIG.

Compostela, 15 de xaneiro de 2013.

Confederación Intersindical Galega

13/01/2013

Concentración en las ciudades gallegas el 17 de enero contra los recortes laborales y el deterioro en los servicios públicos

RECORTES LABORALES


Convocan as organizacións sindicais con representación no sector público

Concentracións nas cidades galegas o día 17, ás 19:00 horas, contra os recortes laborais e o deterioro dos servizos públicos

 

As organizacións sindicais con representación no sector público, CIG, CCOO, UGT, CSI·F, CESM, OMEGA, SATSE, USAE, STEG, ANPE, USO, USTG, CGT, STAJ, SIAT e ACAIP, que integran a PLataforma en Defensa dos Servizos Públicos, convocan para o vindeiro xoves, día 17 de xaneiro, ás 19:00 horas, concentracións en todas as cidades galegas contra as medidas que vén de aprobar a Xunta de Galiza que empeoran as condicións laborais e salariais das empregadas e empregados públicos e deterioran, aínda máis, os servizos públicos.

As concentracións previstas son:

o       A Coruña: Delegación do Goberno.

o       Santiago: Praza do Toral

o       Ferrol: Praza de España.

o       Pontevedra: Subdelegación do Goberno.

o       Vigo: Museo MARCO

o       Ourense: Subdelegación do Goberno.

o       Lugo: Subdelegación do Goberno.

MANIFESTO

As OOSS con representación no Sector Público autonómico rexeitan as medidas do Goberno

Dende o inicio da crise económica, no ano 2009, os Servizos Públicos e empregados/as Públicos, vivimos un permanente acoso que pretende a fin do Estado de Benestar que construímos con permanentes loitas e conquistas que fomos conseguindo ao longo de moitos anos.

Esta agresión que os empregados/as públicos sufrimos pódese resumir nun case estado de excepción, no que se nos nega a negociación das relacións laborais sendo sometidos a un agresivo frenesí normativo que dita por decreto as nosas condicións de traballo, reducindo progresivamente os dereitos adquiridos ao longo de décadas. A salientar:

1º.Rebaixa salarial anual nunha media do 5%, en determinadas categorías de ata o 9%, no 2010 (RD Lei 8/2010), cun IPC do 2,9%. Ao tempo utilizábase como coartada que a porcentaxe de empregados/as públicos, dun 9,5%, era elevada obviando que a media da UE era do 16%, cun altísimo crecemento do emprego público dun 1% na última década, para unha poboación que medraba en 6 millóns de persoas. Tamén se esquecen que somos o país da UE que en termos porcentuais menos investimento efectúa no emprego público tal e como reflicte o elevado número de traballadores e traballadoras que son mileuristas.

2º.Conxelación salarial no 2011, que levou aparellada a conxelación de Ofertas de Emprego Público (Lei 39/2010, de Orzamentos Xerais do Estado), cun IPC do 2,4%.

3º.Supresión de dereitos e acordos sobre Xornada laboral (RDL 20/2011), e outros dereitos conseguidos.

4º.Ampliación da xornada mínima nas administracións, (Lei 2/2012, de Orzamentos Xerais do Estado), nova conxelación salarial, mantendo pagas extraordinarias reducidas e abundando na imposibilidade de incrementar as taxas normais de reposición de efectivos.

5º.Reforma Laboral, RD Lei 3/2012, que introduce o despedimento colectivo e individual do persoal laboral do sector público, por causas económicas, técnicas e organizativas. Expedientes que soamente poden ser de extinción de posto de traballo, non de redución de xornada ou suspensión temporal de contrato.

6º.Supresión de días adicionais de vacacións. Reducen os días de asuntos propios (APs) que pasan a ser unicamente 3 ao ano. Supresión da paga extraordinaria do Nadal (o que significa un 7% de redución salarial anual). Supresión dos acordos e pactos de dereitos sindicais. Anúlase a posibilidade de xubilación parcial dos funcionarios, así como as melloras económicas en IT, RD Lei 20/2012, e Lei 1/2012 Galicia.

Como novo ataque aos empregados/as públicos elabórase un anteproxecto de Lei que reduce o salario nunha media dun 4% para o ano 2013, en determinadas categorias de ata o 6%,  minorando as pagas extraordinarias arredor dun 40%.

Por iso, dicimos basta, xa abonda, e rexeitamos esta nova medida en contra dos empregados/as públicos de Galicia, que sumará unha perda en tres anos de máis do 20% de salario, e convocamos mobilizacións que terán, como primeira medida, concentracións nas sete comarcas o día 17 de xaneiro as 19:00 horas.

Asinado por:

CIG; CCOO; UGT; CSI·F; CESM; OMEGA; SATSE; USAE; STEG; ANPE; USO; USTG; CGT; STAJ; SIAT; ACAIP.

 

07/01/2013

CIG denuncia el “engaño” de la Xunta sobre la financiación del nuevo hospital de Vigo

HOSPITAL VIGO

CIG-Saúde denuncia o engano da Consellaría de Sanidade sobre o financiamento do Novo Hospital de Vigo

Segundo as declaracións realizadas pola Conselleira de Sanidade na prensa, o financiamento do Novo Hospital de Vigo xa non será a cargo da empresa concesionaria. A propia Consellaría de Sanidade asumirá, cando menos, un 40% dese financiamento, a través do Banco Europeo de Investimentos e do Instituto de Crédito Oficial. Con esta medida incúmprense as condicións da concesión, que establecían que o financiamento da obra sería a cargo da empresa concesionaria.

CIG-Saúde lembra que un dos pretendidos beneficios deste tipo de contratos de colaboración público-privada, era o de non computar a efectos do déficit público o custo da construción deste hospital. Un argumento que agora non se sostén ao ter que asumir a propia consellaría o financiamento.

“O feito de que a Xunta de Galiza opte por un financiamento similar ao que estaba previsto inicialmente polo goberno bipartito, para construír un Hospital 100% público, a través da Sociedade Pública de Investimento, que segundo as propias declaracións do goberno da Xunta era inviable, demostra que os argumentos técnicos e económicos que se deron para optar por financiar, construír e xestionar o Novo Hospital de Vigo mediante un contrato de colaboración público-privada eran unha falacia, e só intentaban ocultar unha clara intencionalidade política de privatizar a Sanidade Pública, independentemente do custe económico e social que puidera ter”, denuncia a secretaria nacional, María Xosé Abuín.

Para a CIG-Saúde isto evidencia que, ao final, “todas e todos pagaremos cos nosos impostos o financiamento dunha infraestrutura sanitaria que será propiedade dunha empresa privada, á que, ademais, teremos que pagar un canon anual de 70 millóns de euros durante, cando menos, 20 anos hipotecando os orzamentos futuros que se destinarán á sanidade”.

Na situación actual de “intolerábel sobrecuste, de recorte do proxecto, de mingua da calidade na construción e de retraso nos prazos da obra”, CIG-Saúde esixe da Consellería de Sanidade que rescate a concesión, por “incapacidade da concesionaria para cumprir as condicións asinadas, e que retome o proxecto inicial con financiamento público e garantindo a xestión pública desta importante infraestrutura sanitaria”.

CIG-Saúde considera que a Área Sanitaria de Vigo precisa, con urxencia, que se remate de construír o hospital que estaba inicialmente previsto, que era o que podía pór fin á situación deficitaria da sanidade pública para a cidadanía da área sanitaria e que remate coa situación de falta de equidade que supón deixar a unha parte desa cidadanía asignada a un hospital privado.

28/12/2012

Manifestación del sector público en San Caetano para protestar por la nueva rebaja salarial

ANTICIPO PAGA EXTRA

A Área Pública da CIG considera “indecente” que se presente como un “recoñecemento” ao seu esforzo a posibilidade de solicitar un anticipo da paga extra de xullo en xaneiro

O persoal da administración pública concéntrase en San Caetano para manifestar a súa oposición á nova rebaixa salarial

 

Mentres Feijoo se reunía co seu goberno no Consello da Xunta, traballadoras/es do sector público concentrábanse en San Caetano, para manifestar a súa oposición ao novo recorte que se aplicará nos seus salarios en 2013. Ao berro de “mans arriba, isto é un atraco”, denunciaron as súas cada vez máis precarias condicións laborais e as “mentiras” tanto do Presidente, como dos conselleiros. Para a Área Pública da CIG é, ademais, “indecente” que se presente como un “recoñecemento ao seu esforzo” a posibilidade de solicitar un anticipo da paga extra de xullo no mes de xaneiro, logo do “saqueo” do que están sendo vítimas, cando se lles recortará nesa e na seguinte paga extra e cando se lles adebeda a deste Nadal. Adiantan xa que ante isto, convocarán mobilizacións.

Desde hoxe é oficial. Máis de 90.000 traballadoras e traballadores do sector público verán rebaixados os seus salarios. Así o acordou o Consello da Xunta, facendo efectiva a proposta que se lles presentaba o pasado venres ás organizacións sindicais na Mesa Xeral da Función Pública e que se traduce nun recorte dun 4% do total da masa salarial das/os empregadas/os públicas/os de Galiza para 2013.

Á espera de coñecer os detalles, e segundo o anunciado na Mesa, nas retribucións de cada traballador/a vaise aplicar esa redución nas pagas extra de xullo e setembro, sacándolle o complemento específico a todo o persoal da administración. Así, en función da súa contía, isto suporá unha rebaixa nas retribucións anuais de entre o 3% e o 7%. Deste xeito, collendo só os tres últimos anos, desde a rebaixa salarial de 2010, a perda acumulada de poder adquisitivo dos empregados e empregadas públicos/as achegaríase xa ao 30%.

María Carme López Santamariña, coordinadora da Área Pública da CIG asegura que isto é “un saqueo en toda regra”. Por iso manifesta a súa indignación ante o anuncio de Feijoo de que poderán solicitar, de forma voluntaria, un adianto do 50% da paga extra de xullo. “E pensarán que aínda temos que estar agradecidos, cando xa nos roubaron a paga extra deste Nadal e seguirán a reducir os nosos salarios e empeorar as nosas condicións laborais”.

Para López Santamariña, a partir de agora só queda a vía de debate parlamentar dos orzamentos. “Agardamos que o PP non pase rodillo facendo, máis unha vez, uso da súa maioría e que rectifique. Estas medidas só serven para afondar na destrución dos servizos públicos, un camiño que emprenderon desde que chegaron ao goberno e que neste ano 2013 se agravará de forma considerábel”. Entende que debería darse, dunha vez por todas, un debate real no Parlamento “non só sobre os recortes nos gastos, senón tamén nas políticas de ingreso, tantas veces demandadas desde a central sindical”. Do contrario, advirte de que se abrirá a espita para a externalización dos servizos públicos que ten que prestar a propia administración e “acabará por se converter nunha feira de saldos para as empresas privadas concorrer aos concursos para a súa prestación, de maneira que ese suposto aforro vaise traducir no seu encarecemento e nunha perda de calidade que xa estamos a padecer neste momento”.

En todo caso, a coordinadora da Área Pública da CIG subliña que non se trata unicamente dun recorte salarial e de condicións de traballo do persoal senón que o mantemento das taxas de reposición cero, as amortizacións de todas as vacantes que se producen e a non cobertura de postos de traballo está a afondar aínda máis na desaparición dos servizos públicos. “Aprobar agora unha medida deste calibre so pretexto de cumprir o obxectivo do déficit, cando non dixeron nada durante a campaña electoral malia sabelo, é cando menos un insulto á intelixencia de todas e todos os empregados públicos”.

No mesmo sentido se expresa Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino, para quen se trata dun acto “ilexítimo”, ao estaren aprobando medidas contrarias ás que o PP presentou na campaña electoral. “Trátasenos aos cidadáns e cidadás como súbditos e non como cidadáns de pleno dereito”. A isto engade que é unha proposta “fraudulenta” que “só os trileiros son capaces de efectivizar cando veñen de dicir todo o contrario do que están a facer”.

Xunto a isto afirma que no Consello da Xunta “consumouse unha agresión máis a todo o profesorado galego na medida en que se aprobou un proxecto de orzamentos que introduce novos recortes no ensino e reduce aínda máis os nosos salarios ao roubarnos parte das nosas retribucións, suprimindo os complementos específicios das pagas extra”. Por iso adianta xa que a CIG-Ensino fará un chamamento a que o profesorado participe nas mobilizacións que convoque a área pública no seu conxunto contra estes novos recortes.

 

Perda salarial e non incremento

Na concentración denunciáronse ademais as mentiras e manipulacións do Presidente da Xunta. De feito, fronte as declaracións de Feijoo, que tras do Consello da Xunta reiteraba que mellorará o poder adquisitivo de empregados/as públicos/as nun 3% en 2013, o certo é que o recorte salarial entre o profesorado suporá, segundo cálculos da CIG-Ensino, entre 850 e 1.500 euros en cada paga extra. Na Administración, oscilará entre os 805 e os 3.130 euros e no caso do persoal do SERGAS descoñécese aínda a canto se elevará porque non se lles explicou en que complementos se vai aplicar. Desde a CIG-Saúde explican que o seu complemento especifico é moi inferior, en contía, ao do resto do persoal das administracións públicas polo que, para reducir nun 40% as pagas extra, terán que recortar tamén noutros conceptos.

 

Falsa progresividade

Pola súa banda, o sector da Autonómica da CIG-Administración denunciou as afirmacións do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen declarou que o maior esforzo váiselle pedir a aqueles coas retribucións máis altas e que será sensibelmente menor para os demais. Fronte a esta suposta progresividade nos recortes, afirman que o recorte terá máis incidencia proporcional nos grupos baixos. Como exemplo sinalan que para un conserxe de Instituto a rebaixa salarial será dun 4,89%, mentres que para un subdirector xeral será do 5,97%. “Moi lonxe do que di a administración, que afirma que haberá catro puntos de diferenza”.

Recortes ao persoal funcionario.

Grupos- Establécense en función da titulación de acceso (antigas titulacións):

Grupo A1- Licenciado, arquitecto ou enxeñeiro

Grupo A2- Diplomado universitario

Grupo C1- Bacharelato

Grupo C2- Graduado Escolar

Grupo E- Certificado de escolaridade

Nivel- Relacionado cos complementos do posto de traballo, podendo ser ocupados moitos postos de similar nivel por persoas de Grupos diferentes.

Seguir leyendo

19/12/2012

Los tres sindicatos denuncian que la Xunta se ha “apropiado” del ISSGA perjudicando las políticas preventivas en el trabajo

PREVENCIÓN LABORAL

Os tres sindicatos témense que este sexa o inicio do control absoluto do Instituto por parte da Consellería de Traballo

UGT, CCOO e CIG consideran que a supresión do rango de dirección xeral da Dirección do ISSGA supón un mazazo para as políticas preventivas no eido do traballo

Baixar a garda en materia de prevención vai supoñer un repunte da sinistralidade

Santiago, 18 de decembro de 2009. Os sindicatos UGT, CCOO e CIG, ante o anuncio do presidente da Xunta de suprimir o rango de dirección xeral da Dirección do ISSGA, “como medida destinada ao adelgazamento da Administración”, consideran que se produce un mazazo en toda regra tanto á participación sindical nas políticas de prevención como á propia importancia que se lle concedía a esta materia no organigrama xeral da Administración galega.

Lembrar que o ISSGA foi creado ao amparo do diálogo social en febreiro de 2007, derogando así o antiguo IGASEL, organismo no que as organizacións sindicais máis representativas non participaron, pois tiñan atribuído o papel de “meras comparsas”, xa que na comisión consultiva non se recollían as súas funcións.

Créase a ISSGA como organismo autónomo e configúrase como órgano técnico en materia de prevención de riscos laborais. Goza de personalidade xurídica propia, autonomía funcional e plena capacidade de obrar.

É evidente que todo isto pérdese ao amparo da decisión adoptada polo Consello da Xunta o pasado día 5.

Tamén resulta destacable que se establecía que a dirección do Instituto elixíase previa proposta da titutar da Consellería de Traballo, pero logo da consulta coas organizacións representadas no consello. E que o artigo 6 da Lei 14/2007 do 30 de outubro, polo se crea e regula o ISSGA, recolle que á Dirección do Instituto lle corresponde cargo de director ou directora xeral. Isto evidencia que coa decisión do día 5 ignoran un dos artigos básicos da propia Lei.

Ademais, as tres organizacións sindicais desconfían de que detrás desta decisión existe un intento de control de todas as políticas preventivas por parte da Consellería de Traballo e, polo tanto, a máxima politización das políticas preventivas no eido laboral.

Unha das vertentes máis importantes desta medida é que supón unha baixada da garda en materia de prevención e, probablemente, en vindeiras datas un incremento e repunte da sinistralidade laboral. Máis feridos, máis falecementos e maiores custes para a sociedade, tanto en termos económicos, como en custes de carácter social para as familias e afectados.

Os tres sindicatos xa viñan advertindo nestas últimas datas que a crise non podía utilizarse como excusa para reducir os investimentos en materia de prevención porque isto suporía unha volta cara atrás inadmisible. Pero parece que o Goberno da Xunta carece da sensibilidade necesaria para percatarse desta cruda realidade.

UGT, CCOO e CIG fan un chamamento á reconsideración desta medida en aras de que a prevención sexa un obxectivo prioritario da Administración galega.

05/12/2012

Novagalicia Banco sigue con el proceso para despedir a 2.500 personas mientras los sindicatos reclaman negociaciones

Fronte aos despedimentos de

NOVAGALICIA BANCO

A Dirección da Entidade convocou unilateralmente á representación sindical para dar inicio, o día 10 de decembro, as conversas previas establecidas no Convenio Colectivo co obxectivo de dar pasos cara o IV ERE, que implica 2.500 despedimentos.

A representación sindical no seu conxunto valora que non está en disposición de iniciar a negociación, toda vez que non fomos recibidos polo propietario da Entidade, o FROB (Ministerio de Economía e Banco de España), para coñecer os plans de futuro e co fin de recadar información e datos fiables. A espera de ser recibidos, propoñemos á Dirección da Entidade a data do 21 de decembro para o inicio das conversas previas.

O 10 de decembro os vosos delegados e delegadas acudiremos persoalmente ao Banco de España e a Delegación do Goberno na Coruña, para facer entrega de senllos escritos reiterando a nosa solicitude de reunión co FROB.

O 13 de decembro faremos entrega en San Caetano, Santiago de Compostela, dunha solicitude de reunión co Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Entendemos que, dado o impacto social e laboral do plan de reestruturación, é precisa a implicación da Xunta de Galicia.

O vindeiro 20 de decembro todos e todas vós, estades convocados a unha ASEMBLEA CENTRAL ÚNICA de TRABALLADORES e TRABALLADORAS en Santiago de Compostela. Haberá outras asembleas exclusivamente fóra de Galiza.

Cara a asemblea central é a nosa intención poñer autobuses a vosa disposición; para anotarvos podedes dirixirvos aos delegados/as de persoal.

Por último, amosar o noso firme rexeitamento aos últimos peches unilaterais de centros de traballo, sen que a día de hoxe recibíramos ningún tipo de información sobre a repercusión laboral desta medida, que afecta aproximadamente a 200 persoas.

Galiza, 5 de decembro de 2012

04/12/2012

La CIG convoca concentraciones el 4 de diciembre delante de los juzgados contra los recortes y la subida de tasas

CONCENTRACIONES

A CIG convoca concentracións o martes 4 de decembro diante dos xulgados en contra da represión sindical

A CIG ten convocadas concentracións, mañá martes, día 4 de decembro, diante dos xulgados das distintas cidades galegas para denunciar os intentos de criminalizar a contestación social aos recortes, de rexeitamento á reforma do Código Penal que prepara o PP, así como para amosar a repulsa ás novas taxas xudiciais impostas polo Goberno español.

As protestas enmárcanse na campaña que a central nacionalista está desenvolver contra a persecución e represión sindical, concretada na folga de fame que a CIG está a desenvolver dende hai unha semana en Pontevedra contra a condena a prisión a tres sindicalistas.

 

En Pontevedra a concentración terá lugar ás 12:00 horas, ao remate dunha asemblea de delegados/as, diante da Audiencia provincial, onde está ubicada a caravana, no cruce das rúas Rosalía de Castro e Reina Vitoria.

 

No resto das cidades os lugares e as horas son:

Compostela: ás 12:00 horas, diante dos xulgados de Fontiñas.

A Coruña: ás 12:00 horas, diante dos xulgados da Rúa Monforte.

Ferrol: ás 10:30 horas, diante dos xulgados da Rúa Coruña.

Lugo: ás 12:00 horas, diante dos xulgados da Praza Avilés.

Vigo: ás 11:30 horas, diante dos xulgados na rúa Lalín.

Ourense: ás 12:00 horas, diante do Pazo de Xustiza.

Confederación Intersindical Galega

 

04/12/2012

Los sindicatos exigen la retirada de los recortes del Plan de Ajuste de 2013 en el municipio de Santiago

CIG, UGT, CSIF, CCOO, SPPME e Comité de Empresa do Persoal laboral

 RECORTES SANTIAGO

Cualifican a proposta presentada na Mesa de Negociación de “impresentábel” e un “insulto” para o persoal municipal

Exixen a retirada dos recortes contemplados no Plan de Axuste de 2013 do concello de Santiago

As organizacións sindicais CIG, UGT, CSIF, CCOO e SPPME, xunto co Comité de Empresa do Persoal laboral cualifican de “impresentábel” a proposta presentada polo concello de Santiago, esta mañá na Mesa de Negociación do Plan de Axuste para 2013 e exixen unanimemente a súa retirada.

En xuntanza celebrada esta mañá, os representantes sindicais esixiron unanimemente a retirada inmediata da proposta que implica a retirada dunha paga semestral de productividade (183 EUR) e a redución nun 30% do fondo de acción social.

Entre outros argumentos expuxeron que cando se fixo o plan de axuste do Concello non estaba aprobada a supresión da paga de Nadal ou o incremento de xornada por supresión de asuntos particulares e vacacións (coa incidencia directa na partida de gratificacións por horas extra), amais de non presentar balance da execución do plan no 2012 en todas as previsións que figuran no propio plan.

Cualifican a proposta de “impresentábel” e un “insulto” para o persoal municipal, que ve como “ás xa draconianas medidas imposta polo goberno do estado veñen a sumarse as de “colleita propia” do goberno municipal”.

Por iso, os representantes sindicais abandonaron a mesa de negociación e foron á a Alcaldía a esixir do Alcalde a retirada desta proposta, quedando emprazados para mañá martes, ás 13,00 h. a unha xuntanza para tratar sobre estes asuntos.

 

Compostela, 3 de decembro de 2012

 

 

CIG, UGT, CSIF, CCOO, SPPME e Comité de Empresa do Persoal laboral

03/12/2012

Movilizaciones en Inditex por el desbloqueo de los convenios del comercio, alimentación, textil y hostelería en varias ciudades gallegas

CONVENIOS COMERCIO

Foron convocadas en estabelecementos de Inditex, empresa con máis capacidade de presión no sector

Mobilizacións polo desbloqueo dos convenios de comercio vario, comercio alimentación, téxtil e hostalería en distintas cidades galegas

 

A CIG-Servizos, xunto con CCOO e UGT, vén de iniciar mobilizacións para presionar á patronal coa fin de desbloquear as negociacións dos convenios de comercio vario, comercio alimentación, téxtil e hostalería. O secretario nacional, Paulo Rubido, alerta de que a vixencia destes convenios remata en xullo e que, coa reforma laboral,  a partir de aí “van perder eficacia, poden perder a súa ultraactividade e, polo tanto desaparecer”. A consecuencia inmediata podería ser a perda dos dereitos salariais, laborais e sociais conseguidos nos últimos anos.

 

Rubido especifica que se non se corrixe e “non somos capaces de negocialos, un 30-40% da poboación asalariada galega pode ver reducidas as súas retribucións económicas a 641 euros mes e pasar a estar regulada polo Estatuto dos Traballadores, co cal quedarían unicamente coa lexislación básica e perderían todos os dereitos gañados nos últimos anos, como as prestacións de baixa, días de licenzas retribuídos por coidados de nais-pais… “.

 

O obxectivo das centrais sindicais, coas concentracións celebradas hoxe de forma simultánea nas distintas cidades do país, é chamar a atención sobre a grave situación que se aveciña, presionar ás patronais para que se desbloqueen as negociacións dos convenios –tanto do sector Servizos como do resto de sectores produtivos-e pór en evidencia que quen padece a crise é a clase traballadora, mentres as clase empresarial non. Neste sentido Rubido subliña que, de feito, Inditex tivo uns beneficios, no último ano, moi superiores a anos anteriores. “Estes non sofren a crise e, aínda por riba, vemos como nos reducen a nosa capacidade adquisitiva”.

 

Por iso tamén anuncia Rubido que a CIG vai apostar, como Confederación,  por corrixir esta situación e pór en marcha unha campaña que “entendemos que temos que levar até as últimas consecuencias, para impedir que a situación que se aveciña se faga realidade”. Unha campaña que xa anunciou que contempla a posibilidade de convocar folgas sectoriais, tratando de facelas coincidir en varios sectores a un tempo.

 

O secretario nacional de CIG-Servizos explica que, polo momento, se está centrando nos convenios de comercio vario, comercio alimentación e hostalería das catro provincias. Porén asegura que “desde unha central sindical de clase, os problemas corríxense como clase, non individual e sectorialmente”.

 

Deste xeito, fai un chamamento á clase traballadora galega para facer fronte común e a mentalizarse de que teñen que defender o seu convenio, pero tamén o do resto dos traballadores/as aínda que sexan doutros sectores. “Se se consegue presionar para que  se negocien antes de xullo de 2013 poderá evitarse esta situación, pero só quedan 7 meses, que pasan moi rápido”.

 

Nas distintas accións desenvolvidas hoxe, alén das concentracións que tiñan lugar no exterior dos estabelecementos de Inditex, un grupo de persoas, no interior, facían compras que inmediatamente devolvían, repetindo a operación unha e outra e outra vez. Unha forma de protesta coa que se pretende que esta multinacional, que é a de maior volume de negocio e, xa que logo de maior capacidade de influencia, presione á patronal para que efectivamente se desbloquee a negociación do convenio e se evite chegar ao mes de xullo sen acordos.

 

Compostela, 30 de novembro de 2012.

Confederación Intersindical Galega

—————————————

CURSOS ASTURGALICIA

 

28/11/2012

Novagalicia Banco prepara el despido inmediato de 2.500 personas y el cierre de 213 oficinas

2.500 DESPIDOS NCG

El sindicato CIG rechaza el despido de 2.500 trabajadores en NCG Banco para cumplir el plan de reestructuración aprobado por Bruselas

Según NCG, “sobran 2.500 personas” y que la intención sería que Novagalicia Banco quede con una plantilla “de 2.900 personas”, ha precisado. En el caso de Galicia, ha añadido que habría un cierre “inmediato” de 213 oficinas.

La intención de la entidad financiera era convocar a los sindicatos en diez días para negociar un nuevo expediente de regulación de empleo (ERE) —el cuarto—, pero la CIG rechaza comenzar las negociaciones sin reunirse antes con los “propietarios” de NCG Banco, en referencia al Estado y, en particular, al FROB.

El sindicato en principio no piensa negociar ningún ERE sin que el Gobierno les dé garantías sobre el futuro de la entidad financiera, que creen abocada a ser vendida a un grupo bancario grande.

La central sindical pide al presidente de la entidad financiera, José María Castellano, que “salga a tranquilizar” al cuadro de personal siguiendo el ejemplo de otros presidentes.

En la CIG se califica de “absoluto desprecio” que, tras conocerse el plan de Bruselas, la entidad trasladase hacia mediodía a los trabajadores un comunicado “donde hablan ya de cierre” de oficinas, sin hablar antes con los representantes sindicales.

20/11/2012

La CIG denuncia las “condiciones de presión sobre los trabajadores en el transporte urbano de A Coruña”

TRANSPORTE CORUÑA

A FGAMT-CIG denuncia que a Compañía de Tranvías despediu a un condutor por “querer respectar as normas de seguridade viaria”

  • A Federación de Transportes da CIG critica as condicións de presión nas que os traballadores/as teñen que realizar o transporte urbano da Coruña

A Coruña, a 19 de novembro de 2012

A FGAMT-CIG (Federación Galega de Alimentación, Mar, Transporte, Téxtil e Telecomunicacións da CIG) vén de denunciar publicamente as condicións nas que os condutores dos autobuses urbanos da Coruña teñen que realizar o servizo, e que até o momento xa ten custado o despedimento a un traballador que “quixo respectar as normas de seguridade viaria e non andar como un tolo”.

O responsábel de Transportes da CIG da Coruña, Ernesto López Rei, apuntou que o condutor foi despedido semanas despois de ter presentado denuncia na Inspección de Traballo dando conta das condicións nas que tiña que realizar o servizo (a toda présa e mesmo tendo que pasar por enriba de beirarrúas e glorietas) e logo de recibir presións dos mandos intermedios da compañía para que cumprise cos horarios das liñas asignadas.

López Rei, que compareceu en rolda de prensa acompañado polo delegado da central na empresa, Marcelino Iglesias, apuntou que este despedimento responde a unha clara manobra de represalia por parte da empresa contra o condutor “que se atreveu a denunciar estas condicións”, pero que a situación laboral é extensíbel a todo o cadro de persoal dos autobuses urbanos.

Así, explicou que para poder respectar as frecuencias das liñas, os condutores/as da Compañía de Tranvías teñen que circular como “tolos, porque senón non lles da tempo de cumprir cunhas liñas que na meirande parte dos casos son irrealizábeis”. Expuxo o caso da Liña 1 –á que estaba destinado o traballador despedido-, para a que os/as condutores/as dispoñen de 20 minutos para realizar 19 paradas entre o Hospital Abente y Lago e o Castrillón.

A situación de presión que padecen os/as condutores (tanto no referido ao cumprimento das frecuencias, aos itinerarios excesivamente axustados ou a ausencia de pausas) quedou reflectida nun estudo interno feito pola Compañía de Tranvías, no que entre un 80% e 85% dos 181 traballadores/as enquisados aseguraron non ter tempo abondo para cumprir co traballo. Porén, lamentou, a empresa non adoptou ningunha medida correctora.

O especial universidade cóbrese con horas extras

Unha das liñas máis rendíbeis para a Compañía de Tranvías (e menos rendíbeis para o Concello) é a “Especial Universidade”, que a pesar do volume de viaxeiros/as e a frecuencia das liñas, non conta con condutores/as asignados, senón que se cubre na súa integridade con horas extraordinarias.

“Nun país como o noso, coa taxa de desemprego que existe, a Compañía de Tranvías permítese o luxo de cubrir a totalidade da liña con horas extraordinarias, a pesar de recibir un montón de diñeiro público”, denunciou. Neste senso, López Rei matizou que, aínda que a maioría dos usuarios/as desta liña teñen un billete bonificado, a empresa percibe do Concello o custe íntegro do mesmo.

“Resulta intolerábel que unha empresa despida a un traballador por querer cumprir coas normas de seguridade viaria, por non querer andar como un tolo pola cidade, e ao mesmo tempo esta empresa sexa unha das que máis diñeiro público recibe do Concello”, criticou López Rei.

“Entendemos que a Compañía de Tranvías presta un servizo público e compartimos que este vaia subvencionado. O que non compartimos é que sexa todo negocio e nada servizo”, aseverou. “Con estas prácticas a empresa aforra nos custes (vehículos e condutores/as), pero recibe inxentes cantidades de cartos públicos como se cumprise co servizo de forma axeitada”.

Segundo os cálculos da central sindical, para achegar un servizo adecuado, a Compañía debería incrementar o cadro de persoal un 20% e aumentar a flota de autobuses, “pero iso supón un gasto que a empresa non parece disposta a asumir”.

Por iso, López Rei lanzou unha mensaxe á equipa de Goberno municipal, e nomeadamente ao concelleiro Julio Flores, para que abra unha investigación a respecto das condicións nas que se presta o servizo de transporte urbano na cidade. Ao mesmo tempo demandou dos grupos políticos da oposición que tomen cartas no asunto e poñan en marcha as xestións oportunas para corrixir estas deficiencias.

——————————————

CURSOS ASTURGALICIA

 

17/11/2012

Los sindicatos preparan movilizaciones en la conservera Alfageme porque la Xunta no autoriza a ninguna de las empresas candidatas a hacerse cargo

ALFAGEME EN EL AIRE

La Consellería de Economía e Industria ha afirmado esta semana que ninguna de las tres ofertas presentadas en el procedimiento abierto por el Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para “hacerse cargo” de la empresa conservera Alfageme cumplía los “requisitos mínimos” fijados “con respecto al mantenimiento de los puestos de trabajo”.

Las tres propuestas —presentadas por las empresas El Consorcio, Pescamar y Coswinga— “incumplían los requisitos mínimos exigidos con respecto al mantenimiento de los puestos de trabajo”, según la Xunta de Galicia, que pedía que se garantizasen 150 empleos durante cinco años y 100 durante una década. Tampoco aseguraban “el cumplimiento del proyecto”.

En el citado consejo extraordinario se puso de manifiesto la “imposibilidad de condonar la deuda a ninguna de las compañías interesadas” en hacerse con las fábricas de Ribadumia y Vilaxoán (Vilagarcía) y con la marca Miau, dado que la continuidad de los 150 puestos de trabajo “era una de las condiciones” para la condonación de los más de 30 millones de euros “derivados del pago de los avales comprometidos por el Gobierno bipartito”, y que supone el “mayor aval en la historia de la Xunta de Galicia”.

Por otra parte, el sindicato CGT ha celebrado en Vilagarcía una asamblea con trabajadoras de Alfageme, tras la que se ha acordado continuar con la demanda que pretenden presentar a través del Juzgado de lo Mercantil que tramita el auto de liquidación, con el objetivo de que éste dé testimonio al Ministerio Fiscal de unos hechos que este sindicato entiende “constitutivos de delito” con el objetivo de que se puedan “abrir diligencias penales” contra el conselleiro Javier Guerra, el director del Igape, Javier Aguilera, y el presidente de la Xunta, Alberto Nuñez Feijóo.

Han acordado convocar a las centrales sindicales con representación en Alfageme para “proponerles” la convocatoria de una huelga en el sector de la conserva, y “continuar con las movilizaciones hasta que la Consellería de Economía o el presidente de la Xunta desautoricen la irresponsable decisión que el Igape ha tomado hoy”, decisión que consideran motivada por  ”intereses corruptos”.

“La Xunta es cómplice de las presiones ejercidas por determinadas empresas conserveras gallegas vinculadas al PP que desde el primer momento estuvieron boicoteando el único proyecto industrial sólido”, en alusión al del Consorcio, con el objetivo de “evitar la competencia”.

También han celebrado en la tarde del jueves 15 de noviembre una asamblea las trabajadoras de la fábrica de Ribadumia, que decidieron levantar el encierro que mantenían en esta planta desde el lunes.

Esta representante sindical ha reiterado también su intención de pedir una reunión con la administración concursal para “intentar” que la subasta de las fábricas permita “seguir con la actividad” y que esta vaya “ligada lo máximo posible a los puestos de trabajo”.

COMUNICADOS

La Xunta comunica que ninguna de las empresas que optan a la adquisición de Alfageme garantizan los puestos de trabajo y la viabilidad de la conservera

La mesa técnica encargada del análisis de las ofertas informó al Igape de que las propuestas recibidas incumplen los requisitos mínimos exigidos con respecto al mantenimiento de los puestos de trabajo y no aseguran el cumplimiento del proyecto

Así, en el consejo extraordinario del Igape llevado a cabo está mañana, se dejó de manifiesto la imposibilidad legal de condonar la deuda a ninguna de las compañías interesadas en la adquisición de la conservera

El Gobierno gallego destaca que seguirá ofreciendo apoyo financiero la aquella empresa que opte a la subasta de bienes con un proyecto que apueste por sacar adelante la compañía y mantener el empleo

Santiago, 15 de noviembre de 2012.- El consejo extraordinario del Igape celebrado esta mañana informó que ninguna de las ofertas presentadas para hacerse cargo de la empresa conservera Alfageme cumplen los requisitos mínimos exigidos con respecto al mantenimiento de los puestos de trabajo y no aseguran el cumplimiento de sus planes, según el análisis realizado por la mesa técnica. Así, se dejó de manifiesto la imposibilidad de condonar la deuda a ninguna de las compañías interesadas, ya que el mantenimiento de los 150 empleos era una de las condiciones para la condonación de los más de 30 millones de euros derivados del pago de los avales comprometidos por el Gobierno bipartito, que suponen el mayor aval en la historia de la Xunta de Galicia.

La Xunta ha hecho todo lo posible por encontrar una salida la esta situación. Logró sacar adelante un proceso jurídico muy complejo además de hacer frente al pagado de los avales con el fin de activar un mecanismo capaz de encontrar una empresa solvente, técnica y económicamente, que garantizara el empleo y la viabilidad de la fábrica. Para conseguirlo, la Xunta se comprometió no solo a eximir del pago de los más de 30 millones de euros, sino también a respaldar a la empresa interesada con el apoyo financiero necesario.

Tras el procedimiento abierto por el Igape para la recepción de ofertas, el pasado mes de septiembre, la mesa técnica concluyó que ninguna cumple los requisitos fijados en materia de empleo. Entre las condiciones establecidas en los pliegos, se encontraban el mantenimiento de la actividad y de 150 empleos durante cinco años y por lo menos 100 durante los próximos diez años, así como el compromiso de mantener un capital social de 2 millones de euros durante un plazo mínimo de diez años.
Además de la condonación de los más de 30 millones de euros, las empresas condicionan la oferta a la concesión de préstamos entre 6 millones y 9 millones de euros. Ante esta situación, el Igape ya tiene comunicado a las partes interesadas sus conclusiones y la imposibilidad de perdonar la deuda procedente del pago de los avales.

Después de meses de intenso trabajo para conseguir una solución, la Consellería de Economía e Industria seguirá trabajando ofreciendo el apoyo financiero de la Xunta de Galicia, a través del Igape, a la empresa que se presente a la subasta de bienes con el fin de reactivar la conservera y crear puestos de trabajo.

La Xunta destaca el compromiso del Ejecutivo gallego desde lo primer momento con la continuidad de la empresa conservera, por la que se hizo todo lo que estaba en la mano de la administración pública con el objetivo de garantizar su viabilidad y pensando siempre en el mantenimiento de los empleos.

A CIG PIDE A DIMISIÓN DO CONSELLEIRO DE INDUSTRIA, JAVIER GUERRA, E DOS ALCALDES DO PP DA COMARCA DO SALNÉS.

A CIG esixe responsabilidades ao Conselleiro de Industria e aos Alcaldes do PP da Comarca do Salnés despois de coñecer a decisión do IGAPE de non adxudicar a ningunha empresa o proxecto empresarial de Alfageme.

Unha vez máis a incompetencia da Xunta de Galicia do PP deixa morrer un proxecto empresarial viable e a 150 traballadoras/es na rúa por intereses partidistas.

O colectivo de traballadoras/es celebrará unha asemblea hoxe ás 17.00h. para valorar esta resolución e tomar decisións ao respecto.

Vilagarcía de Arousa, 15 de novembro de 2012.

CIG-SALNÉS.

13/11/2012

El Tribunal Superior de Justicia de Galicia suspende los servicios mínimos en universidades y transportes de escolares y trabajadores

URXENTE:

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza suspende os servizos mínimos en materia de universidades e transportes de escolares e traballadores

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2012

A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza resolveu, mediante un auto notificado esta tarde, a petición da CIG de suspensión cautelar dos servizos mínimos acordados para a folga xeral do 14 de novembro, por seren desproporcionados e carentes de motivación.

O alto tribunal galego critica que a Xunta demorase até dous días antes do comezo da folga a publicación no DOG dos servizos mínimos, o que dificulta a tutela xudicial do dereito fundamental.

Entre os sectores de actividade que eran obxecto da petición de suspensión cautelar dos servizos mínimos, o TSXG dá a razón á CIG no relativo ás universidades públicas, entendendo que non parece razoábel estabelecer que poida someterse ao alumnado a exames durante a xornada de folga e, mesmo de ser así, deberíanse limitar os servizos mínimos aos centros onde tales exames existan, e non estendelo ao conxunto de escolas e facultades.

Do mesmo xeito, o TSXG suspende os servizos mínimos en materia de transportes especiais de escolares e traballadores, declarando que resulta «desmedido e desproporcionado»e supón «unha clara conculcación do constitucional dereito de folga» que tales transportes funcionen a pleno rendemento nas horas de entrada e saída dos centros escolares ou de traballo.

A Sala concede á Xunta un prazo até as 22:00 do día de hoxe para que realice alegacións, en orde a establecer novos servizos mínimos nos sectores de actividade en que foron suspendidos. En caso de non facelo, universidades e transportes de escolares e traballadores operarán sen servizos mínimos durante a folga xeral de mañá.

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 3.231 seguidores

%d bloggers like this: