Post etiquetado ‘castela’

18/12/2010

La Xunta pone en marcha el primer plan de desestacionalización turística de Galicia

TURISMO PON EN MARCHA O PRIMEIRO PLAN DE DESESTACIONALIZACIÓN TURÍSTICA DE GALICIA

 La Xunta pone en marcha el primer plan de desestacionalización turística de Galicia

  • O seu obxectivo é o de seguir mantendo o fluxo de visitantes nas catro provincias da comunidade galega nas tempadas de menor demanda turística. Con este plan perséguese tamén acadar unha maior implicación do conxunto do sector.

 

Santiago, 18 de decembro de 2010.- A Consellería de Cultura e Turismo, a través de Turgalicia, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo, vén de completar a posta en marcha do plan de desestacionalización turística,  que abrangue ás catro provincias galegas, por un valor de máis de 375.500 euros.

 

Os acordos asinados entre Turgalicia e os Padroados provinciais de Turismo no caso de Pontevedra, Ourense e Lugo, e no caso concreto da provincia da Coruña, que non posúe Padroado provincial, coas propias asociacións do sector (Asociación Provincial de Empresarios da Restauración e Hospedaxe de Santiago de Compostela, a Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarcas e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de A Coruña), teñen como obxectivo principal seguir mantendo o fluxo de visitantes nas catro provincias da comunidade galega nas tempadas de menor demanda turística. Con el, preténdese ademais implicar ao conxunto do sector turístico, dende os máis variados segmentos.

 

No caso da provincia da Coruña o convenio asinado contempla a edición de material promocional e divulgativo de ‘O Camiño Inglés… para Comelo’; en concreto a elaboración dunha guía práctica sobre esta ruta xacobea que combine historia, patrimonio e gastronomía para a creación dun novo produto turístico, a realización dun vídeo promocional sobre este así como a elaboración de cartaces, postais e material promocional vario.

 

No caso da provincia de Ourense implantarase un sistema web móbil, mediante unha guía dixital para dispositivos móbiles en formato Java, ademais de realizar promoción en mercados de proximidade como o norte de Portugal, Castela e León e Madrid. Tamén se promocionarán a través de distintos soportes paquetes turísticos desestacionalizadores da demanda.

 

No caso de Lugo tamén se acometerán  melloras tecnolóxicas, como a posta en funcionamento dunha páxina web parella a un plan estratéxico de turismo na zona.

 

O plan arrincou xa o pasado mes de novembro en Pontevedra, con accións específicas de desestacionalización turística baseadas na prescrición das viaxes en toda a extensión da provincia. Non en van, trátanse de convenios provincias e non locais, potenciando así unha xestión máis eficaz dos recursos.

About these ads
13/11/2010

La Xunta pone en marcha el plan de desestacionalización turística en Pontevedra

TURISMO PON EN MARCHA O PLAN DE DESESTACIONALIZACIÓN TURÍSTICA DE GALICIA NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

 Turismo pone en marcha el plan de desestacionalización turística de Galicia en la provincia de Pontevedra.  Turgalicia y Turismo Rías Baixas traen a la región, entre el sábado 13 de noviembre y el próximo martes día 16, a los principales creadores de blogs turísticos de España, por su papel de promotores en Internet del turismo gallego.

  • Dentro das primeiras accións do plan, que pretende seguir mantendo o fluxo de visitantes á comunidade galega, Turgalicia e Turismo Rías Baixas traen entre o día 13 e o vindeiro martes día 16 aos principais creadores de blogs turísticas de España. Acudirán en calidade de prescritores do turismo galego en Internet.

 

Santiago, 13 de novembro de 2010.- A Consellería de Cultura e Turismo, a través da sociedade Turgalicia dependente da Secretaría Xeral para o Turismo, pon en marcha o plan de desestacionalización turística, que arrrinca mañá na provincia de Pontevedra co obxectivo de tentar manter o fluxo de visitantes cara a Galicia nas tempadas de menor demanda turística. O acordo asinado entre Turgalicia e a entidade de promoción do Turismo da provincia de Pontevedra, Padroado de Turismo Rías Baixas Rías Baixas, permitirá a partir de mañá, e ata o vindeiro martes 16, a chegada dos principais creadores de blogs turísticas de España en calidade de prescritores do turismo galego na Internet.

 O plan de desestacionalización turística tamén inclúe acordos asinados con representantes institucionais das outras provincias galegas. Así, por exemplo, no caso da provincia de Ourense implantarase un sistema web móbil, mediante unha guía dixital para dispositivos móbiles en formato Java, ademais de realizar promoción en mercados de proximidade como o norte de Portugal, Castela e León e Madrid. Tamén se promocionarán a través de distintos soportes paquetes turísticos desestacionalizadores da demanda. No caso de Lugo tamén se acometerán  melloras tecnolóxicas, como a posta en funcionamento dunha páxina web parella a un plan estratéxico de turismo na zona.

 Para o acto de mañá,  convidouse aos blogueiros con máis seguidores dentro de España no eido turístico e deseñouse un programa de visita á contorna das Rías Baixas para mostrarlles a estes internautas as posibilidades turísticas da provincia pontevedresa. Este programa inclúe tamén a celebración do foro Bloggers, os novos prescritores, que se desenvolverá o día 16 no edificio do peirao de transatlánticos  do Porto de Vigo.

Neste encontro estará participará a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e estarán como relatores o xefe de proxectos de Hosteltur, Jimmy Pons, o xornalista Melchor Miralles, o fundador de minube.com Raúl Jiménez, a redactora xefa da publicación Hosteltur, Esther Mascaró, e o presidente da Asociación Española de Social Media, Gaby Castellanos.

 Dentro do plan de visitas á provincia de Pontevedra, os blogueiros visitarán  mañá A Guarda e Mondariz-Balneario. O sábado, día 13, poderán coñecer a cidade de Pontevedra, O Morrazo e Vigo. Na xornada do día 14, os asistentes a esta xuntanza poderán coñecer  a costa occidental da Ría de Pontevedra e unha adega acollida á denominación de orixe Rías Baixas. Para o luns 15 estará reservada a preparación dos contidos do foro, que se celebrará o martes día 16 coa edición do material recollido.

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 3.234 seguidores

%d bloggers like this: