Post etiquetado ‘carrera popular santaia’

02/08/2012

34ª Carrera Popular Santaia el domingo 19 de agosto

XXXIV Carreira Popular Santaia, Santa Cruz

XXX Memorial Santiago Ramos

Data: domingo, 19 de agosto de 2011.
Hora: a partir das 11:00 h.
Lugar: Santa Cruz, Oleiros.
Distancia: ata 8.350 m.
Organiza: Asociación de Veciños Santaia.
Inscrición: ata o martes 14 de agosto ás 24 horas en Championchip Norte
Circuíto pequeno o mesmo día da proba entre ás 9:30 e as 12:00 h.
Ver artigo 3 do regulamento.

REGULAMENTO

Artigo 1. A Asociación de Veciños Santaia organiza o domingo 19 de Agosto,do 2012 desde as 11:00 da mañá, a XXXIV CARREIRA POPULAR SANTAIA, XXX MEMORIAL SANTIAGO RAMOS, con saída e chegada en Sta Cruz, nos arredores do monumento ao Emigrante ao carón do Paseo Marítimo.

Artigo 2. Esta proba está aberta á participación de cantas persoas o desexen, sen máis requisito que o de inscribirse previamente e levar ben visible o dorsal no peito e tamén o chip na zapatilla ben atado na carreira de maiores, seguir as normas da Organización e observar un comportamento deportivo e de  boa convivencia.

A categoría de Pre-benxamín terá limitado o número de 100 participantes que deberán camiñar solos ou con axuda dun adulto, para poder obter o premio especial á participación.

A “CARREIRA DE MAIORES” (CADETE, JÚNIOR, SÉNIOR, VETERANO A , B e SUPERVETERANOS ) estará controlada ao longo de TODO o circuíto a través dun chip que se entregará a cada corredor/a, que deberá colocar nas súas zapatillas antes da saída.

Os corredores que cheguen á líña de meta sen o seu chip non serán descualificados e teñen a OBRIGA de devolve-lo ao finaliza-la proba. Este Chip, rematada a proba, non ten ningunha utilidade.

Todo corredor/a que non entre en líña de meta co dorsal ben visible NO PEITO ou sen o chip colocado axeitadamente para a sua identificación, cometa algunha irregularidade, non respete as indicacións dadas pola organización, será automaticamente descualificado/a.

Os resultados se publicarán na páxina web: http://www.championchipnorte.com

Artigo 3.
Inscricións:
A INSCRICIÓN TERÁ UN COSTE DE 3 EUROS PARA OS PROPIETARIOS DE CHIPS E 4 EUROS NON PROPIETARIOS CHIPS PARA OS CORREDORES E CORREDORAS DAS CATEGORÍAS DE JUNIOR, SENIOR, VETERANO A, VETERANO B E SUPERVETERANO. AS DEMÁIS CATEGORÍAS A INSCRICIÓN É DE BALDE.

Para asegurar unha boa organización e a seguridade dos participantes ás inscricións terán un limite de participantes.

- CIRCUÍTO GRANDE , CARREIRA DE MAIORES: (categorías: cadete, júnior, sénior veterano A , B e superveterano) Máximo 400 participantes
- DATOS OBRIGATORIOS: NIF, NOME, APELIDOS, DATA NACEMENTO, SEXO, LOCALIDADE, MOVIL, CLUBE (se o ten)
- PRAZO: Ata o Martes 14 de Agosto ás 24 horas, ou ata agotar as prazas disponibles . A través da páxina web: http://www.championchipnorte.com

NOTA: A INSCRICIÓN NON SE COMPLETARÁ SE NON SEGUES OS PASOS FIXADOS NA WEB E SE NON APARECES NOS LISTADOS DE PREINSCRITOS PUBLICADOS NA WEB WWW.CHAMPIONCHIPNORTE.COM. NON SE ADMITIRÁN INSCRIPCIÓNS FORA DE PRAZO SEN OS DATOS OBRIGATORIOS NIN TAMPOUCO O DÍA DA PROBA.

RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS
O sábado 18 de agosto desde ás 16:00 ás 20:00 hs na sede da Asociación de Veciños Santaia na rúa Daniel Castelao nº 13, Sta Cruz, e o día da proba desde as 9:00 da mañá ata 45 minutos antes do inicio da mesma , diante do “Monumento ao Emigrante” no Parque Luis Seoane de Sta Cruz.( ao carón do Paseo da Pardela).

- CIRCUÍTO MEDIANO
As inscricións poderán realizarse a través da páxina web, championchipnorte.com para aqueles corredores que dispoñan de número de carnet de identidade . Tamén se realizarán no mesma día da carreira : entre as 9:30 e as 11:30 as categorías de benxamín alevín e infantil. Esta categoría contará cun máximo de 200 participantes.

- CIRCUÍTO PEQUENO
As inscricións realizaranse o mesmo día da carreira: entre as 9:30 e as 12:00 a categoría de prebenxamin.
Todos os menores de 16 anos deberán completar a inscrición cunha autorización asinada polo pai, nai o titor.

Artigo 4. Os participantes inscribiranse na categoría correspondente a súa data de nacemento.
- Pre-benxamín, nacidos no 2006-2007-2008-2009-2010-2011
- Benxamín, nacidos no 2004-2005
- Alevín,nacidos no 2001-2002-2003
- Infantil, nacidos no 1998-1999-2000
- Cadete, nacidos no 1995-1996-1997
- Júnior,nacidos no 1988-1989-1990-1991-1992-1993-1994
- Sénior,nacidos do 1973 ao 1987
- Veteranos A, nacidos do 1963 ao 1972
- Veteranos B, nacidos do 1953 ao 1962
- Súper veteranos, nacidos no 1952 e anteriores.

Artigo 5. A carreira discorrerá polas rúas do pobo, os corredores/as deben en todo momento SEGUIR AS SINALIZACIÓNS DO ITINERARIO E AS INDICACIÓNS DA ORGANIZACIÓN. O recorrido estará sinalizado con frechas indicando a dirección a seguir.

Artigo 6.
As saídas de cada circuito serán as seguintes:
11:00 CIRCUÍTO GRANDE
CADETES:1 VOLTA (4.125 metros)
JÚNIOR/SÉNIOR/VETERANOS E SUPERVETERANOS: 2 VOLTAS (8.350 metros)

12:00 CIRCUÍTO MEDIANO
12:10- BENXAMÍN/ALEVÍN: 1 VOLTA (719 metros)
12:00- INFANTIL: 2 VOLTAS (1438 metros)
12:20 CIRCUÍTO PEQUENO

Circuíto no Parque Luís Seoane.
En todo momento e por necesidade do funcionamento da carreira a organización poderá atrasar os horarios de saída ou calquera modificación que estime oportuno.

Artigo 7. Trofeos: premio ao corredor e corredora gañadores absolutos do circuíto grande e o participante de maior idade que remate a carreira. Premios aos tres primeiros clasificados de cada categoría e premios especiais pola participación ás categorías inferiores.

Os corredores disporán de servizos de duchas, vestiarios, consigna e avituallamento.

Artigo 8. A Organización porá ó longo do percorrido os controis que estime oportunos e que permitirán a descualificación inmediata de quen cometa algunha irregularidade.

As reclamacions aos resultados oficiales deberán formularse verbalmente ao xuiz árbitro da competición non máis tarde de 30 minutos despois de publicados os mesmos.

Artigo 9. A organización declina toda responsabilidade polos danos ou lesións que a participación nesta proba poida ocasionar a sí mesmo, e a outras persoas .

A ORGANIZACIÓN CONTA CON SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL E ACCIDENTES QUE CUBREN A TÓDOLOS PARTICIPANTES.

Artigo 10. Tódolos participantes polo feito de inscribirse nesta carreira aceptan este regulamento na súa totalidade e autorizan a utilización das imáxes durante a participación para a promoción e divulgación da proba.

Para máis información poden dirixirse a carreirapopularsantaia (arroba) yahoo.es, ou ben deixar unha mensaxe no contestador do número 981 626497

About these ads
Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 3.234 seguidores

%d bloggers like this: