Posts tagged ‘arbitros’

09/02/2011

La Xunta se compromete a construir un campo de fútbol en Caión por más de un millón de euros

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e o alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, asinaron o convenio para a construción desta infraestrutura deportiva

 La Xunta invertirá más de un millón de euros en la construcción de un campo de fútbol en Caión, en el municipio coruñés de Laracha

A XUNTA INVESTIRÁ MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS NA CONSTRUCIÓN DUN CAMPO DE FÚTBOL EN CAIÓN, NO CONCELLO DA LARACHA

 

  • O edificio anexo ao campo de fútbol incluirá un graderío con capacidade para 200 persoas e unha zona de servizos con vestiarios, un almacén e un aseo.  

 

Santiago, 8 de febreiro de 2011.- A Xunta investirá máis un millón de euros -1.050.000- na construción dun campo de fútbol con vestiarios en Caión, no concello da Laracha. Así se establece no convenio que asinaron no concello coruñés o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e o alcalde da localidade, José Manuel López Varela, nun acto ao que asistiu o delegado territorial da Xunta na provincia coruñesa, Diego Calvo.

 

O proxecto consiste na construción dun campo de fútbol de herba artificial cun edificio anexo con gradas na parte superior e vestiarios e outras instalacións na planta baixa. As gradas terán capacidade para 200 persoas, mentres que a zona de servizos incluirá dous vestiarios para equipos, dous para árbitros, un almacén, locais para instalacións, e un aseo. Este edificio terá acceso directo ao campo de fútbol e estará adaptado para persoas con mobilidade reducida. A súa superficie útil total será de 394,5 metros cadrados.

 

O acceso a parcela na que se ubicará o novo campo de fútbol de Caión farase a través do vial que na actualidade dá servizo ao polideportivo municipal xa existente. O proxecto terá en conta a topografía da zona para reducir o impacto da construción e reutilizará materiais procedentes das escavacións.

 

 

Acerca de estos anuncios
Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 3.566 seguidores

A %d blogueros les gusta esto: