Adega pide que las batidas de lobos híbridos en Barbanza sean sin muerte y a cargo solo de la guardería

LOBOS HÍBRIDOS

ADEGA SOLICITA DA XUNTA QUE AS BATIDAS DE LOBOS HÍBRIDOS NO BARBANZA SEXAN SEN MORTE E A CARGO EXCLUSIVAMENTE DA GARDERÍA

7 de marzo de 2012. Perante o recente anuncio por parte de Medio Ambiente de levar a cabo diversas batidas nos montes do Barbanza para neutralizar a ameaza xenética que supoñen os lobos híbridos para o lobo galego de pura raza, ADEGA esixe que se leven a cabo exclusivamente por parte de persoal especializado e co asesoramento de recoñecidos expertos denantes de permitir que sexan os cazadores os encarregados de “extraer” os exemplares. Asemade, e na medida do posíbel deberiase evitar sacrificar aos híbridos capturados, procurando usar métodos selectivos e extremando o coidado para minimizar os impactos sobre as mandas do Canis lupus signatus en época de cría. As intervencións non deberían significar que ao cabo, remataran pagando “xustos por pecadores”. A hibridación é unha ameaza máis para a especie, xunto coa caza furtiva, o veleno e a perda dos hábitats naturais e das prácticas agrogandeiras tradicionais. Esta é para ADEGA unha razón máis para elevar o estatus do lobo a especie protexida: non está o lobo xa suficientemente ameazado?

Na Península Ibérica o número de lobos reprodutores sitúase, segundo diversas estimacións, entre 450 e 600 exemplares, sobre un total duns 2000 individuos. O mesmo estatus ecolóxico do lobo, o de super-predador, teno a aguia imperial ibérica (Aquila adalberti) con arredor de 350 parellas reprodutoras. Porén, a aguia imperial está considerada en perigo crítico de extinción e está estritamente protexida, mentres que o lobo pode matarse legalmente todo ao N do río Douro, cazándose regularmente en Castela e León e Galiza.
Ao contrario do que ocorre noutras partes de Europa e América do N, as poboacións ibericas de lobo están moi fragmentadas, o que supón unha dificultade engadida para a pervivencia da especie. O intercambio xenético entre poboacións lobeiras de Lugo e Asturias por exemplo, é menor que entre lobos canadianos de mandas separadas 1000 Km. Con todo, a hibridación é un fenómeno pouco frecuente e adoita producirse en zonas marxinais dos núcleos lobeiros nas que os lobos son escasos e os cans asilvestrados numerosos. É precisamente nestas áreas, coma O Barbanza, onde ademáis prodúcense maior número de ataques ao gando. Gran parte destes ataques son responsabilidade dos cans asilvestrados e non dos lobos, como apontan estudos recentes da estación biolóxica de Doñana. Por iso dende ADEGa preguntámonos: de quen é a responsabilidade da presenza de cans asilvestrados nos nosos montes? Son todos os ataques ao gando atribuíbeis aos lobos? No Reino Unido, 40.000 ovellas morren todos os anos por ataques de cánidos… e non hai nin un só lobo nas illas!

Porén, para ADEGA a solución non pasa por incrementar as batidas: é probábel que por cada híbrido que se cace morran moitos máis lobos puros. De ser necesario facer extraccións, debería actuarse sempre sobre exemplares concretos e exclusivamente a cargo da gardería e persoal especializado, nunca dos cazadores. Sabemos que nas batidas autorizadas este verán no Barbanza, o rigor foi mínimo e matáronse máis lobos dos declarados. Non pode a hibridación ser utilizada omo excusa para cazar indiscriminadamente á ao lobo e de paso, aforrar os (idículos) custos das indemnización por ataques. É isto facer unha correcta “xestión” da especie?

About these ads

3 Responses to “Adega pide que las batidas de lobos híbridos en Barbanza sean sin muerte y a cargo solo de la guardería”

  1. Son ou non son lobos? en que quedamos?. Fan coma os lobos? Pois son lobos. O Enxeñeiro da Xunta di que si oubera lobos puros acabarían con eles; entón que traballe, que protexa de verdade aos lobos: que exixa corredores de fauna nas autovías e autopistas, e cando por eses corredores agora inexistentes chegen os seus lobos puros (con pedrighrí certificado polas SS ou por quen queira) si é certo o que di, xa rematan eles co problema, ¿Non si?
    ¿Van acabar tamén co resto dos mestizos de lobo de Galicia e do Estado? O que non se pode e dar e excusas para exterminar os lobos do Barbanza na época de cría.
    Digo eu ¿qué pensaran eles, consideraranse lobos ou non?¿estarán de acordo con que los exterminen a eles e as suas crías, por non manter-en os extándares de pureza que lles exixen os “inhumanos”?

Trackbacks

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 3.472 seguidores

%d personas les gusta esto: