La oficina agraria virtual de la Xunta incorpora nuevas aplicaciones para que los ganaderos puedan realizar gestiones por Internet y sin tener que desplazarse

A Oficina Agraria Virtual incorporará novas aplicacións que permitirán aos gandeiros evitar ter que desprazarse para realizar xestións

  • Este instrumento posto en marcha pola Consellería do Medio Rural incorporará entre as novas funcións a dispoñibilidade dunha lonxa virtual e ofrecerá aos gandeiros a posibilidade de axilizar o trámite dos documentos precisos para o traslado do gando
  • Esta Oficina permite ademais aos cidadáns realizar diversos trámites relacionados coa xestión das súas explotacións gandeiras
     

Santiago, 22 de abril de 2011.- A Oficina Agraria Virtual (OAV), xestionada e posta en marcha pola Consellería do Medio Rural, incorporará nos vindeiros meses novas funcións que permitirán aos gandeiros evitar trámites que ata agora esixían dunha atención presencial, ademais das funcións que xa ven ofrecendo, como a identificación e rexistro dos bovinos, ovinos e cabrúns e, máis recentemente, a solicitude de permisos de queimas.

A posta en funcionamento da Oficina Agraria Virtual por parte do departamento que dirixe Samuel Juárez supón un importante avance nas relacións entre a Administración e os gandeiros. Entre as novas funcionalidades destaca a dispoñibilidade dunha lonxa virtual e a xestión dos libros de explotación, ademais os gandeiros poderán axilizar o trámite dos documentos precisos para o traslado do gando, con vistas a que nun futuro os vehículos que trasladan gando poidan facelo sen necesidade dun documento físico.

Actualmente este instrumento virtual, en combinación co Servizo de Atención Telefónica á Cidadanía (012) que ofrece a Xunta de Galicia, serve de vehículo no desenvolvemento do sistema de identificación e rexistro dos bovinos, ovinos e cabrúns. Ademais de permitir aos gandeiros realizar outras funcións como as solicitudes de duplicados de marcas auriculares, coas que os gandeiros deben repoñer as marcas de identificación que os seus animais perderan.

O servizo establecido tamén permite aos gandeiros solicitar autorizacións de traslado de animais de calquera especie, sen necesidade de desprazarse persoalmente ás Oficinas Agrarias Comarcais.

Web da Consellería
Os gandeiros poden acceder á Oficina Virtual na páxina web da Consellería do Medio Rural (www.mediorural.xunta.es). Tan só necesitan para realizar o trámite o número de DNI e o seu PIN. Poden, pois, identificar o gando dende calquera punto con conexión a internet, ou se o prefiren tamén comunicar os datos por teléfono chamando ao 012.

Os interesados tamén poden auxiliarse nas entidades identificadoras para o rexistro do gando; simplemente teñen que comunicar con que entidade queren traballar. Estas poden consultarse na propia Oficina Agraria Virtual ou no 012.

Entidades identificadoras
Os gandeiros que o desexen poden cumprir coas súas obrigas en materia de identificación animal solicitando o servizo das entidades identificadoras. No caso da identificación, as entidades actúan como depositarias das marcas de identificación dos gandeiros que as elixen e, tras o nacemento do animal, acoden á explotación correspondente para colocalas, para posteriormente declarar o nacemento na OAV.

About these ads

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.

Únete a otros 3.530 seguidores

%d personas les gusta esto: