La Xunta elabora un plan de emergencia exterior para Alcoa

A XUNTA ESTÁ A ELABORAR UN PLAN DE EMERXENCIA EXTERIOR PARA ALCOA, EN CUMPRIMENTO DO NOVO DECRETO SOBRE XESTIÓN DE RESIDUOS

La Xunta elabora un plan de emergencia exterior para Alcoa, en cumplimiento del nuevo decreto sobre gestión de residuos

  • Na actualidade non é preciso este plan e a empresa xa conta cun plan propio para o depósito de lodos, presentado ante a Consellería de Industria

 

Santiago, 26 de decembro  de 2010.- A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza está a elaborar un Plan de Emerxencia Exterior para a planta de alúmina que a empresa Alcoa ten en San Ciprián (Lugo), de tal xeito que dispoña del antes de maio de 2012, tal e como obriga o novo decreto sobre xestión de residuos.

 

Así o explicou no Parlamento galego o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, que recordou que na actualidade non é necesario contar con dito plan e tamén destacou que Alcoa xa conta con un plan propio elaborado pola empresa e destinado de xeito específico ao depósito de lodos, que foi presentado ante a Consellería de Economía e Industria, na delegación de Lugo.

 

Deste xeito, o director xeral quixo deixar claro que se está a cumprir escrupulosamente a lexislación vixente e que a seguridade está plenamente garantida co plan de emerxencias que ten Alcoa e cos plans municipais de emerxencia e coa posible activación do Platerga (Plan Territorial de Galicia), que agora se verán reforzado proximamente co plan que está a elaborar a Xunta en colaboración cos técnicos da propia empresa.

Un comentario sobre “La Xunta elabora un plan de emergencia exterior para Alcoa

¿Y tú qué opinas de esto?