O conselleiro de Medio Ambiente sinala que é o ministro de Fomento o que ten a obriga de facer as obras e de garantir que os prazos recollidos no Pacto do Obradoiro se van facer realidade
El conselleiro de Medio Ambiente recuerda al ministro gallego de Fomento José Blanco su promesa de que el AVE gallego sea una realidad en 2015 y de que en razón de su cargo en el gobierno estatal tiene la obligación de hacer las obras y de cumplir los plazos recogidos en el Pacto del Obradoiro
HERNÁNDEZ RECORDA A BLANCO QUE A ÚNICA INTENCIÓN DA XUNTA DE GALICIA É GARANTIR QUE O AVE SEXA UNHA REALIDADE NO 2015
- Manifesta que a obriga do Goberno galego é estar vixiante para que o ano 2015 non se converta noutro 2012, é dicir, nun prazo que non se vai cumprir
- Agustín Hernández destaca que “só queremos saber cales son as previsións do Estado” e cómo se van facer as cousas para que o 2015 non se converta nunha nova frustración
- Lamenta que o Ministerio empregue os medios de comunicación para facer anuncios que deberían terse debatido na Comisión de Seguimento, unha reunión que o Goberno galego leva solicitando desde o mes de outubro
Santiago, 7 de decembro de 2010.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, lémbralle ao ministro de Fomento, José Blanco, que a única intención do Goberno galego é garantir que o AVE chegue a Galicia nos prazos comprometidos no pacto do Obradoiro, é dicir, no ano 2015. O Estado ten un compromiso que cumprir con Galicia, asinado polo ministro de Fomento, que é o que ten a obriga de facer as obras e de garantir que eses prazos van facerse realidade. A obriga do Goberno galego é estar vixiante para que o ano 2015 non se converta noutro 2012, é dicir, nun prazo que non se vai cumprir e, e consecuencia, noutro engano aos galegos.
Ao igual que a Xunta de Galicia recoñece que o Goberno central cumpriu o Pacto do obradoiro en 2009, e felicitou por elo ao ministro de Fomento. Nestes momentos, lamentablemente temos que manifestar a nosa preocupación porque estamos a piques de rematar o ano e o cumprimento dos obxectivos apenas se achega ao 4%, remarca Hernández. Os galegos só queremos saber cales son as previsións do Estado e cómo se van facer as cousas para que o 2015 non se converta nunha nova frustración, aclara.
Hernández tamén lle pide a Blanco que deixe de personalizar ou de sentirse vítima de ataques. A Xunta está a actuar con lealdade, pero non debe esquecer que a principal lealdade do Goberno galego son os intereses de Galicia. O único que quere o Goberno autonómico é que o Estado cumpra cos galegos.
Tampouco debe esquecer o ministro de Fomento que foi el quen libremente asinou o Pacto do Obradoiro e estableceu os mecanismos para facer o seguimento do mesmo. Desde a Xunta considérase que non é de recibo que o Goberno galego leve desde o mes de outubro pedindo a reunión da Comisión de Seguimento, que esta non se convoque e que nos teñamos que enterar pola prensa de cuestións de importancia relevante, como sucedeu coas cuestións relativas ao ancho do AVE. Iso non é precisamente lealdade por parte do Ministerio.


















CAMISETAS A ELEGIR

